(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Anarquismo individualista - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Anarquismo individualista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O anarquismo individualista é unha tradición filosófica anarquista que enfatiza a soberanía do individuo. A súa orixe amósase na obra dos europeos William Godwin, Pierre Joseph Proudhon, Emile Armand, Oscar Wilde, Han Ryner e Max Stirner e os americanos Josiah Warren, Benjamin Tucker, Lysander Spooner, Ezra Heywood, Stephen Pearl Andrews e Henry David Thoreau. Entre os anarquistas individualistas actuais atópanse Robert Anton Wilson, Joe Peacott, Daniel Burton, Kevin Carson e Keith Preston. Algunhas veces considerado unha evolución radical do liberalismo clásico. O anarcoindividualismo propón unha sociedade onde cadaquén é o seu propio dono e posúe a súa propia propiedade, baseándose nunha asociación voluntaria e horizontal.