(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Bilirrubina: Diferenzas entre revisións - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bilirrubina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de [[globina]] e, por outra, o grupo [[hemo]].
Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de [[globina]] e, por outra, o grupo [[hemo]].


A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o [[pirrol|anel tetrapirrólico]] nunha molécula lineal, e dando como resultado [[ferro]] libre (oxídase o Fe<sup>2+</sup> a Fe<sup>3+</sup>), e unha cadea de 4 aneis [[pirrol|pirrólicos]], a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o [[ferro]] da hemoglobina que será transportado pola transferrina ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de [[ferritina]] para situacións de necesidade.
A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o [[tetrapirrol|anel tetrapirrólico]] nunha molécula lineal, e dando como resultado [[ferro]] libre (oxídase o Fe<sup>2+</sup> a Fe<sup>3+</sup>), e unha cadea de 4 aneis [[pirrol|pirrólicos]], a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o [[ferro]] da hemoglobina que será transportado pola transferrina ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de [[ferritina]] para situacións de necesidade.


Os macrófagos dos tecidos transforman a [[porfirina]] da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á [[albumina]] sérica ([[proteína]] transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola [[bile]] (por iso a cor amarela-verdoso da bile) e degrádase.
Os macrófagos dos tecidos transforman a [[porfirina]] da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á [[albumina]] sérica ([[proteína]] transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola [[bile]] (por iso a cor amarela-verdoso da bile) e degrádase.

Revisión como estaba o 20 de abril de 2012 ás 17:44

Estrutura da bilirrubina

A bilirrubina é un pigmento biliar de cor amarela alaranxado que resulta da degradación da hemoglobina.

Esta biomolécula fórmase cando o eritrocito desaparece do aparello circulatorio, pola súa extrema fraxilidade, aproximadamente cando alcanzou a plenitude da súa vida (duns 100 a 120 días). O seu membrana celular rompe e a hemoglobina liberada é fagocitada polos macrófagos tisulares do organismo, sobre todo os macrófagos do bazo, fígado e medula ósea. Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de globina e, por outra, o grupo hemo.

A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o anel tetrapirrólico nunha molécula lineal, e dando como resultado ferro libre (oxídase o Fe2+ a Fe3+), e unha cadea de 4 aneis pirrólicos, a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o ferro da hemoglobina que será transportado pola transferrina ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de ferritina para situacións de necesidade.

Os macrófagos dos tecidos transforman a porfirina da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á albumina sérica (proteína transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola bile (por iso a cor amarela-verdoso da bile) e degrádase.

Cando o nivel de bilirrubina no sangue aumenta (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl), acumúlase nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva). Se é maior de 2 a 2,5 mg/dl, obsérvase unha coloración amarelada da pel e mucosa, un fenómeno coñecido como ictericia.

Véxase tamén

Outros artigos