Vinganza
A vinganza consiste primordialmente na reprimenda contra unha persoa ou grupo en resposta a unha mala acción percibida. Aínda que moitos aspectos da vinganza se asemellan ao concepto de xustiza, a vinganza en xeral persegue un obxectivo máis inxurioso que reparador. O desexo de vinganza consiste en forzar a quen fixese algo malo en sufrir a mesma dor que el inflixiu, ou asegurarse de que esta persoa ou grupo non volverá cometer os devanditos danos outra vez. A vinganza é un acto que, na meirande parte dos casos, causa pracer a quen a efectúa, debido ao sentimento de rancor que ocasiona o antecedente factor.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarA Galicitas posúe citas sobre: Vinganza |