(Translated by https://www.hiragana.jp/)
APT - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

APT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
APT
Tiposystem-level package manager, programa, software libre e utilitário
Data de fundación16 de agosto de 1998
Na rede
https://tracker.debian.org/pkg/apt
editar datos en Wikidata ]

A Avanced Packaging Tool, ou APT ("Ferramenta avanzada de xestión de paquetes") é un sistema xestor de paquetes usado pola Debian e os seus derivados. APT foi deseñado orixinalmente para traballar con paquetes .deb en sistemas Debian, pero xa foi modificado para traballar con paquetes RPM con apt-rpm, e para correr noutros sistemas operativos como o MacOS X. En sistemas con xestión de paquetes baseados en .deb, como a Debian, APT é realmente unha interface para dpkg.

APT simplifica o proceso de instalación e desinstalación de software en sistemas Unix, automatizando a obtención, (dende o Internet, rede local, ou CD-ROM a configuración, a compilación (algunhas veces) e a instalación do software dende as fontes APT.

Non hai un programa apt por si mesmo; APT é unha libraría escrita na linguaxe C++ de funcións que son usadas por varios programas de liña de comandos (consola) para o tratamento de paquetes; os máis destacados son apt-get e apt-cache.

As interfaces do APT poden actualizar todo o sistema ou só paquetes específicos. Os mesmos poden ser instalados ou desinstalados. Cando se instalan un ou varios, as interfaces do APT poden listar as dependencias deses paquetes, preguntándolle ao administrador do sistema se os paquetes recomendados ou suxeridos deberían ser instalados tamén. Deste xeito se pode instalar automaticamente as dependencias e realizar outras operacións no sistema para permitir a instalación dos paquetes. Da mesma maneira, para actualizar un ou varios paquetes, as interfaces pode instalar, desinstalar ou actualizar outros.

APT é considerado a miúdo como unha das mellores características da Debian, téndolle dado a dita distribución a reputación de ser unha "dor para instalar, pero unha alegría para manter", aínda que coa Debian 3.1 e o seu Instalador-Debian (Debian-Installer), a instalación da Debian sería xa hoxe en día demasiado sinxela como para dar por certo isto.