(Translated by https://www.hiragana.jp/)
As bestas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

As bestas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As bestas
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalAs bestas
DirectorRodrigo Sorogoyen
Guión
Intérpretes
MúsicaOlivier Arson
FotografíaAlex de Pablo
MontaxeAlberto del Campo
EstudioArcadia Motion Pictures
Caballo Films
Cronos Entertainment
Le Pacte
DistribuidoraA Contracorriente Films
EstreaFestival de Cannes: 26 de maio de 2022
Duración137 minutos
OrixeEspaña España
Francia
XéneroSuspense
Recadación7.019.991,82 €[1]
Na rede
IMDB: tt15006566 Filmaffinity: 227540 Allocine: 297016 Rottentomatoes: m/the_beasts Allmovie: vm12996695227 Metacritic: movie/the-beasts Editar o valor en Wikidata

As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán.[2] Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla,[3] o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.

Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.

As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).

Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.[4][5]

Baséase na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Luis Zahera co Goya ao mellor actor secundario pola súa interpretación de Xan Anta.

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme foi producido por Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Cronos Entertainment e Le Pacte, coa participación de RTVE, Movistar+, Canal+ e Cine+, o apoio de Eurimages e financiamento de ICAA.[2] O guión foi escrito conxuntamente entre Isabel Peña e Sorogoyen.[5] Entre o equipo de produción están moitos colaboradores habituais de Sorogoyen (como o compositor Olivier Arson, o director de fotografía Alex de Pablo e o editor de filmes Alberto del Campo).[2]

Sorogoyen informou de que rodaría o filme "como un western".[4] A rodaxe comezou o 16 de setembro de 2021 e rematou o 13 de decembro de 2021.[2][10] As localizacións da rodaxe inclúen O Bierzo e a Galicia interior.[11]

As bestas estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 26 de maio de 2022,[12] proxectándose fóra de competición na sección Cannes Première.[13][14] O filme estreouse nos cinemas franceses o 20 de xullo de 2022.[15][16] Tamén se proxectou na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia en setembro de 2022, como parte da lista de filmes 'Pearls'.[17][18] Tamén foi escollido na lista principal do 35º Festival Internacional de Cinema de Toquio (para a súa estrea asiática).[19] Dende abril de 2022, ten unha data provisional de estrea en cinemas en España fixada para o 11 de novembro de 2022.[20]

Entrada para o filme As bestas en Cantones Cines da Coruña.

Wendy Ide de ScreenDaily considerou que o filme é "un suspense psicolóxico estupendo e unha peza de cinema melancólica e musculosa que aproveita ao máximo tanto o telón de fondo galego como o impoñente físico de Menochet e o seu némesis Xan, o notable Luis Zahera.[9]

Manu Yáñez de Fotogramas valorou o filme con 3 de 5 estrelas, escribindo que Sorogoyen "mostra o seu talento para xerar situacións cargadas de hostilidade flagrante", valorando "a forma en que Sorogoyen xestiona o tempo de cada escena", sendo o mellor do filme, ao tempo que debuxa o "retrato grotesco dos habitantes do rural galego”, próximo á caricatura, como o peor da mesma.[21]

Nunha reportaxe na Radio Galega fixéronse eco de críticas en redes sociais e xornais polo que cualificaron de "torva e inaceptable mirada sobre Galicia"[22] e de presentar o país como diferente, mais non pola súa cultura "senón polo seu primitivismo brutal".[23]

En agosto de 2022, os membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España escolleu As bestas na súa preselección de tres filmes para a súa candidatura ao mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar xunto a Alcarràs e Cinco lobitos.[24] O filme foi nomeado ademais a 17 premios Goya.[25]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Galardón Categoría Candidato(s) Resultado Ref.
2022 Festival Internacional de Cinema de Donostia Premio do Público Cidade de Donostia/San Sebastián ao Mellor Filme Europeo As bestas Gañador [26]
Festival Internacional de Cinema de Chicago Hugo de Ouro Nomeado [27]
Silver Hugo for Best Ensemble Performance Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera, Diego Anido e Marie Colomb Gañador [28]
Festival Internacional de Cinema de Toquio Gran Premio As bestas Gañador [29]
Mellor director Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor actor Denis Ménochet Gañador
Premios Forqué Mellor filme As bestas Gañador [30][31]
Mellor actor Denis Ménochet Gañador
2023 Premios Lumières Mellor actor Denis Ménochet Nomeado [32]
Mellor coprodución internacional Gañador
Premios Feroz Mellor filme dramático Ignasi Estapé, Sandra Tapia, Ibon Cormenzana, Eduardo Villanueva Gañador [33][34][35]
Mellor director Rodrigo Sorogoyen Nomeado
Mellor guión Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña Nomeado
Mellor actriz Marina Foïs Nomeado
Mellor actor Denis Ménochet Nomeado
Mellor actor secundario Diego Anido Nomeado
Luis Zahera Gañador
Mellor banda sonora Olivier Arson Gañador
Mellor trailer Miguel Ángel Trudu Nomeado
Mellor póster Jordi Rins, Lucía Faraig Nomeado
Premios Carmen Mellor filme non andaluz Gañador [36]
Premios CEC Mellor filme Gañador [37][38]
Mellor director Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor actor Denis Ménochet Gañador
Mellor actriz Marina Foïs Gañador
Mellor actor secundario Luis Zahera Gañador
Diego Anido Nomeado
Mellor actriz secundaria Marie Colomb Nomeado
Luisa Merelas Nomeado
Mellor guión orixinal Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor fotografía Alex de Pablo Gañador
Mellor montaxe Alberto del Campo Gañador
Mellor música Oliver Arson Gañador
Premios Goya Mellor filme Gañador [39][40]
Mellor dirección Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor guión orixinal Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor actor Denis Ménochet Gañador
Melor actriz Marina Foïs Nomeado
Mellor actor secundario Diego Anido Nomeado
Luis Zahera Gañador
Mellor actriz secundaria Marie Colomb Nomeado
Mellor fotografía Álex de Pablo Gañador
Mellor montaxe Alberto del Campo Gañador
Mellor música orixinal Olivier Arson Gañador
Mellor son Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas Gañador
Mellor dirección artística José Tirado Nomeado
Mellor deseño de vestiario Paola Torres Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Irene Pedrosa, Jesús Gil Nomeado
Mellores efectos especiais Óscar Abades, Ana Rubio Nomeado
Mellor dirección de produción Carmen Sánchez de la Vega Nomeado
Premios César Mellor filme estranxeiro Gañador [41][42]
Premios da Unión de Actores e Actrices Mellor actriz Marina Foïs Pendente [43]
Mellor actor Denis Ménochet Pendente
Mellor actor secundario Luis Zahera Pendente
Mellor actriz secundaria Marie Colomb Pendente
Mellor actor novel Diego Anido Pendente
Premios Platino Mellor actor secundario Luis Zahera Gañador [44]
Mellor director Rodrigo Sorogoyen Gañador
Mellor son Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas Gañador
Mellor montaxe Alberto del Campo Gañador
  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de As bestas". Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Rodrigo Sorogoyen rueda su producción cinematográfica "más ambiciosa": ‘As Bestas’". Audiovisual451. 29 de setembro de 2021. 
  3. Lede, Adrián (13 de novembro de 2022). "El Crimen de Santoalla: El homicidio que conmocionó Galicia e inspiró la película 'As Bestas'". Quincemil – vía El Español. 
  4. 4,0 4,1 Hopewell, John (7 de xullo de 2021). "‘Madre’s’ Rodrigo Sorogoyen Preps ‘As Bestas’ with Le Pacte, Arcadia, Caballo (EXCLUSIVE)". Variety. 
  5. 5,0 5,1 "Sorogoyen rueda 'As Bestas', un thriller ambientado en el rural gallego". EFE. 29 de setembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 As Bestas – Press kit by Le Pacte (in French)
  7. "As bestas". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  8. "Rodrigo Sorogoyen: "Estrenar As bestas en Cannes es un sueño"". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2022. 
  9. 9,0 9,1 Ide, Wendy (27 de maio de 2022). "‘The Beasts’: Cannes Review". ScreenDaily. 
  10. "Rodrigo Sorogoyen finaliza el rodaje de ‘As Bestas’, producida por Arcadia, Caballo Films, Cronos Entertainment y Le Pacte". Audiovisual451. 16 de decembro de 2021. 
  11. Novás, G. (30 de setembro de 2021). "Avanza en Galicia y El Bierzo el rodaje del "thriller" de Sorogoyen "As bestas"". La Voz de Galicia. 
  12. Martínez, Luis (26 de maio de 2022). "'As bestas' culmina el viaje de Sorogoyen al alma de un cine tan tenso como iluminado". El Mundo. 
  13. Keslassy, Elsa (29 de abril de 2022). "Cannes Festival Adds Two More Films to 2022 Official Selection". Variety. 
  14. "'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, tendrá su estreno en el Festival de Cannes". rtve. 29 de abril de 2022. 
  15. Orozco, Edouard (22 de maio de 2022). "As Bestas : bande-annonce sous tension pour le nouveau Rodrigo Sorogoyen". Premiere. 
  16. Belinchón, Gregorio (26 de maio de 2022). "‘As bestas’, viaje a los infiernos rurales de la mano de Rodrigo Sorogoyen". El País. 
  17. "San Sebastián 2022: las películas españolas más esperadas que se verán en el festival". Cinemanía. 15 de xullo de 2022 – vía 20minutos.es. 
  18. Loureda, Carlos (18 de setembro de 2022). "'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, Antígona en la Galicia caníbal". Fotogramas. 
  19. Noh, Jean (21 de setembro de 2022). "Tokyo International Film Festival unveils line-up for first full-scale physical edition in three years". ScreenDaily. 
  20. Aller, María (26 de abril de 2022). "Las películas españolas que llegarán en 2022". Fotogramas. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  21. Yáñez, Manu (28 de maio de 2022). "Crítica de 'As bestas': Rodrigo Sorogoyen remueve la sangre de la Galicia profunda". Fotogramas. 
  22. "«As bestas» y Sorogoyen, torva e inaceptable mirada sobre Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-27. Consultado o 2022-12-30. 
  23. Diario, Nós (2022-12-13). "Sobre 'As bestas'". Nós Diario. Consultado o 2022-12-30. 
  24. Belinchón, Gregorio (25 de agosto de 2022). "‘Alcarràs’, ‘Cinco lobitos’ y ‘As bestas’, preseleccionadas por España para el Oscar". El País. 
  25. "As bestas » Premios Goya 2023". www.premiosgoya.com. Consultado o 2022-12-30. 
  26. Roxborough, Scott (24 de setembro de 2022). "‘The Kings of the World’ Wins San Sebastian Film Festival Golden Shell for Best Film". The Hollywood Reporter. 
  27. Kay, Jeremy (16 de setembro de 2022). "‘No Bears’, ‘Saint Omer’ among Chicago fest international selections (exclusive)". Screen Daily. Consultado o 2 de outubro de 2022. 
  28. "58th Chicago International Film Festival Reveals Award Winners". RoberEbert.com. 21 de outubro de 2022. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  29. Rosser, Michael (2 de novembro de 2022). "Rodrigo Sorogoyen's 'The Beasts' wins three awards at Tokyo film festival". ScreenDaily. 
  30. "Alcarràs', 'Cinco lobitos', 'As bestas' y 'Modelo 77', finalistas en los Premios Forqué". rtve.es. 7 de novembro de 2022. 
  31. "'As bestas' triunfa en los Forqué y pone al rojo vivo la lucha por los Goya". rtve.es. 17 de decembro de 2022. 
  32. Goodfellow, Melanie (16 de xaneiro de 2023). "Dominik Moll’s ‘The Night Of The 12th’ & Albert Serra’s ‘Pacification’ Lead Prizes At French Lumière Awards". Deadline Hollywood. 
  33. "'La Ruta' y 'As bestas', entre las favoritas de los Premios Feroz 2023: consulta la lista de nominados". ¡Hola!. 24 de novembro de 2022. 
  34. "X Premios Feroz". Asociación de Informadores Cinematográficos de España. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  35. Gualda, Lucía (29 de xaneiro de 2023). "Premios Feroz, en directo: los premiados a mejor película, mejor serie y mejor actriz y actor protagonistas". Vanitatis – vía El Confidencial. 
  36. "Modelo 77 triunfa en los Carmen: Así ha quedado el palmarés". Ideal. Grupo Vocento. 5 de febreiro de 2023. 
  37. "'As bestas' y 'Cinco lobitos', las más nominadas a las Medallas CEC". Cine con Ñ. 15 de decembro de 2022. 
  38. Sánchez Sequera, Marcos (7 de febreiro de 2023). "‘As bestas’ brilla en los Premios del Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC)". Audiovisual451. 
  39. "'As bestas' es la favorita de los Premios Goya del relevo generacional: listado de nominaciones". Cinemanía. 1 de decembro de 2022 – vía 20minutos.es. 
  40. "Ganadoras Premios Goya 2023 en directo". Fotogramas. 11 de febreiro de 2023. 
  41. "'As Bestas' leva o premio César 2023 a Mellor Película Estranxeira". Nós Diario. 25 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  42. Leffler, Rebecca (25 de xaneiro de 2023). "‘The Innocent’, ‘The Night Of The 12th’ lead nominations for France’s Cesar Awards". ScreenDaily. 
  43. Aller, María (31 de xaneiro de 2023). "Premios Unión de Actores 2023: conoce a los nominados de la XXXI edición". Fotogramas. 
  44. Redacción (23 de abril de 2023). "'Arxentina, 1985' e 'As bestas', grandes triunfadoras nos Premios Platino". nosdiario.gal. Consultado o 23 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ariane Allard, « Regarde les hommes se battre (et tomber) », Positif, 737-738, Institut Lumière/Actes Sud, París, xullo-agosto de 2022, páx. 124, 0048-4911.
  • Propos de Rodrigo Sorogoyen recueillis par Yves Alion, « A propos de As Bestas », L'Avant-scène Cinéma, 694, Alice Edition, París, xuño de 2022, páx. 174-179, 0045-1150

Outros artigos

[editar | editar a fonte]