Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi preparado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a polio). Tralo asasinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueduto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, Agripina a menor.