(Translated by https://www.hiragana.jp/)
asistir - Wiktionary Saltar ao contido

asistir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.s̺is̺.ˈtiɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

asistir

  1. Estar presente nun acto ou acontecemento.
    • Exemplo: Á conferencia asistiu moita xente.

  2. Servir ou atender a alguén, especialmente dunha maneira parcial ou desempeñando tarefas específicas.
    • Exemplo: Asisto na casa dun matrimonio con moitos fillos.

  3. Socorrer, favorecer, axudar a alguén.
    • Exemplo: Neste ano na organización levamos asistindo a máis de cen refuxiados.

  4. Coidar enfermos e procurar a súa curación.
    • Exemplo: Á miña avoa asístea un médico famoso e seguro que a vai curar.

  5. Nalgúns xogos, botar unha carta do mesmo pau que daquela que se xogou primeiro.
    • Exemplo: Botou a sota de ouros e non puiden asistir.

  6. (Deportes) No baloncesto e noutros deportes de equipo, dar unha asistencia.
    • Exemplo: O base asistíu ao pivote e este encestou.

Observacións

Verbo transitivo

asistir

  1. Prestar axuda a alguén, especialmente a un enfermo.
    • Exemplo: O médico asiste todos os días á miña nai

      .
  2. Ser favorábel a alguén nalgunha cousa.
    • {{exemplo|Non te preocupes, asístete toda a razón.
  3. Acompañar a alguén, xeralmente nun acto público, como axudante, asesor, etc.
    • Exemplo: Os xuíces de liña asisten ao árbitro.

  4. Unirse un animal macho a unha femia para fecundala.
    • Exemplo: Levamos a xovenca ao touro e asistiuna

      .

Observacións