(Translated by https://www.hiragana.jp/)
A (sinxelo) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

A (sinxelo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«A»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum LOVEppears
Lanzamento 11 de agosto de 1999
Formato {{{formato}}}
Gravada 1999
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 1:15:48
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«Boys & Girls» «A» «Appears»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"A" é o sinxelo número 10 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 11 de agosto do ano 1999 baixo o selo avex trax. Foi o segundo sinxelo da cantante lanzado en formato Maxi single.

Aínda que o título orixinal sexa nada máis que a letra A, non é debido a que teña unha canción chamada do mesmo xeito. Este é o primeiro sinxelo de Hamasaki de máis dunha cara que son os representados cunha letra ou símbolo en particular. Neste caso o sinxelo é un de dobre cara A, que contén os temas "Monochrome", "Too Late", "Trauma" e "End Roll".

Para ningún dos catro temas do sinxelo foi gravado un vídeo musical, e unicamente se valeu dos distintos comerciais para a televisión onde as cancións foron utilizadas como a principal forma de promoción. Tanto “Trauma” como “Monochrome” foron temas utilizados para a marca de refrescos Japan Tobacco (mellor coñecidos como “JT”); “Too Late” dentro de comerciais para unha motoneta da empresa Honda, e finalmente “End Roll” como canción de enganche para un dos chocolates da grande empresa Morinaga, que ten un gran prestixio no Xapón. Dentro do comercial a única versión que non era orixinal foi a de “End Roll”, onde no seu lugar utilizouse unha versión remix.

Para o lanzamento do segundo álbum de estudio de Ayumi, titulado "LOVEppears" foron incluídas as catro cancións, pero en versións melloradas e remesturadas, obra de Dave Ford. A mellora da calidade dalgunhas cancións faise expresa nos temas “Monochrome” e “Too Late”; que foron notablemente mellorados. Tódolos temas foron escritos por Ayumi Hamasaki, e compostos por Dai Nagao.

A súa primeira semana debutando nas listas de Oricon entrou directamente ó primeiro lugar sen maiores problemas. Na súa segunda semana nas listas non decaeu nin un só lugar, permanecendo no primeiro lugar por dúas semanas de forma consecutiva. Anteriormente "Boys & Girls" estivera no primeiro lugar das listas de sinxelos as tres semanas anteriores ó lanzamento deste single, polo que foron en total cinco semanas nas que Ayumi liderou as listas de sinxelos de Oricon sen caer do primeiro lugar. Finalmente a que destronou a Ayumi foi GLAY, que obtivo o primeiro lugar a semana seguinte, aínda así a pesar de perder o primeiro lugar, “A” converteuse no primeiro single de Ayumi Hamasaki en converterse en disco de oro, e dicir, en romper a barreira do millón de copias vendidas. Tamén e ata hoxe o single con mellores vendas de Hamasaki segundo Oricon, cun total de 1 millón 670 mil copias vendidas aproximadamente.

  • Este foi tamén o primeiro single onde Ayumi estreou o seu logotipo, que máis tarde seria un dos seus selos característicos. O logo presente neste single é a combinación entre as dúas iniciais do seu nome con letras latinas (a A e a H), e posteriormente foi cambiada a súa forma ata a versión que actualmente se lle asocia á artista, e que está presente en tódolos seus lanzamentos.
  • O single foi lanzado en varias edicións con varias cores en distintos CDs, aínda que a imaxe da portada non variaba maiormente. Unha variación maior deuse nas portadas onde foron creadas dúas versións: unha de cor dourada e outra prateada. Entre algunhas versións deuse un mínimo cambio na orde das cancións que compoñían o single; nuns “Monochrome” era a primeira canción, e noutros “Trauma”.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
# Título
1. Monochrome "Original Version"
2. Too late "Original Version"
3. Trauma "Original Version"
4. End roll "Original Version"
5. Monochrome "Keith Litman's Big City Vocal Mix"
6. Too late "Razor 'N Guido Remix"
7. Trauma "Heavy Shuffle Mix"
8. End roll "HΛらむだL's Mix"
9. Monochrome "instrumental"
10. Too late "instrumental"
11. Trauma "instrumental"
12. End roll "instrumental"
13. End roll "NEURO-mantic Mix"
14. Monochrome "Dub's full color Remix"

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
11 de agosto de 1999 Oricon Daily Singles Chart #1
11 de agosto de 1999 Oricon Weekly Singles Chart #1 508,940 1,670,000 17
11 de agosto de 1999 Oricon Yearly Singles Chart #3