illas Marianas
Aparencia
Galego
illas Marianas
- (Xeografía) e (Historia) As illas Marianas é un arquipélago formado a partir dos cumios de quince montañas volcánicas do océano Pacífico. Descubertas por Fernando de Magalhães na súa viaxe de 1521, pero non se detivo nelas porque o seu obxectivo eran as illas das Especias. O emperador Carlos V estaba desexoso de estender os seus dominios e seu fillo Filipe II, disposto a levar a cabo o plan de seu pai, e ordeou ao Vicerrei da Nova España equipar unha flota para ir a conquistar estas illas, que levan o seu nome na honra de Mariana de Austria, segunda esposa de Filipe IV, que mandou evanxelizar aos seus habitantes. Foron colonias españolas desde tempos de Filipe II até 1898, en que pasaron ao Imperio alemán até 1919, e actualmente pertenecen aos Estados Unidos. Están divididas entre os territorios das illas Marianas do Norte (estado libre asociado aos Estados Unidos) e Guam (ou illas Marianas do Sur). Os seus habitantes autóctonos falan o chamorro, que ten aproximadamente o 50 % das súas palabras castelás.