(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Xurxo Martínez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xurxo Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Martínez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, investigador Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: xurxo.martinezgonzalez BNE: XX5166313 BUSC: martinez-gonzalez-xurxo-1984 Dialnet: 1910684 Editar o valor en Wikidata

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

Con Anxo Angueira e Emilio Insua na presentación de Común temos a patria... Pontevedra, 15/05/2018

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento.[1] Formou parte do ILG, do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.[2] Formou parte da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).[3] Impulsou e foi o primeiro secretario da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra.

A nivel político, é militante arredista dende os 17 anos, participando en AMI. Formou parte do Comité Central e do Comité Executivo da Fronte Popular Galega (FPG) até 2009. Posteriormente intégrase na coordinadora da Rolda de Rebeldía, que daría paso ao Novo Proxecto Común, do cal nacería Anova-Irmandade Nacionalista. Integrouse na súa Coordinadora Nacional e, despois, na súa Dirección Permanente até 2017. Neste tempo participa en Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e En Marea, coalicións electorais nas cales participou Anova.

En canto á militancia sindical, integrouse na Corrente Sindical de Esquerdas, dentro da CIG, e actualmente é o secretario da sección sindical no Concello de Redondela.

En abril do ano 2022 conseguiu, após un proceso xudicial de catro anos, unha histórica sentenza pola que o TSXG obrigaba á Axencia Tributaria a garantir a atención en galego.[4][5]

Publicou traballos de investigación en Grial, A Trabe de Ouro, Murguía. Revista Galega de Historia, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudo Vigueses, Boletín Avriense, Boletín Galego de Literatura, Anuari Verdaguer, Itinerarios ou Arraianos. Colabora na prensa dixital e escrita (Vieiros, A Peneira, Altermundo, Praza Pública, El Progreso, Nós Diario e Faro de Vigo).[6]

Presentou a súa tese de doutoramento, dirixida por Gonzalo Navaza, sobre o periódico La Oliva (1856-1857), coa cal acadou a cualificación de sobresaínte cum laude e o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. É especialista na época do Rexurdimento, no primeiro provincialismo e na prensa decimonónica (en particular a da cidade de Vigo). Sobre estes temas participou en distintos congresos e conferencias.[7]

Como investigador histórico sacou á luz traballos sobre Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Ramón Villar Ponte, Fuco Gómez, Luís Soto, Martín Sarmiento, Fermín Penzol, Eduardo e Alejandro Chao, Juan Compañel ou Roberto González Pastoriza. Colaborou nos libros colectivos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís González, Antía Cal e Xosé González Martínez.

Forma parte de diversos grupos de investigación (GAELT, Universidade de Vigo; Illa, Universidade da Coruña; GELIV, Universidade de Barcelona) e colabora con outros centrados na investigación da literatura oitocentista.[2]

Presidiu a asociación cultural A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Mantén o blog O murmurio das ondas[8].

Foi nomeado vicepresidente da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón).[9]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • "Roberto González Pastoriza, un xurista de lei", 2013, Irmandade Xurídica Galega.
  • Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
  • Recuerdos de agosto. Obra poética 1850-1858, de Aurelio Aguirre, con Olivia Rodríguez, 2013, Alvarellos Editora.
  • Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Historial dun libro), con Luis Alonso Girgado e Luis Cochón Touriño, 2015, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • "Recordo dos Villar Ponte: Antón e Ramón", Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
  • "Roberto González Pastoriza, crónica dun avogado galeguista", en Xuristas das Irmandades da Fala. 2016, Galeguizar Galicia.
  • "Contra a desmemoria", prólogo do Centenário das Irmandades da Fala. 30º Festival da Poesía no Condado. 2016, SCD Condado.
  • Os últimos carballos do Banquete de Conxo, con Henrique Alvarellos, Francisco Singul e Martín Souto. 2016, Alvarellos Editora.
  • Fermín Penzol, rexistrador, bibliófilo e galeguista, 2017, Galeguizar Galicia.
  • Roseiras de rosas roxas. Homenaxe poética a Manuel Leiras Pulpeiro, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
  • Versos fideis. Premios de poesía Díaz Jácome para novos creadores, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
  • Finalista no premio Losada Diéguez 2012.
  • En 2013 gañou o primeiro premio de poesía do certame literario de Universidade de Vigo cun poema titulado "Río Miño"[19].
  • En 2014 recibiu o primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto titulado "Dúas pezas de ouro" e o segundo premio tamén da Universidade de Vigo co poemario "Turonio".
  • En 2015 fíxose co primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto "Fragmentos".
  • En 2016 recibiu o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento da Universidade de Vigo.
  • En 2019 recibiu o Premio da Gala do Libro Galego na categoría de Ensaio e investigación polo libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Xerais, 2018), compartido con Emilio Ínsua.[20]
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-15. 
  2. 2,0 2,1 "Xurxo Martínez González – Asociación Internacional de Estudos Galegos". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-15. 
  3. "Asociación Internacional de Estudos Galegos – Un lugar de encontro para amantes de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-15. 
  4. "Xurxo Martínez: "Nun mundo no que mandamos máquinas a Marte, non pode ser o que o Estado non garanta un servizo en galego"". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11. 
  5. "O TSXG obriga a Axencia Tributaria a garantir o uso do galego". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11. 
  6. "Xurxo Martínez González". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  7. Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Obras de Martínez González, Xurxo, 1984- - Pag. 1". www.cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  8. "Acerca de". O murmurio das ondas. 
  9. "Vilachá de Salvadur". Vilachá de Salvadur. Consultado o 2021-06-15. 
  10. $fb_urllavozdegalicia (2007-11-06). "Xurxo Martínez adéntrase na figura de Fuco Gómez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  11. "Vida e Obra de Manuel Leiras Pulpeiro Galaxia LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  12. "Ficha do libro na páxina web da editorial". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019. 
  13. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-304-8. 
  14. Diario, Nós. "Reparar as biografías da nación". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15. 
  15. Villar, Miro (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Humanizar e deconstruír un mito". Grial LX (233): 111–113. ISSN 0017-4181. 
  16. "Querida Liberdade". Alvarellos Editora. Consultado o 2022-05-03. 
  17. Xurxo Martínez González gaña a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome
  18. Xurxo Martínez González gañao Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro
  19. Xurxo Martínez González gaña o primeiro premio da Universidade de Vigo
  20. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]