(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Alcalá de Henares: Diferenzas entre revisións - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alcalá de Henares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado coordenadas
Liña 63: Liña 63:
[[Categoría:Alcalá de Henares| ]]
[[Categoría:Alcalá de Henares| ]]
[[Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade]]
[[Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en España]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade na Comunidade de Madrid]]

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2021 ás 14:32

Coordenadas: 40°28′55″N 3°21′51″O / 40.48194, -3.36417 Modelo:Cidade Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.

O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.

A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.

Historia

As orixes da cidade de Alcalá de Henares remóntanse a época prehistórica cuxo asentamento estaba nas elevacións que se coñece como cerro de Zulema ou cerro do Viso, que máis tarde tomaría o nome de San Juan del Viso por unha antiga ermida dedicada a san Xoán Bautista. Os romanos preferiron formar a súa cidade en terreo chairo e así naceu Complutum. Os musulmáns construíron un enclave de defensa, o que máis tarde se coñeceu como Al-Qalat-Nahar ("O castelo do Henares"). Coa Reconquista cristiá, a zona de Complutum trasladou o seu emprazamento definitivo ao redor do que é hoxe a Catedral Maxistral.

Universidade e Recinto Histórico de Alcalá de Henares
Praza de Cervantes.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización40°28′55″N 3°21′51″O / 40.48194, -3.36417
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición1998 (22ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador876

Véxase tamén

Ligazóns externas