lirio
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈli.ɾjʊ] (AFI)
lirio1
- Etimoloxía: do latín lilĭu, do grego antigo λείριον.
lirio (sg: lirio; pl: lirios)
- (Botánica) Planta da familia das iridáceas (Iris sp), de longas follas que nacen do pé e flores en acio terminal de diversas cores, naturais ou cultivadas. É propia das beiras de ríos e lagoas e solos húmidos en xeral.
- Sinónimos: lis.
- Flor desta planta.
- Exemplo: Regaloulle á nai un ramo de lirios.
- Exemplo: Regaloulle á nai un ramo de lirios.
lirio2
lirio (sg: lirio; pl: lirios)
- (Zooloxía) Animal roedor de cor gris e rabo peludo (Eliomys quercinus).
- Sinónimos: leirón.
- (Zooloxía) Especie de rata de hábitos campestres, de cor moura e coa cola máis curta cá rata común (Arvicola sapidus).
- Por extensión, rata.
lirio3
lirio (sg: lirio; pl: lirios)
- (Ictioloxía) Peixe mariño dos gádidos, Micromesistius poutassou (antes Gadus poutassou), de dorso acastañado, francos prateados e ventre branco, con tres aletas dorsais moi separadas. Resulta pouco apreciado.
- Exemplo: No centro da mesa puxo un prato de lirios fritidos.
- Sinónimos: mexete.
- Exemplo: No centro da mesa puxo un prato de lirios fritidos.
Traducións
Micromesistius poutassou
lirio4
lirio (sg: lirio; pl: lirios)
- Viscosidade, suciedade superficial.
- Observacións: Recollido no Courel.
lirio5
lirio (sg: lirio; pl: lirios)
- (Xogo e xoguete) Xogo infantil semellante á billarda.