Tódalas letras do álbum foron escritas pola mesma Ayumi, o que tamén comezou pouco a pouco a quitar o estigma que algúns medios lle deran con respecto as súas habilidades como artista e intérprete. Case todas elas reflectían unha rapaza bastante asustada co mundo que comezaba a coñecer, e do medo ó fracaso, que xa conocera cos seus anteriores lanzamentos, e tamén fala da soidade e de non poder expresar os seus sentimentos como ela quere, reflectindo unha inseguridade bastante marcada. Moitos dos que escoitaron o álbum, principalmente fanáticos, califícano como un dos mellores no tocante ás letras.
Aínda que o título orixinal tanto do álbum coma da canción é "A Song for XX", os "XX" non se pronuncian, xa que a letra X úsase constantemente no Xapón para referirse a unha información incompleta, o neste caso, ausente. O seu similar en galego sería "A Song for __", como un espazo coa incógnita de para quen vai dirixida realmente a canción.