Cavafe
Cavafe | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Alberto Vázquez Fernández | ||
Nacemento | 25 de abril de 1999 | ||
Lugar de nacemento | A Habana | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Dornbirn | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
Valdemorillo | |||
2010–2013 | Canillas | ||
2013 | San Fernando | ||
2013–2018 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2019 | San Fernando | 16 | (0) |
2019–2020 | Alcorcón B | 26 | (0) |
2020–2021 | Alcorcón | 0 | (0) |
2020 | → Unionistas | 5 | (1) |
2021 | → Navalcarnero | 4 | (0) |
2021–2022 | Bergantiños | 11 | (0) |
2022 | Tudelano | 17 | (0) |
2022– | Dornbirn | 42 | (2) |
Selección nacional | |||
2021– | Cuba | 22 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024. Selección: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlos Alberto Vázquez Fernández, coñecido como Cavafe, nado o 25 de abril de 1999, é un futbolista cubano que xoga como defensa central no Dornbirn da 2. Liga de Austria e na selección cubana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido na Habana, aos 3 anos trasladouse a Madrid coa súa familia.[1] Xogou nas categorías inferiores do CD Valdemorillo, o CD Canillas, o CD San Fernando de Henares e o Atlético de Madrid. Tras rematar a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2018 regresou ao San Fernando.[2]
Debutou na Tercera División o 26 de agosto de 2018, nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano B. O 1 de febreiro seguinte fichou polo Alcorcón, sendo inicialmente asignado ao filial, tamén de Terceira.[3]
Debutou co primeiro equipo do Alcorcón o 17 de decembro de 2019, nun partido da Copa do Rei contra o CP Cacereño.[4] En xaneiro saíu cedido ao Unionistas de Salamanca, da Segunda División B.[5] Na tempada 2020/21 non contou con minutos no Alcorcón, adestrado por Juan Antonio Anquela, e en xaneiro volveu saír cedido, esta vez ao Navalcarnero.[6]
Desvencellado do Alcorcón, en agosto de 2021 fichou polo Bergantiños, da Segunda RFEF.[7] Disputou 13 encontros co club de Carballo, pero só 5 deles como titular. Descontento coa súa pouca participación, deixou o club en xaneiro de 2022, fichando polo Tudelano, último clasificado da Primeira RFEF.[8] Xogou só seis meses no club navarro, fichando en xuño polo Dornbirn da 2. Liga de Austria.[9]
Selección cubana
[editar | editar a fonte]En marzo de 2021 entrou na histórica convocatoria para a selección cubana que incluía por primeira vez xogadores de clubs estranxeiros.[10][11] O 25 de marzo de 2021 debutou coa selección nunha derrota por 0-1 ante Guatemala.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crespo, Pedro (2 de abril de 2020). "Cavafe: «Los mejores deben ir a la Selección sin importar dónde jueguen»" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El joven zaguero hispano-cubano Carlos Vázquez jugará en el C.D. San Fernando en la temporada 2018/19" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Alcorcón B cierra la plantilla con cinco incorporaciones más" (en castelán). 1 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Cacereño hace historia en su Centenario cargándose al Alcorcón". Marca (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Unionistas de Salamanca se hace con el fichaje de Carlos Fernández 'Cavafe'" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El central cubano Cavafe se marcha cedido al Navalcarnero". La Vanguardia (en castelán). 4 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Bergantiños ficha a Cavafe" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ García, Rubén (20 de xaneiro de 2022). "Carlos Alberto Vázquez ‘Cavafe’: “En el Bergan no tenía la participación que yo quería”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ "Neuer Verteidiger für die Rothosen!" (en alemán). 20 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2022. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Onel Hernandez included in Cuba’s landmark international team" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Tres tuneros en histórica convocatoria de la Selección Nacional de Fútbol" (en castelán). 9 de marzo de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Guatemala vs. Cuba 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en WorldFootball.net (en inglés)