KK FMP
FMP Meridian | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški klub FMP Кошаркашки клуб ФMП |
Liga | KLS / ABA Liga / Champions League |
Fundación | 1970 |
Historia | Radnički Novi Sad (1970−2009) Radnički Belgrado (2009−2011) Radnički FMP (2011−2013) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Zoran Tošković |
Adestrador | Nenad Stefanović |
Localización | |
Cidade | Belgrado, Serbia |
Pavillón | Dvorana Železnik |
Capacidade | 3 000 |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
kkfmp.rs |
- Este artigo é sobre o FMP en activo. Para o antigo equipo da YUBA/KLS/ABA, véxase KK FMP Železnik.
O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб ФMП), coñecido por motivos de patrocinio como FMP Meridian, é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de Belgrado, Serbia. Fundado en 1970 co nome e KK Radnički Basket, en 2015 toma o seu nome actual, o cal non ten que ver co antigo FMP Železnik, club que se fusionaou co Crvena zvezda en 2011. Actualmente o equipo compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio, na Liga do Adriático e Basketball Champions League. O FMP xoga os seus encontros como local no Dvorana Železnik, un pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Historia do FMP orixinal
[editar | editar a fonte]O KK FMP orixinal club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez. Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.
Na década de 1980, con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986. O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.
Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995−96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición. A tempada 1996−97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.
O KK Radnički
[editar | editar a fonte]O KK Radnički foi fundado en 1970 en Novi Sad, conseguindo ascender á Primeira División serbia en 2007, xogando na competición os seus últimos dous anos como equipo da cidade Novi Sad.Nesta última temporada destaca o labor de Zlatko Bolić, quen consegue anotar unha media de 22,8 puntos por partido. En 2009 o equipo trasládase a Belgrado, mudando o seu nome a KK Radnički Basket[1] para distinguirse do xa existente Radnički Beograd. Tan só dous anos despois volve mudar de nome, esta vez a KK Radnički FMP.
Por outra banda, o FMP orixinal consegue os seus maiores de toda a súa historia, conseguindo tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club muda o seu nome a KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički muda o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Adopta o escudo do orixinal, modificándoo lixeiramente. No ano 2016−17 o equipo debuta na Liga do Adriático, conseguindo finalizar en novena posición. O 18 de novembro de 2021 o club chega a un acordo de patrocinio, polo que adopta o nome de FMP Meridian. Co novo nome, o equipo consegue chegar á final da liga serbia, onde perderon por 2−0 ante o KK Crvena zvezda. En setembro de 2022 o club alberegará a fase previa da Basketball Champions League, onde se enfrontarán ao Río Breogán da Liga ACB.[2]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Železnik Hall.
O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Elenco actual
[editar | editar a fonte]FMP Meridian 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
[editar | editar a fonte]- Dragan Apić
- Zlatko Bolić
- Filip Čović
- Dejan Davidovac
- Miloš Dimić
- Ognjen Dobrić
- Ilija Đoković
- Radovan Đoković
- Stefan Đorđević
- Marko Gudurić
- Marko Jeremić
- Stevan Karadžić
- Ognjen Kuzmić
- Sava Lešić
- Stefan Pot
- Aleksa Radanov
- Marko Radovanović
- Nikola Rebić
- Dušan Ristić
- Boriša Simanić
- Radoš Šešlija
- Aleksa Uskoković
- Jonah Bolden
- Isaac Humphries
- Duop Reath
- Jurij Macura
- Matic Rebec
- Bryce Jones
- Bojan Subotić
- Michael Ojo
- Finn Delany
- Okben Ulubay
Adestradores
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]A KLS 1, refírese á primeira fase da liga serbia, mentres que a KLS SL refírese á Super Liga, segunda fase da competición. Os equipos que participan na Liga do Adriático entran directamente nesta segunda fase. Para máis información sobre o formato de competición da liga, prema aquí.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Postemporada | V–D | Copa | Liga do Adriático | Competicións europeas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006–07 | 2 | KLS B | 1 | — | 21–5 | — | — | — | ||||
2007–08 | 1 | KLS 1 | 9 | — | 9–13 | — | — | — | ||||
2008–09 | 1 | KLS 1 | 9 | — | 12–14 | — | — | — | ||||
2009–10 | 1 | KLS 1 | 12 | — | 9–17 | Cuartos de final | — | — | ||||
2010–11 | 2 | KLS B | 2 | — | 15–4 | Cuartos de final | — | — | ||||
2011–12 | 1 | KLS 1 | 3 | SL 5º | 22–18 | Cuartos de final | — | — | ||||
2012–13 | 1 | KLS 1 | 7 | — | 14–12 | — | — | — | ||||
2013–14 | 1 | KLS 1 | 1 | SL 5º | 25–15 | Semifinais | — | — | ||||
2014–15 | 1 | KLS 1 | 1 | SL 6º | 23–13 | Cuartos de final | — | — | ||||
2015–16 | 1 | KLS 1 | 1 | Semifinais | 29–6 | Cuartos de final | — | — | ||||
2016–17 | 1 | KLS SL | 3 | Subcampión | 11–8 | Semifinais | ABA Liga | 9 | 10–16 | — | ||
2017–18 | 1 | KLS SL | B1 | Subcampión | 13–5 | Semifinais | ABA Liga | 8 | 9–13 | — | ||
2018–19 | 1 | KLS SL | A2 | Semifinais | 9–4 | Semifinais | ABA Liga | 6 | 10–12 | — | ||
2019–20 | 1 | KLS SL | Canc. | Semifinais | ABA Liga | Canc. | 10–11 | — | ||||
2020–21 | 1 | KLS SL | ND | Cuartos de final | 0–2 | Cuartos de final | ABA Liga | 8 | 11–15 | — | ||
2021–22 | 1 | KLS SL | ND | Subcampión | 0–2 | Semifinais | ABA Liga | 6 | 14–14 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RTV saznaje: "Radnički invest inžinjering" napušta Novi Sad". rtv.rs (en serbio). 6 de outubro de 2009.
- ↑ "Oficial: o Breogán xogará en Belgrado a fase previa da Champions League". La Voz de Galicia. Europa Press. 31 de xullo de 2022.