(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Bacilo - Wikipedia, a enciclopedia libre

Bacilo

bacteria con forma alongada
(Redirección desde «Bacilar»)
Esta páxina é sobre as bacterias con forma de bastonciño (bacilar). Non confundir co xénero bacteriano Bacillus, coa clase bacteriana Bacilli ou cos insectos fásmidos do xénero Bacillus.

O termo bacilo (e o adxectivo bacilar[1]) úsase para describir calquera bacteria con forma alongada de bastonciño ou barra cilíndrica[2]. Os bacilos poden encontrarse en moitos grupos taxonómicos de bacterias. Non son exclusivos da clase Bacilli ou do xénero Bacillus (que tamén se traducirían por "bacilo").

Bacilos de Escherichia coli.
Formas que poden presentar as bacterias, entre elas os bacilos.

Os bacilos son bacterias que se encontran en diferentes ambientes, teñen distintos metabolismos e hainos grampositivos e gramnegativos, polo que teñen pouco en común excepto a súa forma similar. Adoitan aparecer sós, pero tamén en parellas (diplobacilos), en cadeas (estreptobacilos) ou grupos formando unha barreira. As bacterias que teñen forma máis ovoidal, intermedia entre o coco e o bacilo, denomínanse cocobacilos.

Algúns bacilos son patóxenos, pero a maioría son inofensivos, como moitos da flora bacteriana intestinal, os Lactobacillus do iogur, rizobios fixadores de nitróxeno, a bacteria atopada nas costas galegas Gallaecimonas etc. A bacteria máis estudada, E. coli, é un bacilo.

Ademais dos bacilos, outras formas bacterianas importantes son os cocos, vibrións e espirilos.

Exemplos

editar

Ao longo da historia da medicina e da microbioloxía, varias destas bacterias bacilares adquiriron sona polas enfermidades que causaban e déuselle o nome do científico que as descubriu. Por exemplo:

  1. Dicionario da Real Academia Galega - bacilar Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  2. M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 64. ISBN 84-205-3679-2.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar