Adolescencia
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2016) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
A adolescencia é unha fase de desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, entre a infancia e a madureza plena. O adolescente, en xeral, aínda non consegue autoafirmación emocional e economicamente na sociedade. A adolescencia engloba a preadolescencia (Dos 9/10 aos 12/13 anos de idade, aproximadamente) e a adolescencia propiamente dita (Dos 13/14 aos 19/20 anos)
A pasaxe da infancia para a adolescencia está marcada polas transformacións físicas e fisiolóxicas da puberdade, que, xeralmente, ocorre antes dos 13 anos de idade. A idade considerada normal para o paso a adulto (maioridade) varía moito segundo as culturas. Por exemplo, no Xapón, en xaneiro, celébrase a cerimonia da maioridade (ou
Adolescentes
[editar | editar a fonte]No Xapón, o termo joshi-kousei (
Na lingua inglesa, orixinariamente teen era utilizado para designar unha franxa de idade, que vai dos 13 (thirteen) até os 19 (nineteen). O significado recente da palabra teen - adolescente - comezou a ser utilizado soamente a partir do século XX.
Psicoloxía dos adolescentes
[editar | editar a fonte]A madureza física crea un interese en actividades sexuais, levando ás veces á gravidez na adolescencia. Como eles poden non ser emocionalmente maduros de abondo e/ou financeiramente capaces de sustentar un fillo, ese proceso acostuma ser moi problemático.
A esa idade, xa hai a posibilidade de abuso de drogas e alcohol, ou problemas mentais coma a esquizofrenia, a anorexia, a bulimia e maila depresión.
A busca dunha identidade é un dos problemas que os adolescentes constantemente enfrontan. Eles comezan a facer preguntas de carácter metafísico sobre o sentido da vida.
A esa idade, modelos como xogadores e cantantes famosos son populares, e os adolescentes moitas veces mostran desexos de seren parecidos a aqueles escollidos como modelos. Por esta razón, tales modelos son frecuentemente criticados polo seu comportamento, dado o perigo de adolescentes aos copiaren.
Significancia social
[editar | editar a fonte]Os adolescentes son un branco cobizado polo comercio. Teléfonos celulares, música contemporánea, xogos electrónicos e roupas "de moda" son populares entre adolescentes.
No pasado (e aínda presente nalgunhas culturas) había cerimonias que celebraban a pasaxe da adolescencia ao mundo adulto, xeralmente ocorrendo na adolescencia. Jenpuku (de idade a, de maior, do xaponés) é un exemplo.
Cuestións de instancia legal
[editar | editar a fonte]En moitos países, as persoas maiores dunha certa idade (18 anos, en varios casos, a pesar de variar de país a país) son legalmente considerados adultos. Persoas que teñen menos que esa delimitada idade poden ser considerados novos ademais como para seren considerados culpables de crimes. Isto chámase ''defensa da infancia''. O dereito a votar en eleccións dáse a persoas maiores de 16 a 21 anos, en moitos países.
A venda de certos produtos como cigarros, alcohol, filmes e xogos electrónicos con contido sexual ou violento é constantemente prohibido a menores de idade. Tales restricións varían bastante. Na práctica, é común que os novos comecen a beber ou fumar antes da maioría de idade, e nalgunhas culturas, isto é tolerado, moi estendido.
Dada a inmaturidade emocional dos adolescentes, moitos países consideran a estes menores dunha certa idade demasiado novos como para manteren relacións sexuais, aínda que tales mozos sexan fisicamente capaces. Tal materia foi recollido no libro de Vladimir Nabokov, Lolita. Clinicamente, a pedofilia é definida como o interese sexual nos cativos, pero na práctica pode tamén producir interese sexual en adolescentes, co seu corpo en desenvolvemento. En moitos países, o sexo con adolescentes tornouse un problema social, e é considerado un delito grave. Países sen leis que protexan aos cativos e ao adolescente poden tornarse protectores do turismo sexual infantil.
A pornografía implicando a persoas por debaixo de certa idade (xeralmente 18 anos) é tamén considerado inaceptábel e está prohibido na maioría dos países.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adolescencia |