(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Anduin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Anduin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do río Anduin e das áreas próximas

No legendarium do escritor inglés J. R. R. Tolkien, Anduin o Grande[1] (An(d)= longo, e duin = río en sindarin[2][3]) é un río ficticio que fica ó leste das Hitaeglir. O Anduin percorre aproximadamente 2500 quilómetros até a súa foz na baía de Belfalas, formando un delta chamado Ethir Anduin. No seu curso pasa a carón de importantes lugares na cosmoloxía tolkiniana como a fervenza Rauros, Caor Andros ou Minas Tirith.[4] Frecuentemente, durante a Segunda Idade e Terceira Idade fixo as veces de raia entre varios reinos.

Durante os Anos das Árbores os elfos marcharon cara ó oeste. Algúns dunha das tres liñaxes destes elfos, os teleri, seguiron o curso do Anduin cara ó sur pasando a ser denominados nandor, os que tornan. Estes elfos nunca chegaron a Valinor e decidiron asentarse nos bosques da rexión.

No val formado no seu tramo superior habitan os hobbits sendo a rama dos Nidios os que máis se achegaban á ribeira para vivir[5].

Foi neste río onde Isildur perdeu o Anel Dominante que posteriormente atoparía o hobbit Déagol e tempo despois a Irmandade do Anel tamén recorreu o Anduin, xa que foi a carón del onde a Irmandade se despediu de Galadriel e de Celeborn deixando atrás Lothlórien.

  1. J.R.R. Tolkien, El Silmarillion, booket, 2006, p.58
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 03 de xaneiro de 2018. 
  3. J.R.R Tolkien, El Silmarillion, booket, 2006, p.421
  4. F. Schneidewind, Diccionario Tolkien, Plaza&Janés, p.13
  5. Karen Wynn, Atlas de la Tierra Media, timunmas, 2003, p.64