Club de Remo Cabo da Cruz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
C.R. Cabo da Cruz | |
---|---|
Cidade | Cabo de Cruz Boiro Galicia |
Fundado | 1979 |
Presidente | Daniel Vázquez |
Adestrador | Gustavo Vázquez |
Patrón | Oscar Hermo Manuel Triñanes |
Competición | Liga ACT |
Títulos | |
Campionato Galego de Traiñeiras | 11 (2005, 2006, 2008, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2023) |
LGT-A | 1 (2009) |
Embarcación e cores | |
Embarcación | Cabo da Cruz |
Cores | Vermello |
Sitio web Sitio web oficial |
O Club de Remo Cabo da Cruz é un club de remo do lugar de Cabo de Cruz, na parroquia de Castro, no concello coruñés de Boiro. Actualmente no ano 2023, o equipo masculino A compite na Liga ACT Euskolabel, o equipo feminino compite na Liga ACT Euskotren, e o seu equipo masculino B compite na Liga LGT-A. A súa traiñeira recibe o nome de Cabo de Cruz.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse o 9 de setembro de 1979, iniciándose nese mesmo ano a construción da que sería a súa sede social. Na tempada 1979-80 o club iniciouse na competición, sendo durante dez anos o referente do remo galego tanto na Galiza como no Estado español, a través dos Campionatos de España nos que participa.
Na Galiza durante os seus anos de funcionamento ten o mérito de ser o mellor club da zona territorial Norte da Federación Galega de remo, mentres que a nivel estatal conta con nove participacións noutros tantos campionatos de España de traiñeiras nos que sempre se clasificou entre os sete primeiros, agás en 1989 que acadou o cuarto posto.
Durante os seus primeiros anos de vida a traiñeira é a embarcación por excelencia á que o club dedica tódolos seus esforzos. O club asiste ao nacemento de moitas das actuais probas do calendario oficial de remo, tales como: a bandeira Conde de Fenosa, a bandeira Deputación da Coruña, a Bandeira de El Corte Inglés, a bandeira Xunta de Galiza ou a Bandeira Teresa Herrera, nalgunha das cales consegue inscribir o seu nome entre os gañadores.
A partir de 1990 o club sofre a súa primeira crise de remeiros, o nivel de competición que se comeza a dar tanto no remo galego coma no estatal esixe un sacrificio maior por parte dos remeiros, un adestramento máis duro, serio e da man de adestradores que coñezan ben este deporte. Por outra banda, a dependencia económica de institucións coma a Xunta, Deputación provincial ou Concello non permite ao club conseguir medios suficientes para afrontar a renovación das embarcacións: novas traiñeiras van aparecendo no mercado, embarcacións cada vez máis competitivas que evolucionan dende a madeira ao poliéster, pasando por fibras mixtas ata chegar ás actuais embarcacións de carbono. Esta falla de axudas, unida á imposibilidade de atopar na Comarca do Barbanza un patrocinador que axude a sufragar os gastos que xera ter unhas instalacións propias, xunto coa dependencia económica dos premios conseguidos cada tempada traen unha nova crise que en 1992 obriga ao club a permanecer pechado toda a tempada.
A finais de 1993 produciuse un troco na directiva da entidade, logo de que a directiva dimitira e de que os remeiros de maior antigüidade se puxeran á fronte do club, facendo por primeira vez na historia do Cabo da Cruz un prantexamento serio do fomento da canteira coa creación da Escola Municipal de Remo logo da sinatura dun convenio co concello de Boiro. Preparouse un proxecto de mellora e acondicionamento das instalacións, programouse unha renovación das embarcacións para adaptarse ás necesidades da competición e traballouse para diversificar as actividades do club coa intención de ofertar aos rapaces outro tipo de actividades complementarias ao remo.
O 2003 pasou á historia do CR Cabo da Cruz e á historia do remo de banco fixo ao constituírse a Liga ACT, da cal o club formou parte dende a súa creación ata a tempada 2008, tempada trala cal o club viuse obrigado a descender á Liga Noroeste de Traiñeiras por motivos económicos ao non poder pagar os desprazamentos, impedindo a súa continuidade na máxima competición que se gañara ao longo de toda a tempada e ao longo de tódalas tempadas nas que competiu na mesma.[1]
No ano 2013, despois de 5 tempadas na LGT a traiña consegue o dereito a participar na máxima categoría do remo despois dun axustadísimo play-off de ascenso en augas de Portugalete. Dende aquela o club mantense na máxima categoría do remo nacional acadando no ano 2014 o seu mellor posto na clasificación xeral (4º) e obtendo a súa segunda Bandeira na liga no 2018, alzándose de novo coa Bandeira de Hondarribia. No ano 2023 bogarán a súa 16ª tempada na Liga ACT.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competición | Traiñeira | Traiñeiriñas | Bateis |
---|---|---|---|
Tempadas En Liga Act - Euskolabel | 15 | ||
Bandeiras En Liga Act - Euskolabel | 2 | ||
Tempadas En Liga Act - Euskotren | 1 | ||
Bandeiras En Liga Act - Euskotren | 0 | ||
Liga Galega De Traiñeiras Feminina | 5 | ||
Liga Galega De Traiñeiras Masculina | 1 | ||
Liga Galega De Traiñeiras - B | 1 | ||
Campionatos Galegos | 18 | 17 | 20 |
Campionatos De España | 0 | 5 | 9 |
Subcampionatos De España | 2 | 8 | 12 |
Participación En Bandeiras Da Concha Feminina | 18 | ||
Finais Da Bandeira Da Concha Feminina | 2 | ||
Participación En Bandeiras Da Concha Masculina | 9 | ||
Finais Da Bandeira Da Concha Masculina | 9 | ||
Bandeira Deputación Da Coruña Feminina | 3 | ||
Bandeira Deputación Da Coruña Masculina | 18 | ||
Bandeira Teresa Herrera Feminina | 2 | ||
Bandeira Teresa Herrera Masculina | 0 | ||
Bandeira Concello De Boiro | 3 |
- 1 Liga Galega de Traíñeiras Masculina LGT-A: 2009.
- 5 Ligas Galegas de Traíñeiras Femenina LGT-F: 2015, 2016, 2020, 2021 e 2022.
- 1 Liga "B" Galega de Traíñeiras: 2018 (filial).
- 12 Campionatos Galego Masculino de Traiñeiras: 2005, 2006, 2008, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023.
- 6 Campionatos Galego Feminino de Traiñeiras: 2015, 2016, 2020, 2021, 2022 e 2023
- 18 Bandeiras masculinas de traiñeiras Deputación da Coruña: 1989, 1991, 1993, 1998, 2007, 2008, 2009, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2022 e 2023.
- 3 Bandeira feminina de traiñeiras Deputación da Coruña: 2019, 2022 e 2023
- 2 Bandeiras Masculina de Hondarribia: 2004 e 2018.
- 1 Bandeira Feminina de Hondarribia: 2005
- 2 Bandeiras Príncipe de Asturias: 2000 e 2001.
- 2 Bandeiras Concello da Pobra: 2002 e 2009.
- 2 Bandeiras Concello do Grove: 2007 e 2009.
- 2 Bandeiras Concello de Boiro: 1990, 2010 e 2013.
- 1 Bandeira El Corte Inglés (Vigo): 1982.
- 1 Bandeira El Corte Inglés (Bilbao): 2003.
- 1 Bandeira Concello de Vilagarcía: 2002.
- 1 Bandeira Xunta de Galiza: 2005.
- 1 Bandeira da Lanzada: 2005.
- 1 Bandeira Confraría de San Telmo: 2009.
- 1 Bandeira Feminina Teresa Herrera : 2022
- 1 Bandeira Concello de Redondela: 2013.
Posto por tempada en liga ACT e liga LGT - Equipo masculino A
[editar | editar a fonte]Tempada | Posto ACT | Puntos | Posto LGT | Puntos |
---|---|---|---|---|
2023 | 6º | 117 | ||
2022 | 8º | 98 | ||
2021 | 8º | 102 | ||
2020 | 7º | 107 | ||
2019 | 8º | 100 | ||
2018 | 6º | 138 | ||
2017 | 10º | 71 | ||
2016 | 8º | 113 | ||
2015 | 6º | 132 | ||
2014 | 4º | 128 | ||
2013 | N/P | 2º | 75 | |
2012 | N/P | 4º | 53 | |
2011 | N/P | 3º | 200 | |
2010 | N/P | 3º | 249 | |
2009 | N/P | 1º | 181 | |
2008 | 9º | 79 | ||
2207 | 10º | 70 | ||
2006 | 5º | 114 | ||
2005 | 7º | 101 | ||
2004 | 6º | 99 | ||
2003 | 6º | 110 |
(Actualizado a 21 de setembro de 2023)
Nos anos 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013 non se inscribeu na Liga ACT por non contar con suficiente presuposto.
Posto por tempada en liga ACT e liga LGT - Equipo feminino
[editar | editar a fonte]Tempada | Posto Liga Euskotren |
Puntos | Posto LGT-F | Puntos |
---|---|---|---|---|
2023 | 7ª | 27 | ||
2022 | 1ª | 94 | ||
2021 | 1ª | 72 | ||
2020 | 1ª | 35 | ||
2019 | 2ª | 38 | ||
2018 (b) | 2ª | 30 | ||
2017 | 4ª | 16 | ||
2016 | 1ª | 12 | ||
2015 | 1ª | 18 |
(b) Este ano competiu co nome de C.R. A Pobra/Cabo
(Actualizado a 23 de agosto de 2023)
Posto por tempada en liga LGT-A e LGT-B - Equipo masculino B
[editar | editar a fonte]Tempada | Posto LGT-A | Puntos | Posto LGT-B | Puntos |
---|---|---|---|---|
2023 | 6º | 103 | ||
2022 | 5º | 100 | ||
2021 | 3º | 110 | ||
2020 | 5º | 62 | ||
2019 | 8º | 44 | ||
2018 | 1º | 104 | ||
2017 | N/P | |||
2016 | N/P | |||
2015 | N/P | |||
2014 | 6º | 40 | ||
2013 | 2º | 77 |
Datos de interese
[editar | editar a fonte]- Rematada a tempada 2022, o club ocupa o 5º posto na clasificación histórica da Liga ACT con 1.562 puntos, sendo o club galego mellor situado.
- Ao longo das 15 tempadas na Liga ACT, o mellor rexistro da embarcación foi un 4º posto no ano 2014, mesmo ano no que o Club retorna a ACT.
- É un dos tres clubs galegos que formaron parte da primeira edición da Liga ACT disputada en 2003, xunto co Club de Remo Mecos e a Sociedade Deportiva Tirán.
- Durante gran parte da súa historia a traíña do club levou o nome de "Maraxe" e anteriormente o de "A'Dichosa".
- Na tempada 2023 o club afrontará a súa 16ª presenza na Liga ACT e a primeira na Liga Euskotrén por parte da traiñeira feminina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arkote aprovecha la baja de Cabo da Cruz en la ACT". www.muchocastro.com (en castelán). Consultado o 2020-05-03.
- ↑ "Fonte: Páxina oficial do Club de Remo Cabo da Cruz". Club de remo Cabo da Cruz. Consultado o 25/08/23.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Resultados según Web da Liga Galega de Traiñeiras". Liga Galega de Traiñeiras. Consultado o 21/09/23.
- ↑ "Resultados Liga ACT Euskolabel". Liga ACT Euskolabel. Consultado o 21/09/23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club de Remo Cabo da Cruz |