(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Armand Guillaumin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Armand Guillaumin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmand Guillaumin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 1927 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Orly, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, ilustrador, debuxante, litógrafo, artista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor en Wikidata
AlumnosEugène Alluaud (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosArmand Guillaumin II Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSchool for Scoundrels (en) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 0e5ffaa7-b229-440c-8228-156b145a3447 Discogs: 2475205 WikiTree: Guillaumin-15 Editar o valor en Wikidata

Jean-Baptiste Armand Guillaumin, nado en París o 16 de febreiro de 1841 e finado en Orly o 26 de xuño de 1927, foi un pintor impresionista e litógrafo francés. Mentres outros mestres do seu círculo (como Renoir e Cézanne) abandonaron axiña o impresionismo puro conformando estilos de seu, Guillaumin mantívose fiel aos trazos máis recoñecibles de dita corrente, sendo considerado un dos impresionista máis fieis xunto a Morisot, Pissarro e Monet.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa xuventude traballou na tenda de lencería do seu tío mentres pola serán ía a clases de pintura. Tamén traballou para a rede nacional francesa de ferrocarrís antes de comezares os seus estudos de pintura na Académie Suisse en 1861. Alí coñeceu a Paul Cézanne e Camille Pissarro cos cales iniciou unha grande amizade que duraría toda a súa vida. Malia non ter nunca a fama e recoñecemento destes pintores, el influenciounos moito nos seus traballos. Cézanne tentou facer o seu primeiro gravado baseándose nas pinturas de Guillaumin de gamelas sobre o río Sena.

Guillaumin exhibiu os seus traballos no Salon des Refusés en 1863.

A finais da década de 1880 trabou amizade con Vincent van Gogh cuxo irmán, Theo vendeu algunhas das súas obras.[2] En 1886 casou coa súa curmá Marie-Joséphine Charreton, mestra de escola quen axudaríao economicamente.[2] En 1891 gañou a lotería, o que lle permitiu concentrarse na pintura e viaxar a Agay, Crozant e Saint-Palais-sur-Mer, ademais dunha viaxe aos Países Baixos entre 1903 e 1904.[2]

Coñecido polas súas intensas cores, na actualidade os cadros de Guillaumin atópanse espallados por tódolos museos principais do mundo. As súas señas de identidades son as súas paisaxes de París, do departamento de Creuse, e da área de Les Adrets-de-l'Estérel preto da costa mediterránea na rexión da Provence-Alpes-Côte d'Azur.

Guillaumin faleceu aos 86 anos en Orly, Val-de-Marne (ao sur de París), sendo o derradeiro membro do movemento impresionista en morrer.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]