tamaño
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /taˈmaɲo̝/ (AFI)
tamaño (ms: tamaño; mpl: tamaños; fs: tamaña; fpl: tamañas)
- Tan grande.
- Observacións: adoita ir anteposto ao substantivo.
- Exemplo: Ninguén se explicaba como un simple comerciante conseguira acadar tamaño poder, que ata os reis cumprían as súas ordes.
- Sinónimos: semellante, tal.
tamaño (sg: tamaño; pl: tamaños)
- Conxunto das dimensións de algo que se teñen en conta ao afirmar que ese algo é máis ou menos grande.