(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Filadelfia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Filadelfia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFiladelfia
Philadelphia (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumePhilly e City of Brotherly Love Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°57′10″N 75°09′49″O / 39.9528, -75.1636
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoPensilvania
CondadoPhiladelphia County (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.603.797 (2020) Editar o valor en Wikidata (4.339,17 hab./km²)
Número de fogares613.125 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaVale do Delaware (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:6.245.051) Editar o valor en Wikidata
Superficie369,609252 km² Editar o valor en Wikidata
Auga6,0305 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Delaware (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorWilliam Penn Editar o valor en Wikidata
Creación1682 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Philadelphia, Pennsylvania (en) Traducir Editar o valor en WikidataJim Kenney (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal19019–19255, 19171 e 19172 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico267 e 215 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Mosul
Salvador
Kōbe
Abruzzo
Aix-en-Provence
Florencia (1964–)
Tel Aviv (1966–)
Toruń (1976–)
Tianjin (1980–)
Incheon (1984–)
Douala (1986–)
Nizhnii Novgorod (1992–)
Frankfurt (2015–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webphila.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450981 GitHub: CityOfPhiladelphia

Filadelfia[1] (en inglés: Philadelphia, ou coloquialmente Philly) é unha cidade estadounidense situada no condado do mesmo nome, no estado de Pensilvania. Segundo o censo de 2020, a poboación era de 1 603 797 habitantes, converténdoa na sexta cidade máis poboada dos Estados Unidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É a máis setentrional das cidades estadounidense en ser considerada dentro da zona climática subtropical húmida. Os veráns son calorosos, outonos e primaveras tépedos e invernos fríos. A media de nevadas por ano é de 534 mm , aínda que esta cantidade é moi variable de ano en ano, presentándose invernos de só nevadas leves e outros con grandes tormentas de neve.

Demografía

[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 2020, hai 1 603 797 persoas residindo na cidade, o que supón un aumento do 1,2% con respecto a estimación do ano anterior. A conformación racial da cidade é de 39,3% afroamericanos, 36,3% brancos, 8,7% asiáticos, 0,4% nativos americanos 8,7% doutras razas e 6,9% multirraciais. Os hispanos ou latinos constitúen o 14,9% da poboación. O 23.9% fala unha lingua distinta ao inglés na casa, sendo a máis común o español (10,8%)

Firma do tratado de paz en Shackamaxon.

En 1681, cando William Penn obtivo a concesión de Carlos II de Inglaterra do territorio despois chamado Pensilvania, o val do río Delaware onde pensou establecer unha vila capital era a terra dos indios lenape da nación algonquina, quen tiñan alí un poboado chamado Shackamaxon.

No 1682, Penn firmou un tratado de amizade co xefe lenape, e inda que non tiña obriga, mercoulle a terra, todo porque a súa idea era establecer unha colonia utópica de paz e harmonía, unha cidade que non precisase murallas defensivas e que fose un lugar de comercio, progreso e coñecemento para todos sen discriminar a ninguén. Así o nome que lle deu foi Filadelfia (en grego "amor fraternal").

Plan de William Penn

[editar | editar a fonte]

A planta da nova cidade (ao sur de Shackamaxon) foi a clásica cuadrícula hipodámica estendida rectangularmente, dúas millas ao longo por unha ao ancho, entre o Delaware e o seu afluente polo oeste, o Schuylkill. As augas do primeiro brindaban un protexido porto, e as do segundo unha vía de penetración na colonia que se estendía máis aló dos Apalaches, ata os Grandes Lagos.

Foi o primeiro plan con esta ambición e a esta escala nesta parte de Norteamérica. Dúas grandes e amplas avenidas (hoxe Market e Broad Street) cortaban a malla en catro cuadrantes cada un cun baleiro para parque, e no seu encontro no centro abríase unha gran praza cos edificios públicos significativos[2].

Tan ambicioso que ata case que o final do século XIX non foi completado. Pola contra, xa no século XVIII desbordouse na fronte ao Delaware cunha chea de peiraos[3][4]. Para o tempo da independencia era a cidade máis poboada das trece colonias. Pasaba por seren un centro do saber e a cultura ("Atenas de América", impulsado por Benjamin Franklin, que se establecera na cidade en 1723) ademais de ser famosa pola súa loita antiescravista e tolerancia relixiosa que atraeu xentes de toda Europa e afroamericanos do sur. Nese ambiente ilustrado desenvolveuse un foco revolucionario.

Declaración da Independencia

[editar | editar a fonte]

Dende 1753 o edificio da State House de Pensilvania (cun engadido que cumpría coma concello e outro coma futuro congreso) dominaba cos chapiteis das igrexas o perfil da cidade. Foi alí onde en 1776 se asinou a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Entre outros asinantes figuraban Benjamin Franklin, John Adams e Thomas Jefferson. Despois, en 1790, a Declaración de Dereitos (constitución) e a capitalidade provisional da nova nación ata 1799 no que foi rematada Washington. O edificio presidiu dende entón a Independence Square lindeira á praza do sueste (futura Washington Square).

Industrialización: "taller do mundo"

[editar | editar a fonte]

O século XIX foi para Filadelfia (a pesar da perda de importancia coma porto en beneficio de Nova York) o dun extraordinario crecemento froito dunha completa revolución industrial: téxtil, metalurxia, fabricación de papel e material ferroviario, construción naval, agro-alimentaria acompañada das necesarias infraestruturas: camiños, canais e ferrocarrís que a converteron no maior centro fabril dos Estados Unidos ("o taller do mundo" tiña por alcume). A máis, era o primeiro centro financeiro do país. Grandes continxentes de inmigración europea e afroamericana dos estados do sur arriban para fornecer a man de obra que se precisaba. Unha primeira ponte sobre o Schuylkill constrúese en 1804 continuando Market Street e permitindo o desenvolvemento de West Philadelphia[5][6].

As epidemias de fins do XVIII e a forte industrialización fixeron urxente un plan para o saneamento e abastecemento de augas da cidade (Fairmount Water Works, o primeiro e modelo para as cidades norteamericanas). De resultas do cal Filadelfia se dotou no seu ángulo noroeste, augas arriba do Schuylkill, dunha extensa zona verde, Fairmount Park[7], que co tempo se foi ampliando e dotando con instalacións de lecer (zoo) e institucións culturais (sinaladamente o Museo de Arte). Alí, co gallo do centenario da Independencia, celebrouse a Exposición Universal de 1876 (primeira fóra de Europa[8]).

Século XX

[editar | editar a fonte]

Xurdiu a necesidade de unir o parque e o centro da cidade cunha grande avenida. Inspirada nos Campos Elisios de París, a Benjamin Franklin Parkway (1918[9][10]) foi a irrupción na trama ortogonal de Penn dun grande eixo diagonal enlazando o novo auditorio municipal (rematado en 1884 na praza central) co Museo de Arte (1928), enriquecendo o seu percurso cunha serie de academias de ciencia e arte[11] (vg. o Museo Rodin).

En 1926, o Delaware Bridge (hoxe B. Franklin Bridge[12]) significou a primeira ponte de unión coa beira de Nova Jersey (Camden)[13]. E nos anos cincuenta levouse a cabo un proxecto que dende os trinta pretendía esponxar o vello centro histórico do lado do Delaware, cun parque ao redor da Independence Square (o Independence National Historical Park), ao que se uniu perpendicularmente outro plan (1962) que buscaba preservar conmemorativamente aqueles lugares e acontecementos que deran orixe á nación americana, o Independence Mall[14].

En xeral, o século pasado foi para a cidade o dun estancamento se non unha lenta decadencia no conxunto dos Estados Unidos. A obsolescencia do seu tecido industrial sen atopar un substitutivo axeitado e a corrupción municipal levárona a perder posicións entre as grandes metrópoles americanas.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. Imaxe
  3. Imaxe imaxe
  4. Imaxe imaxe
  5. Imaxe
  6. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  7. Imaxe
  8. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  9. Imaxe
  10. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  11. Imaxe
  12. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 04 de abril de 2012. 
  13. Imaxe
  14. "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017