(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xurxo II de Hesse-Darmstadt - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xurxo II de Hesse-Darmstadt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo II de Hesse-Darmstadt

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Georg II. von Hessen-Darmstadt Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1605 Editar o valor en Wikidata
Darmstadt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1661 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Darmstadt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaStadtkirche Darmstadt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCondado de Hesse-Darmstadt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSofía Leonor de Saxonia (1627–) Editar o valor en Wikidata
FillosLois VI de Hesse-Darmstadt, Xurxo III de Hesse-Itter, Sofía Leonor de Hesse-Darmstadt, Sabela Amalia de Hessen-Darmstadt, Luísa Cristina de Hesse-Darmstadt, Ana Sofía de Hesse-Darmstadt, Henriqueta Dorotea de Hesse-Darmstadt, María Hedwig de Hessen-Darmstadt Editar o valor en Wikidata
PaisLuís V de Hesse-Darmstadt Editar o valor en Wikidata  e Madalena de Brandemburgo Editar o valor en Wikidata
IrmánsAna Leonor de Hesse-Darmstadt
Sofia Inês de Hesse-Darmstadt
Juliana de Hesse-Darmstadt
Frederico de Hesse-Darmstadt
João de Hesse-Braubach
Isabel Madalena de Hesse-Darmstadt Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hessen-Darmstadt-7 Find a Grave: 35573831 Editar o valor en Wikidata

Xurxo II de Hesse-Darmstadt (en alemán: Georg II von Hessen-Darmstadt); nado en Darmstadt en marzo de 1605 e finado o 11 de xuño de 1661, foi Landgrave de Hesse-Darmstadt dende 1626 até 1661. Era fillo de Lois V de Hesse-Darmstadt e Madalena de Brandeburgo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda novo, comezou o seu Grand Tour por Europa en compaña do conde Xoán Casimiro de Ermach, obtendo tamén a tarefa de xestionar algunhas misións diplomáticas en nome do seu pai. Porén, durante a Guerra dos Trinta Anos, o seu pai foi feito prisioneiro polo elector Frederico V do Palatinado e precisamente durante a celebración do matrimonio entre Xurxo e a súa primeira esposa, en Dresden, decatouse da morte do seu pai e a súa sucesión ó trono de Hesse-Darmstadt.

No medio da Guerra dos Trinta Anos, malia que profesaba lealdade á causa do emperador, Xurxo II resultou ser principalmente neutral até 1629, cando decidiu inclinarse a prol de Suecia despois dos danos sufridos no seu país polo exército imperial que acampou alí. Porén, xa en 1631, co Tratado de Hoechst, Xurxo II distanciouse de rei Gustavo II Adolfo e seguiu mantendo unha conduta neutral para o resto do conflito.

De 1645 a 1648 dirixiu a chamada Hessenkrieg contra a landgravina Amalia Sabela de Hanau-Münzenberg sobre a herdade da extinta liña de Hesse-Marburgo. Este conflito deu lugar á perda de Hesse-Marburgo a Hesse-Kassel. Porén, foi recompensado coa cifra de 60.000 ducados.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou con Sofía Leonor de Saxonia, o 1 de abril de 1627. Do seu matrimonio tivo tres fillos e doce fillas: