Bob Anderson (piloto)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert Anderson 19 de maio de 1931 Hendon, Reino Unido (pt) |
Morte | 14 de agosto de 1967 (36 anos) Northampton General Hospital, Reino Unido (en) |
Causa da morte | Gran Premio do Reino Unido de 1967, accidente de coche |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo (1963–1967) Motociclismo (1958–1960) |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Robert Hugh Fearon "Bob" Anderson, nado en Hendon (Londres) o 19 de maio de 1931 e finado en Northampton o 14 de agosto de 1967[1][2][3], foi un piloto de motociclismo e automobilismo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Competiu nas carreiras de motociclismo de Grand Prix da 1958 a 1960[4] e na Fórmula Un da tempada de 1963 á tempada de 1967.[5] Tamén gañou dúas veces a carreira de North West 200 en Irlanda do Norte.
Logo de varias tempadas nas carreiras de motocicletas nas que terminou entre os dez primeiros en varias ocasións, cambiou ás carreiras de automóbiles en 1961, cando correu nun Lola na Fórmula Júnior nunha carreira en Snetterton. Continuou nas carreiras de automóbiles e finalmente converteuse no piloto de Team Lotus na Formula Júnior, gañando unha carreira no Autódromo de Montlhéry e terminando segundo en Mónaco.
Entrou na Fórmula Un en 1963 co seu propio automóbil un Lola Mk4 baixo o nome de DW Racing Enterprises, un pequeno equipo en comparación con outros equipos privados como Scuderia Filipinetti ou Rob Walker Racing Team. DW en realidade só estaba composto por Bob e un pequeno equipo de mecánicos. A pesar deste impedimento, levou ao pequeno e flexible Lola á vitoria no Gran Premio de Roma de 1963 no primeiro ano. Nos anos posteriores pilotou coches privados baixo a mesma bandeira, o seu mellor resultado foi un terceiro lugar no Gran Premio de Austria de 1964. Foi galardoado co Von Trips Memorial Trophy como o máis exitoso participante privado da tempada de 1964.
En 1967, sufriu un accidente mentres probaba en Silverstone, saíuse da pista en condicións de mollado e golpeou contra o posto dun comisario.[6] Anderson sufriu feridas graves no peito e no pescozo e morreu máis tarde no Hospital Central de Northampton.[7]
Resultados nos Gran Premio de Motociclismo
[editar | editar a fonte]Posición | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
Puntos | 8 | 6 | 4 | 3 | 2 | 1 |
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)[4][8]
Ano | Clase | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Puntos | Ranq | Vitorias |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | 350cc | Norton | IOM 8 |
NED | BEL | GER 5 |
SWE 2 |
ULS | NAT 4 |
11 | 5º | 0 | |
500cc | Norton | IOM 2 |
NED | BEL 6 |
GER | SWE | ULS | NAT | 7 | 8º | 0 | ||
1959 | 350cc | Norton | FRA 4 |
IOM 5 |
GER | SWE | ULS | NAT | 5 | 9º | 0 | ||
500cc | Norton | FRA | IOM NC |
GER | NED | BEL 6 |
ULS | NAT | 1 | 15º | 0 | ||
1960 | 125cc | MZ | IOM 5 |
NED | BEL | ULS | NAT | 2 | 9º | 0 | |||
250cc | MZ | IOM NC |
NED | BEL | GER | ULS | NAT | 0 | – | 0 | |||
350cc | Norton | FRA | IOM 6 |
NED 3 |
ULS 4 |
NAT 5 |
9 | 5º | 0 | ||||
500cc | Norton | FRA | IOM 8 |
NED | BEL | GER | ULS | NAT | 0 | – | 0 |
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.[5]
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | DW Racing Enterprises | Lola Mk4 | Climax V8 | MON | BEL | NED | FRA | GBR 12 |
ALE | ITA 12 |
USA | MEX | RSA | NC | 0 | |
1964 | DW Racing Enterprises | Brabham BT11 | Climax V8 | MON 7 |
NED 6 |
BEL NTS |
FRA 12 |
GBR 7 |
ALE Ret |
AUT 3 |
ITA 11 |
USA | MEX | 11º | 5 | |
1965 | DW Racing Enterprises | Brabham BT11 | Climax V8 | RSA NC |
MON 9 |
BEL NTS |
FRA 9 |
GBR Ret |
NED Ret |
ALE NTS |
ITA | USA | MEX | NC | 0 | |
1966 | DW Racing Enterprises | Brabham BT11 | Climax 4 en liña |
MON Ret |
BEL | FRA 7 |
GBR NC |
NED Ret |
ALE Ret |
ITA 6 |
USA | MEX | 17º | 1 | ||
1967 | DW Racing Enterprises | Brabham BT11 | Climax 4 en liña |
RSA 5 |
MON NSC |
NED 9 |
BEL 8 |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE | CAN | ITA | USA | MEX | 16º | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Driver: Anderson, Bob". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007.
- ↑ Galpin, Darren. "Bob Anderson". Darren Galpin. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ Paul Narramore (19 de abril de 2006). "Bob Anderson". Find a Grave. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 "Bob Anderson career statistics at MotoGP.com". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Bob Anderson career Formula 1 results at f1pulse.com
- ↑ Bob Anderson profile at www.grandprix.com
- ↑ Autocar, 17 de agosto de 1967, Page 50: Obituary.
- ↑ Bob Anderson Isle of Man TT results at iomtt.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bob Anderson |