(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Air Austral - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Air Austral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Austral
IATA
UU
OACI
REU
Indicativo
REUNION
Fundación1975
Aeroporto principalAeroporto Roland Garros
Plan de voo frecuenteCapricorn
Indigo Card
SubsidiariasEwa Air
Frota8
Destinos12
DirixentesMarie-Joseph Malé (director)
Páxina web: http://www.air-austral.com/

Air Austral é unha aeroliña francesa que ten a súa sede e a súa principal base de operacións no Aeroporto Roland Garros de Sainte-Marie, Reunión. Realiza voos dende reunión ata a Francia metropolitana, Suráfrica, Tailandia, India e varios destinos no océano Índico. A compañía ten ao redor de 900 empregados.[1]

Air Austral creouna en decembro de 1974 o empresario local Gérard Ethève. Foi a primeira aeroliña comercial de Reunión, coñecida como Réunion Air Services (RAS). Cara agosto de 1977 RAS iniciou servizos rexionais dende Sainte-Marie ata Mayotte cun Hawker Siddeley HS 748 de 32 asentos. RAS converteríase en Air Réunion en decembro de 1986.

En outubro de 1990 Sematra, unha compañía pertencente nun 46% aos concellos locais de Reunion, mercou a aeroliña coas restantes accións en mans de bancos e investidores privados. Un mes despois Air Réunion converteríase en Air Austral. Tras dous meses máis a aeroliña mercaría o seu primeiro Boeing 737-500. Outro 737-300 foi adquirido en 1994, e en 1997 a compañía fíxose cun 737-300QC, que permitía o tráfico de pasaxeiros e carga. En 2000 a aeroliña recibiu un ATR 72-500, un turbohélice de curto alcance. Cara entón, Air Austral operaba tanto dende o Aeroporto Roland Garros en Sainte-Marie como dende o Aeroporto de Pierrefonds en Saint Pierre con servizos cara Mayotte, Xohanesburgo, Comores, Mauricio, Seychelles, e varios destinos en Madagascar (Antananarivo, Tamatave, Nosy Be, Majunga).

En 2003 Air Austral lanzou o seu primeiro servizo de longa distancia entre Reunión e París, con dous Boeing 777-200ER. A estes uníuselles un terceiro en 2005. A aeroliña abriría segunda ruta de longa distancia dende Reunión ata Marsella e Lión. En 2007 a aeroliña comezou a voar cara Tolosa vía Marsella.

No ano 2008 a aeroliña indroduxo novos uniformes para os seus empregados e tripulantes, deseñados por Balenciaga. Engadíuse un segundo ATR 72-500 á súa frota, seguido por un terceiro poucos meses despois.

En abril de 2009 comezou a voar cara Sydney e Nova Caledonia, abrindo así unha nova ruta entre París e Sydney a través de Reunión. A aeroliña tamén mercou dous Boeing 777-300ER. No mes de novembro, fixo un pedido en firme por dous Airbus A380 de 840 asentos, todos de clase económica, para a súa entrega en 2014. Estes avións serán usados para os seus voos entre Reunión e París.

En xuño de 2010 anunciouse que Air Austral iniciaría voos dende Reunión cara a Bordeos e Nantes a partir do mes de febreiro de 2011. En agosto deste último ano a aeroliña recibiría o seu primeiro Boeing 777-200LR.

No mes de abril de 2012 Air Austral foi incapaz de pagar por un novo 777-200LR que agardaba ser entregado. A compañía buscou vender o avión en vez de aceptar a entrega. Debido a estes problemas, Air Austral anunciou en maio dese ano que aprazaría ou cancelaría os seus pedidos polos dous Airbus A380. Finalmente tomaría a decisión de cancelar estes pedidos a finais dese mes.[2]

En xaneiro de 2014 Air Ausral contaba cunha frota de 8 avións cunha idade media de 5,2 anos.[3]

Frota de Air Austral
Avión Total Pasaxeiros Notas
ATR 72-500 2 64
Airbus A380-800 (2 pedidos)
Boeing 737-800 2 162
Boeing 777-200LR 1 364
Boeing 777-300ER 3 442
  1. TourMag.com (ed.). "Air Austral : renfort de la flotte et ouverture Bordeaux et Nantes en février 2011". Consultado o 15 de abril de 2014. 
  2. NYC Aviation (ed.). "Air Austral Cancels Orders for 840-Seat A380s". Consultado o 16 de maio de 2014. 
  3. Plannespotters (ed.). "Frota de Air Austral". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 15 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]