(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Quenlla fociñuda: Diferenzas entre revisións - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Quenlla fociñuda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engadido o nome tiburón demo e a referencia correspondente
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e Senegal»
Liña 40: Liña 40:


== Distribución e hábitat ==
== Distribución e hábitat ==
Capturáronse quenllas fociñudas nos tres maiores océanos, o que indica unha ampla distribución global. No océano Atlántico hai rexistros da súa presenza desde o [[golfo de México]], Surinam, Güiana Francesa e o sur do Brasil no oeste ata Francia, Portugal e Senegal no leste<ref name="castro"/><ref name="iucn"/><ref name="rincon et al">{{cita novas |autor=Rincon, G.; Vaske, T.; Gadig, O.B. |ano=2012 |título=Record of the goblin shark ''Mitsukurina owstoni'' (Chondrichthyes: Lamniformes: Mitsukurinidae) from the south-western Atlantic |xornal=Marine Biodiversity Records |volume=5 |páxina=e44 |doi=10.1017/S1755267211000923}}</ref>. Tamén apareceron exemplares en montes submarinos ao longo da [[dorsal mesoatlántica]].<ref name="kukuyev">{{cita libro|autor=Kukuyev, E.I. |ano=1982 |chapter=Ichthyofauna of Corner Mountains and New England Seamounts |título=Insufficiently Studied Fishes of the Open Ocean. Moscow: Institute of Oceanology |editor=Parin, N.V. |páxinas=92–109 |editorial=Institute of Oceanology, Academy of Sciences of the USSR}}</ref><ref name="prokofiev and kukuev">{{cita novas |xornal=Journal of Ichthyology |ano=2009 |volume=49 |issue=3 |páxinas=215–227 |título=New findings of rare fish species from families Mitsukurinidae (Chondrichthyes), Muraenidae, Lophiidae, Macrouridae, and Psychrolutidae (Teleostei) on rises of the Atlantic Ocean with the description of ''Gymnothorax walvisensis'' sp. nov |autor=Prokofiev, A.M.; Kukuev, E.I. |doi=10.1134/S0032945209030023}}</ref> No [[Indo-Pacífico]] e [[Oceanía]] atopouse en Suráfrica, Mozambique, Xapón, Taiwán, Australia e Nova Zelandia. Tan só se recolleu un exemplar no Pacífico oriental, máis especificamente no sur de [[California]].<ref name="castro"/><ref name="iucn">{{IUCN |editor=Duffy, C.A.J.; Ebert, D.A.; Stenberg, C. |título=Mitsukurina owstoni |id=44565 |ano=2004 |version=2012.2}}</ref>. Esta especie atópase polo xeral na [[cimbra continental]] superior a profundidades de entre 270 e 960 metros<ref name="compagno"/>, chegando a se capturar ata a 1300 metros de profundidade, atopándose un dente trabado nun cable mariño a 1370 metros<ref name="martin2">{{cita web |autor=Martin, R.A. |url=http://www.elasmo-research.org/education/ecology/deepsea-goblin.htm |título=Deep Sea: Goblin Shark |editor=ReefQuest Centre for Shark Research |accessdate=25 de abril de 2013}}</ref>. Os adultos viven en profundidades meirandes cós exemplares novos. Exemplares inmaturos pódense ver a profundidades de 100 ou 350 metros<ref name="iucn"/><ref name="ebert"/>, e mesmo nalgunha ocasión chegan ata augas costeiras a 40 metros de profundidade<ref name="iucn"/><ref name="ebert">{{cita libro |autor=Ebert, D.A. |título=Sharks, Rays, and Chimaeras of California |url=https://archive.org/details/sharksrayschimae0000eber |publisher=University of California Press |ano=2003 |isbn=0-520-22265-2 |páxinas=[https://archive.org/details/sharksrayschimae0000eber/page/96 96]–97}}</ref>. Na plataforma continental [[Galicia|galega]] recolléronse dous exemplares, os dous polo mesmo arrastreiro<ref>[http://www.europapress.es/galego/noticia-arrastreiro-captura-augas-galegas-raro-exemplar-quenlla-duende-rosada-20110303170522.html "Un arrastreiro captura en augas galegas un raro exemplar de quenlla duende rosada", Europa Press, 3 de marzo de 2011]</ref>, o ''Gonzacove'' con base en Marín, o primeiro no ano 2003 e o segundo en marzo de 2011, un exemplar de 161&nbsp;cm de lonxitude capturado a 400 metros de profundidade<ref>{{Cita web |url=http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/capturan-unha-quenlla-focinuda/idEdicion-2011-03-04/idNoticia-645721/ |título="Capturan unha quenlla fociñuda", ''Galicia Hoxe'' 4 de marzo de 2011 |data-acceso=10 de maio de 2014 |data-arquivo=12 de maio de 2014 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20140512224951/http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/capturan-unha-quenlla-focinuda/idEdicion-2011-03-04/idNoticia-645721/ |url-morta=yes }}</ref>.
Capturáronse quenllas fociñudas nos tres maiores océanos, o que indica unha ampla distribución global. No océano Atlántico hai rexistros da súa presenza desde o [[golfo de México]], Suriname, Güiana Francesa e o sur do Brasil no oeste ata Francia, Portugal e o Senegal no leste<ref name="castro"/><ref name="iucn"/><ref name="rincon et al">{{cita novas |autor=Rincon, G.; Vaske, T.; Gadig, O.B. |ano=2012 |título=Record of the goblin shark ''Mitsukurina owstoni'' (Chondrichthyes: Lamniformes: Mitsukurinidae) from the south-western Atlantic |xornal=Marine Biodiversity Records |volume=5 |páxina=e44 |doi=10.1017/S1755267211000923}}</ref>. Tamén apareceron exemplares en montes submarinos ao longo da [[dorsal mesoatlántica]].<ref name="kukuyev">{{cita libro|autor=Kukuyev, E.I. |ano=1982 |chapter=Ichthyofauna of Corner Mountains and New England Seamounts |título=Insufficiently Studied Fishes of the Open Ocean. Moscow: Institute of Oceanology |editor=Parin, N.V. |páxinas=92–109 |editorial=Institute of Oceanology, Academy of Sciences of the USSR}}</ref><ref name="prokofiev and kukuev">{{cita novas |xornal=Journal of Ichthyology |ano=2009 |volume=49 |issue=3 |páxinas=215–227 |título=New findings of rare fish species from families Mitsukurinidae (Chondrichthyes), Muraenidae, Lophiidae, Macrouridae, and Psychrolutidae (Teleostei) on rises of the Atlantic Ocean with the description of ''Gymnothorax walvisensis'' sp. nov |autor=Prokofiev, A.M.; Kukuev, E.I. |doi=10.1134/S0032945209030023}}</ref> No [[Indo-Pacífico]] e [[Oceanía]] atopouse en Suráfrica, Mozambique, Xapón, Taiwán, Australia e Nova Zelandia. Tan só se recolleu un exemplar no Pacífico oriental, máis especificamente no sur de [[California]].<ref name="castro"/><ref name="iucn">{{IUCN |editor=Duffy, C.A.J.; Ebert, D.A.; Stenberg, C. |título=Mitsukurina owstoni |id=44565 |ano=2004 |version=2012.2}}</ref>. Esta especie atópase polo xeral na [[cimbra continental]] superior a profundidades de entre 270 e 960 metros<ref name="compagno"/>, chegando a se capturar ata a 1300 metros de profundidade, atopándose un dente trabado nun cable mariño a 1370 metros<ref name="martin2">{{cita web |autor=Martin, R.A. |url=http://www.elasmo-research.org/education/ecology/deepsea-goblin.htm |título=Deep Sea: Goblin Shark |editor=ReefQuest Centre for Shark Research |accessdate=25 de abril de 2013}}</ref>. Os adultos viven en profundidades meirandes cós exemplares novos. Exemplares inmaturos pódense ver a profundidades de 100 ou 350 metros<ref name="iucn"/><ref name="ebert"/>, e mesmo nalgunha ocasión chegan ata augas costeiras a 40 metros de profundidade<ref name="iucn"/><ref name="ebert">{{cita libro |autor=Ebert, D.A. |título=Sharks, Rays, and Chimaeras of California |url=https://archive.org/details/sharksrayschimae0000eber |publisher=University of California Press |ano=2003 |isbn=0-520-22265-2 |páxinas=[https://archive.org/details/sharksrayschimae0000eber/page/96 96]–97}}</ref>. Na plataforma continental [[Galicia|galega]] recolléronse dous exemplares, os dous polo mesmo arrastreiro<ref>[http://www.europapress.es/galego/noticia-arrastreiro-captura-augas-galegas-raro-exemplar-quenlla-duende-rosada-20110303170522.html "Un arrastreiro captura en augas galegas un raro exemplar de quenlla duende rosada", Europa Press, 3 de marzo de 2011]</ref>, o ''Gonzacove'' con base en Marín, o primeiro no ano 2003 e o segundo en marzo de 2011, un exemplar de 161&nbsp;cm de lonxitude capturado a 400 metros de profundidade<ref>{{Cita web |url=http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/capturan-unha-quenlla-focinuda/idEdicion-2011-03-04/idNoticia-645721/ |título="Capturan unha quenlla fociñuda", ''Galicia Hoxe'' 4 de marzo de 2011 |data-acceso=10 de maio de 2014 |data-arquivo=12 de maio de 2014 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20140512224951/http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/capturan-unha-quenlla-focinuda/idEdicion-2011-03-04/idNoticia-645721/ |url-morta=yes }}</ref>.


[[Ficheiro:Goblin shark snout.jpg|miniatura|Vista do fociño da quenlla fociñuda desde embaixo]]
[[Ficheiro:Goblin shark snout.jpg|miniatura|Vista do fociño da quenlla fociñuda desde embaixo]]

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2022 ás 23:17

Quenlla fociñuda
(Mistukurina owstoni)


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Orde: Lamniformes
Familia: Mitsukurinidae
Xénero: Mitsukurina
Especie: M. owstoni
Nome binomial
Mitsukurina owstoni
D. S. Jordan, 1898
Distribución da quenlla fociñuda
Distribución da quenlla fociñuda

Distribución da quenlla fociñuda

A quenlla fociñuda[1][2]ou tiburón demo[3] (Mitsukurina owstoni) é unha especie rara e pobremente documentada de tiburón demersal, único representante vivente da familia Mitsukurinidae e considerado un fósil vivente.

Taxonomía

As diferentes posicións da mandíbula nos exemplares de quenlla fociñuda conservados levou a pensar erroneamente que se trataba de especies diferentes.

O ictiólogo norteamericano David Starr Jordan describiu a quenlla fociñuda en 1898 na revista Proceedings of the California Academy of Sciences, recoñecéndoo non só como unha nova especie senón tamén como un novo xénero e familia. Baseou a súa análise nun macho inmaturo de 107 cm de lonxitude recollido na baía de Sagami, nas inmediacións de Yokohama (Xapón). O espécime adquirírao Alan Owston, un coleccionista de especies mariñas, quen llo deu ao profesor Kakichi Mitsukuri da Universidade de Toquio, e este a Jordan. Así, Jordan deulle o nome de Mitsukurina owstoni en honra dos dous[4].

Logo da publicación da descrición de Jordan, algúns científicos advertiron a similitude entre Mitsukurina o o extinto tiburón mesozoico Scapanorhynchus[5]. Durante un tempo considerouse que Mitsukurina era sinónimo de Scapanorhynchus, e entre 1904 e 1937 describíronse especies separadas baseándose en diferentes exemplares de quenllas fociñudas. Posteriormente a aparición de fósiles máis completos revelaron que había moitas diferenzas anatómicas entre Scapanorhynchus e Mitsukurina, o que levou a que os autores modernos volveran ao criterio de consideralos xéneros diferentes[6], volvendo tamén á consideración da existencia dunha única especie dentro de Mitsukurina, xa que a confusión se dera por fixarse as mandíbulas dos espécimes con diferente grao de protrusión, dando a sensación de diferenzas proporcionais na cabeza[7].

Filoxénese

Os estudos filoxenéticos baseados na morfoloxía estableceron que a quenlla fociñuda é o membro máis basal da orde dos Lamniformes[8][9], mais tamén os estudos baseados en análises moleculares de ADN colocaron a esta especie nunha posición basal[10][11]. A familia Mitsukurinidae, representada porMitsukurina, Scapanorhynchus e Anomotodon, data da época aptiana do Cretáceo (c. 125–113 millóns de anos]). Mitsukurina aparece primeiro no rexistro fósil durante o Eoceno medio (c. 49–37 millóns de anos);[12][13]. Entre as especies extintas están M. lineata e M. maslinensis [14]. Striatolamia macrota, que vivía en augas profundas e quentes durante o Paleóxeno (c. 66–23 millóns de anos), podería ser tamén unha especie Mitsukurina[15]. Como o derradeiro membro dunha antiga liñaxe, retendo varios trazos "primitivos", describiuse á quenlla fociñuda como un fósil vivente[16].

Descrición

Unha das primeiras ilustracións dunha quenlla fociñuda, aparece coas mandíbulas estendidas, o que é común na súa representación tanto en debuxos como en fotografías, cando os exemplares vivos só as estarrican para comeren.

A quenlla fociñuda presenta un característico fociño longo e plano que lembra a folla dunha espada. Proporcionalmente a lonxitude do fociño diminúe coa idade[17]. Os ollos, pequenos, caracen de membranas nictitantes, os espiráculos localízanse por tras dos ollos e a boca, grande, é de forma parabólica. As mandíbulas pódense proxectar ata o remate do fociño, aínda que polo normal están aliñadas contra o perfil da cabeza. Ten 35–53 dentes superiores e 31–62 inferiores. Os dentes frontais son longos e lisos mentres os dentes traseiros son pequenos, adaptados para esmagaren os alimentos. Os cinco pares de aberturas branquiais son pequenas, cos filamentos branquiais interiores parcialmente expostos; o quinto par enriba do inicio da aleta pectoral.[6][18][19].

O corpo é abondo magro e fláccido. As dúas aletas dorsais son semellantes en tamaño e forma, ámbalas dúas son pequenas e arrondeadas. As aletas pectorais son tamén moi pequenas e arredondeas. As pélvicas e anais teñen bases longas e son máis grandes cás dorsais. O pedúnculo caudal é aplanado carecendo de quillas dorsais. A asimétrica aleta caudal presenta un longo lobo superior mentres o inferior non está ben definido[6][19]. A pel, semitranslúcida, é de cor rosa nos exemplares vivos debido á visibilidade dos vasos sanguíneos pero despois da morte a coloración adquire un ton apardazado ou agrisado.[7][18]. Os exemplares adultos normalmente miden entre 3 e 4 metros de longo[18]. Así e todo, no ano 2000 capturouse unha femia de 6,2 metros.[17] O peso máximo do que se ten noticia é de 210 kg nun espécime de 3,8 m de longo[6].

Distribución e hábitat

Capturáronse quenllas fociñudas nos tres maiores océanos, o que indica unha ampla distribución global. No océano Atlántico hai rexistros da súa presenza desde o golfo de México, Suriname, Güiana Francesa e o sur do Brasil no oeste ata Francia, Portugal e o Senegal no leste[18][20][21]. Tamén apareceron exemplares en montes submarinos ao longo da dorsal mesoatlántica.[22][23] No Indo-Pacífico e Oceanía atopouse en Suráfrica, Mozambique, Xapón, Taiwán, Australia e Nova Zelandia. Tan só se recolleu un exemplar no Pacífico oriental, máis especificamente no sur de California.[18][20]. Esta especie atópase polo xeral na cimbra continental superior a profundidades de entre 270 e 960 metros[6], chegando a se capturar ata a 1300 metros de profundidade, atopándose un dente trabado nun cable mariño a 1370 metros[24]. Os adultos viven en profundidades meirandes cós exemplares novos. Exemplares inmaturos pódense ver a profundidades de 100 ou 350 metros[20][25], e mesmo nalgunha ocasión chegan ata augas costeiras a 40 metros de profundidade[20][25]. Na plataforma continental galega recolléronse dous exemplares, os dous polo mesmo arrastreiro[26], o Gonzacove con base en Marín, o primeiro no ano 2003 e o segundo en marzo de 2011, un exemplar de 161 cm de lonxitude capturado a 400 metros de profundidade[27].

Vista do fociño da quenlla fociñuda desde embaixo

Bioloxía e ecoloxía

Malia que as observacións de quenllas fociñadas en liberdade son escasas, a súa anatomía suxire que o seu estilo de vida é de pouco movemento, o seu esqueleto é reducido e pobremente calcificado, os miomero están feblemente desenvolvidos e as súas aletas son brandas e pequenas. A súa longa aleta caudal, mantendo un ángulo baixo, é tamén típica dun tiburón de movementos lentos. O longo fociño semella ter unha función sensorial ao levar numerosas ampolas de Lorenzini que poden detectar os débiles campos eléctricos que producen outros animais. Conta cun relativamente pequeno teito óptico no seu cerebro[18] e pode cambiar o tamaño das súas pupilas[24]. As quenllas fociñudas poden ser presas da quenlla (Prionace glauca).[25] Os parasitos documentados desta especie inclúen o copépodo Echthrogaleus mitsukurinae[28], e os cestodos Litobothrium amsichensis e Marsupiobothrium gobelinus[29].

Alimentación

Os macruros e outros teleósteos de augas profundas son a principal comida da quenlla fociñuda.

A quenlla fociñuda aliméntase principalmente de peixes teleósteos como os macruros e os estómidos, tamén consome cefalópedos e crustáceos, incluíndo decápodos e isópodos. As súas presas coñecidas inclúen especies como a cabra de altura (Helicolenus dactylopterus), a Teuthowenia pellucida e a Macrocypridina castanea rotunda.

Reprodución

Pouco é o que se coñece sobre a súa reprodución, deica agora non se puido estudar a femia preñe ningunha. Semella que comparte as características reprodutivas doutros tiburóns, que son vivíparos con roladas de pequeno tamaño e embrións que medran durante a xestación comendo ovos sen desenvolver.[20]. O tamaño ao nacemento é probablemente próximo aos 82 cm, a lonxitude do exemplar coñecido máis pequeno[18]. Os machos maduran sexualmente cando teñen 2,6 metros de lonxitude, mentres que se descoñece a das femias[20].

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. "Noticias do Museo de Historia Natural da SGHN". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 05 de maio de 2014. 
  2. "Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 05 de maio de 2014. 
  3. Lahuerta Mouriño, F.; Vázquez Álvarez, F. (2000). Vocabulario multilingue de organismos acuáticos. CRPIH. ISBN 84-453-2913-8. 
  4. Jordan, D.S. (1898). "Description of a species of fish (Mitsukurina owstoni) from Japan, the type of a distinct family of lamnoid sharks". Proceedings of the California Academy of Sciences (Series 3) Zoology 1 (6). pp. 199–204. 
  5. Hussakof, L. (1909). "A new goblin shark, Scapanorhynchus jordani, from Japan". Bulletin of the American Museum of Natural History 26. pp. 257–262. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Compagno, L.J.V. (2002). Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date (Volume 2). Food and Agriculture Organization of the United Nations. pp. 68–71. ISBN 92-5-104543-7. 
  7. 7,0 7,1 Martin, R.A. ReefQuest Centre for Shark Research, ed. "Biology of the Goblin Shark". Consultado o 25 de abril de 2013. 
  8. Shirai, S. (1996). "Phylogenetic interrelationships of neoselachians (Chondrichthyes: Euselachii)". In Stiassny, M.L.J.; Parenti, L.R.; Johnson, G.D., eds. Interrelationships of Fishes Academic Press. pp. 9–34. ISBN 0-08-053492-9
  9. Shimada, K. (2005). "Phylogeny of lamniform sharks (Chondrichthyes: Elasmobranchii) and the contribution of dental characters to lamniform systematics". Paleontological Research9 (1): 55–72
  10. Naylor, G.J.P.; Martin, A.P.; Mattison, E.; Brown, W.M. (1997). "The inter-relationships of lamniform sharks: testing phylogenetic hypotheses with sequence data". In Kocher, T.D.; Stepien, C.A., eds. Molecular Systematics of Fishes Academic Press. pp. 199–218. ISBN 0-08-053691-3.
  11. Naylor, G.J.; Caira, J.N.; Jensen, K.; Rosana, K.A.; Straube, N.; Lakner, C. (2012). "Elasmobranch phylogeny: A mitochondrial estimate based on 595 species". In Carrier, J.C.; Musick, J.A.; Heithaus, M.R., eds. The Biology of Sharks and Their Relatives (2ª ed). CRC Press. pp. 31–57
  12. Sepkoski, J.; Antinarella, J.; McMahon, J. (2002). "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)". Bulletins of American Paleontology 364: 56
  13. Nelson, J.S. (2006). Fishes of the World (4ª ed.). John Wiley & Sons. p. 54. ISBN 0-471-75644-X.
  14. Vialle, N.; Adnet, S.; Cappetta, H. (2011). "A new shark and ray fauna from the Middle Miocene of Mazan, Vaucluse (southern France) and its importance in interpreting the paleoenvironment of marine deposits in the southern Rhodanian Basin". Swiss Journal of Palaeontology 130 (2): 241–258
  15. Purdy, R. (2005). "Is Striatolamia a junior synonym of Mitsukurina?". Journal of Vertebrate Paleontology 25 (3). p. 102A. 
  16. Birx, H.J., ed. (2009). Encyclopedia of Time: Science, Philosophy, Theology, & Culture (Volume 1). SAGE Publications. p. 547. ISBN 1-4129-4164-4. 
  17. 17,0 17,1 Parsons, G.R.; Ingram, G.W.; Havard, R. (2002). "First record of the goblin shark Mitsukurina owstoni, Jordan (family Mitsukurinidae) in the Gulf of Mexico". Southeastern Naturalist 1 (2). pp. 189–192. doi:10.1656/1528-7092(2002)001[0189:FROTGS]2.0.CO;2. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Castro, J.H. (2011). The Sharks of North America. Oxford University Press. pp. 202–205. ISBN 978-0-19-539294-4. 
  19. 19,0 19,1 Last, P.R.; Stevens, J.D. (2009). Sharks and Rays of Australia. Harvard University Press. pp. 156–157. ISBN 0-674-03411-2. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 "Mitsukurina owstoni". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2004. 
  21. Rincon, G.; Vaske, T.; Gadig, O.B. (2012). "Record of the goblin shark Mitsukurina owstoni (Chondrichthyes: Lamniformes: Mitsukurinidae) from the south-western Atlantic". Marine Biodiversity Records 5. p. e44. doi:10.1017/S1755267211000923. 
  22. Kukuyev, E.I. (1982). "Ichthyofauna of Corner Mountains and New England Seamounts". En Parin, N.V. Insufficiently Studied Fishes of the Open Ocean. Moscow: Institute of Oceanology. Institute of Oceanology, Academy of Sciences of the USSR. pp. 92–109. 
  23. Prokofiev, A.M.; Kukuev, E.I. (2009). "New findings of rare fish species from families Mitsukurinidae (Chondrichthyes), Muraenidae, Lophiidae, Macrouridae, and Psychrolutidae (Teleostei) on rises of the Atlantic Ocean with the description of Gymnothorax walvisensis sp. nov". Journal of Ichthyology 49 (3). pp. 215–227. doi:10.1134/S0032945209030023. 
  24. 24,0 24,1 Martin, R.A. ReefQuest Centre for Shark Research, ed. "Deep Sea: Goblin Shark". Consultado o 25 de abril de 2013. 
  25. 25,0 25,1 25,2 Ebert, D.A. (2003). Sharks, Rays, and Chimaeras of California. University of California Press. pp. 96–97. ISBN 0-520-22265-2. 
  26. "Un arrastreiro captura en augas galegas un raro exemplar de quenlla duende rosada", Europa Press, 3 de marzo de 2011
  27. ""Capturan unha quenlla fociñuda", Galicia Hoxe 4 de marzo de 2011". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  28. Izawa, K. (2012). "Echthrogaleus mitsukurinae sp. nov. (Copepoda, Siphonostomatoida, Pandaridae) infesting the goblin shark Mitsukurina owstoni Jordan, 1898 in Japanese waters". Crustaceana 85 (1). pp. 81–87. doi:10.1163/156854012x623674. 
  29. Caira, J.N.; Runkle, L.S. (1993). "2 new tapeworms from the goblin shark Mitsukurina owstoni off Australia". Systematic Parasitology 26 (2). pp. 81–90. doi:10.1007/BF00009215.