Década de 1990
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
A década dos anos 90 do século XX ou, popularmente coñecida como os 90 ou decenio de 1990, comprende o período de tempo que se deu dende o 1 de xaneiro de 1990 ao 31 de decembro de 1999. A caída do muro de Berlín e o derrubamento da Unión Soviética a finais de 1991 abriron unha época coñecida como a post Guerra Fría. O colapso soviético liquidou a antiga política de bloques bipolar, iniciada após o final da segunda guerra mundial e deu paso a un novo cadro internacional cos Estados Unidos como única superpotencia.
1990
- Artigo principal: 1990.
- 1 de xaneiro - O presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceausescu.
- 3 de xaneiro - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese as forzas estadounidenses.
- 20 de xaneiro - Xaneiro Negro foi unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azarís.
- 11 de marzo - independencia de Lituania.
- 24 de abril - o transbordador espacial Discovery pon en órbita o telescopio espacial Hubble
- 3 de outubro - A Alemaña Oriental e a Occidental unifícanse definitivamente.
- 11 de outubro - Un artefacto explosivo colocado por membros do EGPGC mata tres persoas na discoteca Clangor de Santiago de Compostela.
- 1 de decembro - As dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra.
- 9 de decembro - Lech Wałęsa vence nas eleccións presidenciais polacas.
- 23 de decembro - A República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.
1991
- Artigo principal: 1991.
- 16 de xaneiro - Unha coalición internacional liderada por Estados Unidos comeza a operación Tormenta do Deserto, para obrigar ó exército de Saddam Husayn a retirarse de Kuwait.
- 26 de maio - Celébranse as IV Eleccións municipais en España desde a Transición.
- 20 de agosto - Estonia independízase da Unión Soviética.
- 24 de agosto - Ucraína declárase independente da URSS.
- 25 de agosto - Belarús declárase independente.
- 27 de agosto - Independencia da Moldova.
- 31 de agosto - Kirguizistán declara a súa independencia.
- 1 de setembro - Uzbekistán declárase independente.
- 9 de setembro - Taxiquistán declárase independente.
- 19 de setembro - Áchase nos Alpes de Venoste, no glaciar do Similaun, a momia de Ötzi ou momia do Similaun (dito tamén home de Similaun e home dos xeos).
- 23 de setembro - Armenia declárase independente da URSS.
- 27 de outubro - Independencia de Turkmenistán.
- 1 de decembro - Panamá recibe o control do Canal do Panamá.
- 8 de decembro - Os líderes de Rusia, Belarús e Ucraína deciden disolve-la URSS e crea-la Comunidade de Estados Independentes.
- 16 de decembro - Independencia do Casaquistán.
- 26 de decembro - Disólvese a URSS.
1992
- Artigo principal: 1992.
- 1 de xaneiro: na Arxentina, o peso substitúe o austral como moeda arxentina.
- 2 de xaneiro: entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na CE.
- 2 de xaneiro: Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna.
- 4 de xaneiro: George H. W. Bush anuncia o fin do embargo imposto a Camboxa durante 17 anos.
- 5 de abril: independencia de Bosnia e Hercegovina.
- 25 de novembro: prodúcese o Divorcio de Veludo, a Asemblea Federal checoslovaca vota a favor de dividir o país en dous.
1993
- Artigo principal: 1993.
- 1 de xaneiro: entrada en vigor do Mercado Único Europeo.
- 1 de xaneiro: Checoslovaquia divídese en dous novos Estados: Chequia e Eslovaquia.
- 2 de xaneiro: as tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra.
- 3 de xaneiro: en Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística.
- 4 de xaneiro: Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior.
- 20 de febreiro: lanzamento do observatorio espacial xaponés ASCA.
- 30 de outubro: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel[1].
- 1 de novembro: entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea.
- 10 de decembro: a UNESCO declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade.
1994
- Artigo principal: 1994.
- 1 de xaneiro: entran en funcionamento o Espazo Económico Europeo (EEE) e o Tratado de Libre Comercio (TLC) do Canadá, os Estados Unidos e México.
- 1 de xaneiro: Guerrilleiros do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) inician unha rebelión no estado mexicano de Chiapas contra a pobreza do campesiñado indíxena.
- 3 de xaneiro: O avión Tupolev TU-154 da Aeroliña Rusa estrélase e estoupa pouco despois de engalar de Irkhutsk, Rusia, morrendo 125 persoas.
- 4 de xaneiro: Inaugúrase en Xenebra a Corte de Justicia da Asociación Europea de Libre Cambio (EFTA).
- Camilo José Cela recibe o Premio Planeta polo libro La Cruz de San Andrés.
- 18 de xaneiro: ten lugar o evento de Cando;
- 3 de agosto - Lanzamento do satélite artificial APEX.
1995
- Artigo principal: 1995.
- O Tratado de Dayton establece a división de Bosnia e Hercegovina en dúas entidades: a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia.
- 1 de xaneiro, creación da Organización Mundial do Comercio.
- 1 de xaneiro, cuarta ampliación da Unión Europea, que conta quince países membros ó integrarse oficialmente Austria, Finlandia e Suecia.
- 1 de xaneiro, as tropas rusas toman Grozni durante a primeira guerra con Chechenia.
- 28 de maio, celébranse as V Eleccións municipais en España desde a Transición.
- 30 de novembro, O Consello de Ministro da Unión Europea designa a Santiago de Compostela como Cidade Europea da Cultura no ano 2000, xunto a outras cidades europeas.
1996
- Artigo principal: 1996.
- 8 de xaneiro - Pérdese contacto co barco pesqueiro de orixe galega Carreira, e base na localidade gipuscoana de Pasaia, mentres faenaba no Canal da Mancha. Desapareceron dez persoas [2].
- 27 de febreiro - Lánzase no Xapón o primeiro par de xogos de Pokémon: Pocket Monsters Green e Pocket Monsters Red.
- 3 de marzo - O PP gaña as eleccións xerais de España. José María Aznar, presidente do goberno español.
- 16 de maio - Lanzamento do primeiro satélite de comunicacións israelí, AMOS 1.
- 30 de decembro - Reformado o estatuto de autonomía das Illas Canarias.
- Celébrase a Eurocopa de Inglaterra. Gaña na final Alemaña á República Checa.
- Xogos Olímpicos de Atlanta.
- Manuel Rivas obtén o Premio Nacional de Narrativa coa obra Que me queres, amor?.
- Fórmase a banda galega de Rock Ruxe Ruxe
1997
- Artigo principal: 1997.
- 1 de xaneiro - O ghanés Kofi Annan toma posesión coma secretario xeral da ONU, en substitución do exipcio Butros Ghali.
- 2 de xaneiro - Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
- 22 de febreiro - Anúnciase que en Roslin, Escocia, unha ovella adulta, Dolly, fora clonada con éxito en xullo de 1996.
- 1 de xullo -O Reino Unido traspasa a soberanía de Hong Kong a China
- 25 de agosto - Lanzamento do satélite artificial ACE.
- 29 de decembro - Hong Kong comeza a matar todos os polos da illa para evitar a propagación da gripe aviaria.
1998
- Artigo principal: 1998.
- 2 de xaneiro - Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe o ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsábel da matanza de Chiapas o 22 de decembro.
- 2 de xaneiro - Comandos integristas asasinan a 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria).
- 13 de xaneiro - O buque Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.
- 1 de novembro - Institúese o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
- 11 de novembro - Primeiro correo electrónico enviado desde Galicia, entre a Facultade de Física de Santiago de Compostela e Alemaña [3]
- Publícase O lapis do carpinteiro, unha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas
1999
- Artigo principal: 1999.
- 1 de xaneiro - Entra en vigor o euro, moeda única para once países da UE.
- 2 de xaneiro - Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno do País Vasco.
- 12 de marzo - A República Checa, Hungría e Polonia ingresan na OTAN.
- 28 de abril - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS.
- 13 de xuño - Celébranse as VI Eleccións municipais en España desde a Transición.
- 30 de agosto - Un 95 % da poboación de Timor Leste, ocupada por Indonesia, vota pola independencia.
- 14 de novembro - Boris Trajkovski é elixido Presidente de Macedonia do Norte.
- 21 de decembro - Lanzamento do satélite científico ACRIMSAT.
- ↑ "Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 (en castelán).
- ↑ https://www.noticiasdegipuzkoa.eus/actualidad/sociedad/2021/01/09/25-anos-misterio-carreira-pasaia/1080543.html
- ↑ "Aquel primer 'e-mail' gallego", en La Voz de Galicia 24.11.2020.