(Translated by https://www.hiragana.jp/)
carreira - Wiktionary Saltar ao contido

carreira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Carreira

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «carreira».
Carreira nos Xogos Olímpicos de Atlanta
Carreira ou corredoira
  • Pronuncia: /kɑˈrei̯.ɾɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

carreira (sg: carreira; pl: carreiras)

  1. Acción de correr as persoas ou os animais.
    • {{exemplo|Tivemos que botar unha carreira para chegar a tempo.
  2. (Deportes) Competición de velocidade entre persoas que corren, conducen vehículos ou montan animais.
    • Exemplo: Carreira de coches.

  3. (Deportes) Competición de velocidade entre animais adestrados, como galgos, avestruces, etc.
    • Exemplo: Carreira de galgos.

  4. Cada un dos servizos que fai un taxi ou un vehículo de aluguer transportando clientes dun punto a outro.
    • Exemplo: O taxista fixo vinte carreiras no día.

  5. Camiño estreito.
    • Exemplo: Meteuse co gando por unha carreira para chegar ao prado.

  6. Conxunto de estudos, particularmente os superiores, que capacitan a alguén para o exercicio dunha profesión.
    • Exemplo: Empezou a carreira de avogado, pero aos tres anos deixouna.

  7. Profesión ou actividade que exixe unha formación académica previa e, ás veces, a superación dun concurso público para acceder a aquela.
    • Exemplo: Seguiu a carreira das armas. Cubriron seu posto cun diplomático de carrera. Un médico con longos anos de carreira.

  8. Curso profesional de relevo.
    • Exemplo: A carreira dunha cantante. A carreira deste futbolista furou pouco.

  9. Liña de puntos que se soltan nun tecido.
    • Exemplo: Levas unha carreira nas medias.

  10. Fileira de herba que se forma ao segar.
    • Exemplo: Segou dúas carreiras coa gadaña.

Observacións

Na 2ª e na 3ª acepcións o seu sinónimo é corrida.

Termos relacionados

á carreira, ás carreiras, carreira de Indias, carreira do émbolo, carreira do pistón, carreira de relevos, carreira do Sol, carreira fiscal, carreira xudicial, dar carreira a alguén, estar en carreira de salvación as ánimas do purgatorio, facer a carreira unha prostituta, facer carreira, nunha carreira, unha carreiriña dun can