Felipe González
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1964, afiliouse ó Partido Socialista Obreiro Español, durante a época de clandestinidade deste. O ano seguinte finalizou os seus estudos de Dereito na Universidade de Sevilla. No Congreso de Suresnes de 1974 do PSOE renovado (escisión do PSOE dirixido por Rodolfo Llopis), Felipe González foi elixido secretario xeral do PSOE. Xa en democracia, obtivo a súa primeira acta de deputado en 1977, sendo o candidato do PSOE á Presidencia do Goberno en 1977 e 1979.
Logo de obter o PSOE a maioría absoluta nas eleccións de 1982, foi investido presidente do Goberno. O seu mandato de trece anos e medio foi o período máis longo dun xefe de Goberno da democracia en España. Baixo a súa dirección, o PSOE logrou dúas maiorías absolutas consecutivas: a de 1982, con 202 deputados no Congreso, e en 1986, eleccións nas que obtivo 184 deputados; asemade, en 1989 obtivo 175 deputados, exactamente a metade dos que compoñen o hemiciclo. En 1993 perdeu a maioría absoluta, obtendo 159 deputados. Logo deste resultado, o PSOE pactou con Convergència i Unió para poder formar goberno. En 1996, perdeu as eleccións ó lograr 141 deputados fronte a 156 que conseguiu o Partido Popular. Foi elixido deputado por última vez en 2000, ano no que concorreu ás eleccións na lista do PSOE pola circunscrición electoral de Sevilla.
Predecesor: Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo |
Presidente de España 1982 - 1996 |
Sucesor: José María Aznar |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felipe González |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jiménez Díaz, José Francisco (2009). "El liderazgo político de Felipe González en contexto". Sociedad y utopía: Revista de ciencias sociales (Madrid: Universidade Pontificia de Salamanca) (33): 287–312. ISSN 1133-6706.
- Wilsford, David, ed. Political leaders of contemporary Western Europe: a biographical dictionary (Greenwood, 1995) pp 176–82
- Presidentes de España
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Nados en Dos Hermanas
- Nados en 1942
- Premio Carlomagno
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)