(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Windows 2000 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Windows 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de marzo de 2019 ás 11:20 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Versións: Arranxos varios, replaced: Ambiente de escritorio → Contorno de escritorio)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Windows 2000
DesenvolvedorMicrosoft
Lanzamento17 de febreiro de 2000
Modelo de desenvolvementoShared Source
NúcleoNT 5.0
Tipo de núcleoHíbrido
LicenzaMicrosoft CLUF (EULA)
Última versión estable5.0 (Service Pack 4) Roll Up (5.0.3700.6690) 13 de setembro de 2005
Estado actualSen soporte
Precedido porWindows ME
Sitio web[1]

O Windows 2000 (coñecido tamén como Windows NT 5.0) foi un sistema operativo de Microsoft dirixido a empresas na mesma liña que Windows NT, saíu ao mercado o 17 de febreiro de 2000, en catro versións: Professional, Server, Advanced Server e Datacenter Server. No ano 2001 apareceu Windows 2000 Advanced Server- Limited Edition que podía correr en microprocesadores Intel Itanium de 64 bit.

Unha importante característica é a total compatibilidade con versións anteriores do Windows 95 e Windows 98, e xunto coa súa estabilidade (non superior a do GNU Linux) fixo quedar en segundo plano a Windows ME

Versións

[editar | editar a fonte]
  • Windows 2000 Professional, a versión básica de Windows 2000, contorno gráfica para oficinas, pequenos negocios e usuarios particulares que precisaban corren aplicacións de alto rendemento como tratamento de imaxes dixitais ou deseño gráfico, soporta ata 2 microprocesadores.
  • Windows 2000 Server, servidor de pequenas empresas, soporta ata 4 microprocesadores.
  • Windows 2000 Advanced Server, servidor de grandes empresas, soporta ata 8 microprocesadores.
  • Windows 2000 Datacenter Server, servidor para empresas moi grandes, que o tiñan que solicitar expresamente, soporta ata 32 microprocesadores

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.