(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Kavafis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kavafis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de marzo de 2024 ás 20:33 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «cara o»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaKavafis

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Κωνσταντίνος Πέτρου Καβάφης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1863 Editar o valor en Wikidata
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1933 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de larinxe Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlexandría Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Liverpool Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaisPetros Ioannēs Editar o valor en Wikidata  e Xaríkleia Fotiádi Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1626453 BNE: XX1076046 Bitraga: 2054 Musicbrainz: 35e63292-5c74-433f-ae08-d543eb18e54f Discogs: 806902 IMSLP: Category:Cavafy,_Constantine Allmusic: mn0002698630 Find a Grave: 7585596 Editar o valor en Wikidata

Konstantinos Petrou Kavafis (en grego Κωνσταντίνος Πぱい. Καβάφης), nado en Alexandría o 29 de abril de 1863 e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1933, foi un poeta grego que figura entre os autores máis relevantes do século XX. Traballou tamén como xornalista e funcionario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era un importador e exportador acomodado. Ao morrer o pai en 1870, a familia trasladouse a Liverpool, aínda que retornaría a Alexandría en 1882. Por mor dos disturbios de 1885, a familia fuxiu a Constantinopla temporalmente. Kavafis permaneceu en Alexandría para o resto da vida, se ben visitou Grecia en tres ocasións (1901, 1903 e 1932) como para demostrar que era e se sentía grego: aprendera grego durante a adolescencia e esta foi a súa única lingua poética. Comezou traballando de xornalista, mais logo obtivo un posto no ministerio exipcio de Obras Públicas, onde permaneceu trinta anos.

Entre 1891 e 1904 publicou a súa poesía en panfletos que facía circular entre os amigos achegados e recibiu pouco recoñecemento durante a vida, se ben a isto contribuíu o seu modo de vida recluído. Os versos que compuxo durante a súa primeira época empregan unha lingua culta e depurada. Posteriormente virou cara ao demótico, a lingua grega falada, enriquecida con formas dialectais de Constantinopla e con vocábulos tirados da tradición clásica. Os poemas completos foron publicados en 1935 como Poemas de C.P. Kavafis (Ποιήματα, Piimata).

O mundo que Kavafis presenta é decadente, mais non o fai á moda da poesía europea da época, senón inspirándose no mundo pagán-cristián que esmorecía en Alexandría para mistificar ou sublimar as súas emocións persoais. Os seus poemas son retratos concisos mais íntimos de sociedades e personaxes, reais ou literarios. A homosexualidade e a saudade figuran entre os seus temas característicos: o amor homosexual, cantado ás veces con acentos violentamente sensuais ou con nostalxia e tristura, a imposibilidade de reter a beleza, a historia como terreo de enfrontamento entre o home e o destino, e a evocación mítica con tons de austeridade estoica.

Logo da morte de Kavafis, a súa reputación non deixou de medrar, e actualmente está considerado como un dos mellores poetas gregos modernos.

Traducións ao galego

[editar | editar a fonte]

Yolanda Vilarchao traduciu a súa poesía ao galego co título de Poemas canónicos que publicou en 2007 a Editorial Rinoceronte.[1]

A Editorial Aira publicou en 2022 "Poesía completa anotada", traducida por Miguel A. Areses Martín.[2]

  1. Ficha da obra en BiTraGa.
  2. Areses Martín, Miguel A. "Kavafis. Poesía completa anotada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]