Acromion
O acromion, acromio ou apófise acromial é a parte superior da omoplata, onde se articula coa extremidade externa da clavícula formando a articulación acromiclavicular que non ten movemento.
Acromion | ||
---|---|---|
Acromion na omoplata | ||
Visión lateral da omoplata esquerda (acromion na esquina superior dereita) | ||
Gray | tema #50 203 |
É a continuación da espiña escapular, que se estende cara a axila en sentido oblicuo ascendente. Participa nas articulacións do ombreiro. Articúlase coa clavícula mediante a articulación acromioclavicular e co úmero na articulación glenoumeral. O seu extremo máis distal cobre a cavidade glenoide da escápula.
Estrutura
editarSuperficies
editarO acromion posúe dúas superficies, unha superior e unha inferior.
- A superficie superior está dirixida cara a arriba, cara a atrás e cara a fóra. É de natureza rugosa e permite a inserción de fibras do músculo deltoide. O resto atópase baixo a pel.
- A superficie inferior é menos relevante. Ten forma cóncava.
Bordos
editar- O bordo lateral ou externo é irregular e presenta dous ou tres tubérculos para a inserción do músculo deltoide.
- O bordo medial ou interno é máis pequeno có externo. É cóncavo e presta inserción ao músculo trapecio. Posúe unha pequena superficie que se articula coa clavícula (articulación acromioclavicular).
O acromion infantil
editarDurante a infancia o acromion posúe un foco de osificación propio, e está unido ao resto da escápula a través dunha cartilaxe. Nalgunhas ocasións o acromion non se solda ao resto do óso, formando un óso acromial propio.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.