(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Bandeira das Antillas Neerlandesas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bandeira das Antillas Neerlandesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Bandeira das Antillas Neerlandesas
Bandeira das Antillas Neerlandesas
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1 de xaneiro de 1986
Cores     Azul     Branco      Vermello

A bandeira das Antillas Neerlandesas consiste nun pano branco, cunha franxa vertical vermella no medio da bandeira, e cruzando sobre esta unha franxa horizontal azul da mesma anchura, tamén centrada. No centro da banda azul, aparecen cinco estrelas de cinco puntas, dispostas en forma oval. Estas cinco estrelas representan as cinco illas de Bonaire, Curaçao, Saba, San Eustaquio, e San Martiño.

Bandeiras das illas

Bandeira do Gobernador das Illas

Véxase tamén

Ligazóns externas