Impresora óptica
Unha impresora óptica é un dispositivo que consiste nun ou máis proxectores de filmes mecanicamente enlazados a unha cámara cinematográfica. Permite ós cineastas re-fotografar unha ou máis cintas de película. A impresora óptica úsase para crear efectos especiais en filme, ou para copiar e restaurar material de filmes antigos.[1]
Os efectos ópticos comúns inclúen fundidos, encadeados, cámara lenta, cámara rápida, e composición matte. Traballos máis complicados poden implicar ducias de elementos, todos combinados nunha única escena.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras impresoras ópticas simples foron construídas a principios da década de 1920. Linwood G. Dunn expandiu o concepto durante a década de 1930, e durante segunda guerra mundial as unidades fotográficas das forzas armadas dos Estados Unidos encargáronlle deseñar unha impresora óptica que puidese ser solicitada como un artigo común, como unha cámara.[2] O desenvolvemento continuou até ben entrada a década de 1980, cando as impresoras eran controladas con mini-ordenadores.[3] Exemplos destacables do uso da impresión óptica son as composiciónes mate na Guerra das galaxias (1977).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "7". The Technique of Special Effects Cinematography. Focal Press. 1972. ISBN 0-8038-7031-0.
- ↑ "Company News; DEVELOPERS OF OPTICAL PRINTER WIN OSCAR FOR SPECIAL EFFECTS".
- ↑ "Dedicated Minicomputers In Optical Design".
- ↑ "Watch How the Masters Used to Create VFX for Movies in These ILM Videos". NONETWORK, LLC.