(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Audición - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Audición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama esquemático do oído humano.

A audición é a habilidade de percibir son pola detección de vibracións[1] e cambios na presión do medio a través dun medio como o oído.

O son é a característica do medio molecular en que se atopa o individuo. Unha das principais características que debe ter o son para ser audible polo ser humano é que a súa frecuencia se manteña entre os 20 e 20 000 Hz. Outra das características que posúe o son é a amplitude que se relaciona psicoloxicamente coa sonoridade.[2] Xa que o número de sons diferentes que pode ouvir o ser humano é moi grande, utilízase unha escala logarítmica de presións chamada de decibeis que abrevia a inmensidade de valores posibles.

Percepción

[editar | editar a fonte]

A audición é a percepción das ondas sonoras que se propagan polo espazo, en primeiro lugar, polas nosas orellas, que as transmiten polos condutos auditivos externos ata que chocan co tímpano, facéndoo vibrar. Estas vibracións xeran movementos oscilantes na cadea de osiños do oído medio (martelo, bigornia e estribo), os que son conducidos até o perilinfa do caracol. Aquí as ondas moven os cilios das células nerviosas do órgano de Corti que, á súa vez, estimulan as terminacións nerviosas do nervio auditivo. Ou sexa, no órgano de Corti as vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos, os que son conducidos, finalmente, á cortiza cerebral, onde se interpretan como sensacións auditivas.

Divisións do sistema auditivo

[editar | editar a fonte]

Podemos dividir o sistema auditivo en dúas partes:

  1. Schacter,Daniel L. et al.,["Psychology"],"Worth Publishers",2011
  2. "4". La Percepción Sensorial. Limusa Wiley. ISBN 968-18-5307-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]