(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Angela Davis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Angela Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAngela Davis

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Birmingham (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California en San Diego
Universidade Brandeis - Doutora en filosofía
Universidade Humboldt de Berlín
Elisabeth Irwin High School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseHerbert Marcuse Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFeminismo, movimento pacifista (pt) Traducir e Activismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, política, activista polos dereitos das mulleres, preso político, feminista, profesora universitaria, filósofa, autobiógrafa, Activista polos dereitos humanos, profesora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) Traducir (–1991) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Selo discográficoAlternative Tentacles Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoKamari Maxine Clarke (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
IrmánsFania Davis
Ben Davis Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Encyclopedia of African American Women Writers (en) Traducir
Biographical Dictionary of the American Left (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0204171 Allocine: 164496 Allmovie: p362880
Facebook: AngelaDavis26 BNE: XX1246979 Musicbrainz: f7f214e2-7783-40d0-a253-9e4141669722 Songkick: 430641 Discogs: 693648 Allmusic: mn0000044662 WikiTree: Davis-106340 Editar o valor en Wikidata

Angela Yvonne Davis, nada en Birmingham (Alabama) o 26 de xaneiro de 1944, é unha profesora e filósofa socialista estadounidense. Alcanzou notoriedade mundial na década de 1970 como integrante do Partido Comunista dos Estados Unidos, dos Panteras Negras, pola súa militancia polos dereitos das mulleres e contra a discriminación social e racial nos Estados Unidos e por ser protagonista dun dos máis polémicos e famosos xuízos criminais da recente historia dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Angela naceu no estado do Alabama, un dos máis racistas do sur dos Estados Unidos e desde cedo conviviu con humillacións de cuño racial na súa cidade.[1] Lectora voraz de pequena, aos 14 anos participou dun intercambio escolar que ofrecía bolsas de estudo para estudantes negros do sur en escolas integradas do norte do país, o que a levou a estudar no Greenwich Village, en Nova York, onde coñeceu o comunismo e o socialismo teórico, sendo recrutada para unha organización comunista de estudantado novo.[2]

Na década de 1960, Angela tornouse militante do partido e participante activa dos movementos negros e feministas[3] que sacudían a sociedade norteamericana da época, primeiro como afiliada da SNCC de Stokely Carmichael e despois de movementos e organizacións políticas como o Black Power e os Panteras Negras.

O 18 de agosto de 1970, Angela Davis converteuse na terceira muller en integrar a Lista dos dez fuxitivos máis procurados do FBI, ao ser acusada de conspiración, secuestro e homicidio, a causa dunha suposta conexión súa cunha tentativa de fuga do tribunal do Palacio de Xustiza do Condado de Marin, en California.[4]

Durante o verán daquel ano, Angela estaba envolta nos esforzos dos Panteras Negras para conquistar o apoio da sociedade a tres militantes presos, George Jackson, Fleeta Drumgo e John Clutchette, coñecidos como os “Irmáns Soledad”, por seren encarcerados no penal de Soledad, no condado de Monterey[5].

O día 7 de agosto, Jonathan Jackson, o irmán de 17 anos de George, en compañía doutros dous rapaces, interrompeu armado un xuízo nun tribunal na tentativa de axudar a fuga do reo do caso que estaba sendo xulgado, o seu amigo James McClain, acusado de acoitelar un policía. Jonathan e os seus amigos levantáronse do medio da asistencia na sala do xurado e renderon todos no recinto, conducindo o xuíz, o fiscal e varios xurados para unha furgoneta estacionada fóra. Ao entrar na furgoneta, Jackson berrou que quería os “Irmáns Soledad soltos ás 12:30 do día en troco da vida dos reféns”.[6][7]

No tiroteo que se seguiu coa persecución policial ao grupo, Jonathan e un amigo foron mortos pola policía, non sen antes mataren o xuíz Harold Haley cun tiro na gorxa. O fiscal raptado quedou paralítico cun tiro da policía. As investigacións que se seguiron identificaron a arma de Jonathan como rexistrada a nome de Angela Davis.

Manifestación en Boston pola liberación de Angela Davis, 1970.

Coa súa prisión decretada polo estado da California e o FBI na súa procura, Angela fuxiu do estado e desapareceu durante dous meses, sendo obxecto dunha das maiores cazarías humanas do país na época, acompañada día a día polos medios de comunicación, até ser prendida en Nova York en outubro. O xuízo de dezaoito meses que seguiu, colocou unha muller negra, moza, culta, asesorada por un equipo brillante de avogados, no centro das atencións da prensa nun caso que só sería igualado décadas despois polo xuízo de O. J. Simpson. Nos longos debates na corte, non só o caso criminal asociado veu a luz, mais unha gran discusión sobre a condición negra na sociedade norteamericana foi trabada. Manifestacións diarias pola súa liberación e absolución ocorrían fóra do tribunal e por todo o país, transmitidas en vivo pola televisión.

Dezaoito meses despois do inicio do xuízo, Angela foi absolta de todas as acusacións e liberada. John Lennon e Yoko Ono lanzaron a música Angela na súa homenaxe e os Rolling Stones gravaron Sweet Black Angel, cuxa letra falaba dos seus problemas legais e pedía a súa liberación.

Celebridade e liberdade

[editar | editar a fonte]

Finalmente libre, Angela foi temporalmente para Cuba, seguindo os pasos dos seus amigos, os activistas radicais Huey Newton e Stokely Carmichael. A súa recepción na illa polos negros cubanos nun acto público de masas foi tan entusiástica que ela mal puido discursar. De acordo con Carlos Moore, un escritor bastante crítico das relacións raciais na Cuba comunista, a súa visita ao país causou grande impacto entre a poboación negra nun tempo no que as expresións de identidade racial eran ben raras en Cuba. As súas credenciais revolucionarias permitíronlles aos nativos identificárense en público cos seus pensamentos, sen medo de seren cualificados de contrarrevolucionarios polo goberno cubano.

En 1975, a militante socialista envolveuse nun novo embate polémico, cando nun discurso contra ela o disidente ruso Aleksandr Solzhenitsyn, en Nova York, acusouna de hipocrisía pola súa simpatía coa Unión Soviética, xa que omitía as condicións dos presos políticos so o réxime comunista. Na súa crítica, Solzhenitsyn mencionaba unha carta de presos políticos checos enderezada a Angela, na cal pedían socorro, esperando que a súa condición de celebridade comunista contribuíse para libralos da persecución do Estado, e que denunciase as duras condicións de supervivencia na cadea. Estes dicíanse vítimas da mesma inxustiza que a propia Angela sufrira antes deles, pois tampouco tiñan culpa, mais estaban presos. A resposta de Angela: “Merecen o que tiveron, que continúen na prisión!”, repercutiu moito nos medios de comunicación da época.

Posterioridade

[editar | editar a fonte]

Angela Davis presentouse á candidatura á vicepresidencia dos Estados Unidos en 1980 e 1984 como compaña directa de Gus Hall, presidente do Partido Comunista Americano, tendo unha votación irrisoria. Continuou a súa carreira de activista política e escribiu diversos libros, principalmente sobre as condicións carcerarias no país.

Non se considera unha reformista das prisións, senón unha abolicionista. Nas súas conferencias, refírese sempre ao sistema carcerario dos Estados Unidos como a un complexo industrial de prisións; avoga como solución para o problema a extinción do cumprimento de penas en presidios. Apuntando a maioría de negros e latinos entre os presidiarios do país, atribúe a causa diso á orixe da clase e raza dos penados.

Nos últimos anos, continúa a pronunciar discursos e conferencias, principalmente en ambientes universitarios e mantense como unha figura prominente na loita pola abolición da pena de morte en California. En 1977-1978 foille atribuído o Premio Lenin da Paz.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2021, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[8]

  1. Davis, Angela Yvonne (marzo de 1989). "Rocks". Angela Davis: An Autobiography. Nova York: International Publishers. ISBN 0-7178-0667-7. 
  2. Davis, Angela. "Angela Davis Graduates 1965". Brandeis WGS 35. Consultado o 30 de abril de 2015. 
  3. "Angela Davis, la pantera negra del feminismo total: "Hay que dejar muy claro que la categoría 'mujer' no es unitaria"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  4. Timothy, Mary (1974). Jury Woman. Palo Alto, California: Emty Press. Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  5. "Angela Davis Biography: Academic, Civil Rights Activist, Scholar, Women's Rights Activist". biography. A&E Television Networks, LLC. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  6. Aptheker, Bettina (1997). The Morning Breaks: The Trial of Angela Davis. Cornell University Press. 
  7. "Search broadens for Angela Davis". Eugene Register-Guard. Associated Press. 17 de agosto de 1970. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  8. ""El gènere no es pot separar de la raça i la classe, hem d'abordar les causes sistèmiques de l'explotació”". upf.edu (en catalán). 10 de marzo de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]