Raposo do mar
Raposo do mar (Alopias vulpinus) Rango fósil: eoceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Alopias vulpinus (Bonnaterre, 1788) | |||||||||||||||||||||
Distribución confirmada (azul escuro)
e sospeitada (azul claro) do raposo do mar | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Raposo do mar,[2][3][4] raposo de mar,[5] peixe raposo,[2] tiburón raposo [6] ou simplemente raposo,[2][6] camarín [2][4] ou golpe [4] son, entre outros, os nomes cos que se coñece en galego a especie Alopias vulpinus, peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), familia dos alopíidos —tamén grafada alópidos— (Alopiidae) integrante do xénero Alopias, único co que conta dita familia,[7] especie caracterizada pola súa extraordinaria cola, que mide case tanto como o resto do corpo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Alopias, deriva go grego ἀλώπηξ alópex, "raposo".[8] O específo, vulpinus ("raposuno", "arraposado") do latín vulpēs, -is, "raposo".
Clasificación
[editar | editar a fonte]Taxonomía
[editar | editar a fonte]Familia Alopiidae Bonaparte, 1838
- Xénero Alopias Rafinesque, 1810
- Alopias pelagicus H. Nakamura, 1935
- Alopias superciliosus R. T. Lowe, 1841
- Alopias vulpinus (Bonnaterre, 1788)
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Cladograma da filoxenia da familia Alopiidae [9][10]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Características do raposo de mar
[editar | editar a fonte]As principais características do raposo do mar son:[3][4]
- A principal característica, que fai a esta especie inconfundíbel, é a lonxitude extraordinaria do lobo superior da súa aleta cuadal, algo recurvado cara a abaixo e rematado en punta, que é case igual á do resto do corpo; pola contra, o lobo inferior é moi pequeno.
- O corpo é máis ou menos cilíndrico, forte, e co pedúnculo caudal moi delgado e sen quillas laterais, aínda que con fendeduras precuadais. Estes animais poden medir (as femias) até 5 m ou máis (a lonxitude máxima rexistrada foi de 5,49 m), estando os machos adultos comunmente entre os 3,19 e os 4,20 m, e as femias entre os 3,76 e os 5,49.
- A cabeza é pequena, co fociño curto e arredondado no seu extremo, con ollos relativamente grandes e sen estrías sobre as fendeduras branquiais, aínda que con engurras labiais. Ten 5 fendeduras branquiais, a terceira das cales está xusto enriba da orixe das aletas pectorais.
- A boca, ventral, é relativamente pequena, armada de dentes pequenos, case triangulares e cos bordos rugosos, dispostos en 29 fileiras en cada maxilar.
- Presenta dúas aletas dorsais, a primeira na metade do lombo, e a segunda, moi pequena, situada no comezo do pedúnculo caudal, á altura da aleta anal, tamén pequena. As aletas pectorais son longas, relativamente anchas e rematadas en punta.
- A coloración do dorso é cincenta azulada, contrastando coa branca brillante da rexión ventral.
Historia natural do raposo de mar
[editar | editar a fonte]- É unha especie costeira que vive nas plataformas continentais e insulares, e epipeláxico cando vive en mar aberto, a longa distancia da costa (o que adoitan faceren os individuos adultos); a profundidade máxima alcanzada rexistrada é de 366 m.[4]
- Nadador moi activo, o raposo do mar aliméntase, en solitario ou en pequenos grupos (moitas veces en parellas) de peixes, perseguindo pequenos cardumes dos que separa algúns individuos rodeándoos coa súa cola, que actúa a xeito de látego. Consome sobre todo clupeidos ( sardiñas, arenques), xardas e lanzóns, pero tamén luras, polbos e crustáceos peláxicos.[3][4]
- É ovovivíparo, con camadas de 2 a 4 crías, que miden ao nacer entre 114 e 150 cm, presentando quizais canibalismo intrauterino, como outros lamniformes.[4]
Estado de conservación do raposo de mar
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a situación do raposo do mar na actualidade cualifícase, na súa "lista vermella", como VU (especie vulnerábel).[11][12]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Frecuente nas augas galegas, pódese ver o raposo de mar nas lonxas da Coruña e Vigo, ás que chega xa sen a cola, que os mariñeiros cortan ao subilos a bordo [Cómpre referencia]. Péscase con palangre.[3][13]
As outras especies da familia
[editar | editar a fonte]- Alopias pelagicus, que poderiamos denominar raposo do mar peláxico de acordo co seu nome científico,[14] vive nos océanos Índico e Pacífico a profundidades entre os 0 e os 500 m, e é o máis pequeno dos membros da familia, xa que ten unha lonxitude media de 3 m (aínda que pode chegar aos 4 m). Ten o dorso azul, e a súa coloración vai pasando progresivamente á gris, e despois á branca no ventre. Como todos os raposos do mar ten unha cola moi longa (ás veces tan longa como o resto do corpo), fociño curto e grandes ollos, aínda que máis pequenos que os de Alopias superciliosus, distinguíndose de Alopias vulpinus polas súas aletas pectorias menos afiadas.
A súa poboación exacta e a súa distribución son mal coñecidas debido a que se confunde coa das outras dúas especies da familia; porén, a forte explotación das tres especies (especialmente pola pesca deportiva), o raposo do Pacífico estivo clasificado como vulnerábel, aínda que na actualidade non figura na lista de especies protexidas. - Alopias superciliaris vive en océanos e mares a latitudes comprendidas entre os 46 °N e os 40 °S, no Atlántico, Mediterráneo, Pacífico e Índico, a profundidades de entre 0 e polo menos os 500 m. A súa lonxitude máxima é de case 5 m (máxima rexistrada, 4,88 m; máis tipicamente, de 1,5 a 3,5 m). Distínguese das outras especies de alopíidos polos seus grandes ollos, o que xustificaría o nome vulgar de raposo do mar de ollos grandes, como os que se lle dan en inglés e francés, bigeye threser e requin-renard à gros yeux ou renard de mer à gros yeux, respectivamente).[15] Outra característica é que adultos e embrións presentan un suco horizontal prominente, estendido cara a atrás desde as aberturas branquiais, e por non presentaren suco labial. A súa coloración é parda agrisada escura na parte dorsal do corpo e branca crema na ventral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bourdon, J. (2009): Fossil Genera: Alopias en ITIS (Integrated Taxonomic Information System). The Life and Times of Long Dead Sharks. Consultada o 9/12/2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. Verba. Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, pp. 167-168 (citado como Alopias vulpes).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 36
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 52-53.
- ↑ "Dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 184.
- ↑ Ranier Froese e Daniel Pauly, (eds.) (2010): Alopias vulpinus en FishBase, verisón 7 de xaneiro de 2010. (en inglés) Consultada o 8/12(2012.
- ↑ Alopias en myEtymology.
- ↑ Eitner, B. (1995): "Systematics of the Genus Alopias (Lamniformes: Alopiidae) with Evidence for the Existence of an Unrecognized Species" Copeia, 1995 (3): 562–571. American Society of Ichthyologists and Herpetologists. Resumo
- ↑ Sims, D. W. (2008): Advances in Marine Biology, Volume 54. Academic Press. ISBN 0-12-374351-6, p. 175.
- ↑ Goldman, K. J.; Baum, J.; Cailliet, G. M.; Cortés, E.; Kohin, S.; Macías, D.; Megalofonou, P.; Pérez, M.; Soldo, A. & Trejo, T. (2007): Alopias vulpinus na Lista Vermella da IUCN, edición 2010.2
- ↑ Un SOS mundial por los tiburones Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Diario La Voz de Galicia, 8/1/2011. Consultada o 8/12/2012.
- ↑ Pontedeume, con 'p' de paladar Diario La Voz de Galicia, 6/3/2008. Consultada o 8/12/2012.
- ↑ Lahuerta e Vázquez adxudícanlle o nome de tiburón raposo do Índico
- ↑ Lahuerta e Vázquez, Op. cit., danlle o nome principal de tiburón raposo ollón e, como sinónimo, raposo ollón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Raposo do mar |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de raposo de mar |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Raposo do mar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Para o raposo do mar común
[editar | editar a fonte]- Alopias vulpinus en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.
- Alopias vulpìnus en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 8/12/2012.
Para as outras dúas especies
[editar | editar a fonte]- Alopis pelagicus en FishBase. (en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Alopias pelagicus en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.
- Alopias pelagicus en CCBI. (en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Alopias superciliosus en FishBase.(en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Alopias superciliosus en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.
- Alopias superciliosus en Shark database. (en inglés) Consultada o 9/12/2012.
- Alopias superciliosus en World Register of Matine Species. (en inglés) Consultada o 9/12/2012.