Controversia sobre a doazón de sangue de homes que teñen sexo con homes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A controversia sobre a doazón de sangue de homes que teñen sexo con homes é a disputa sobre as prohibicións das doazóns de sangue ou de tecido para transplantes de órganos de parte de homes que teñen sexo con homes (HSH), unha categoría de homes que manteñen (ou mantiveron no pasado) relacións sexuais con outros homes, sen ter en conta se se identifican como bisexuais, gais ou doutra maneira. Ás restricións ós doantes chámaselle ás veces "postergacións", dado que os doantes de sangue que foron rexeitados poderían non selo noutra ocasión. Con todo, moitas postergacións son indefinidas, o que significa que a doazón podería non ser aceptada nunca, o cal supón unha prohibición de facto. As restricións varían dun país a outro, e nalgúns deles non se teñen en conta prácticas como o sexo con protección ou os períodos de abstinencia. As restricións non afectan só a estes homes, tamén nalgúns casos a calquera muller que fose parella sexual. Polo demais, non afectan a mulleres, nin sequera ás mulleres que teñen sexo con mulleres. A axencia estadounidense Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) sostén que a xanela de postergación dun ano está "apoiada pola mellor evidencia científica que hai dispoñible".[1]

Moitas organizacións LGBT consideran que as restricións sobre a doazón están baseadas en homofobia e non nun problema médico lexítimo, xa que as doazóns sométense a probas rigorosas para excluír ós doantes que estean infectados con virus coñecidos como VIH, VPH, hepatites B e hepatites C. Tamén afirman que as postergacións baséanse en estereotipos.[2] Os que propoñen unha restrición para sempre deféndena debido ó risco de que a análise produza un falso negativo e debido a que a poboación HSH de países desenvolvidos adoita ter unha maior prevalencia de infección de HIV/AIDS.[3][4] O comité de asesoramento do goberno británico, SABTO, afirmou en 2013 que "se se lle permitise ós HSH doar sangue, o risco de transfusión de sangue infectado de VIH aumentaría".[5] Con todo, en xullo do 2017, o goberno británico reduciu a xanela de postergación dun ano a tres meses, o cal entraría en vigor meses despois, como resultado das conclusións actualizadas do SABTO de que "os novos sistemas de análises eran precisos e os doantes eran bos no cumprimento das normas". Ademais, a organización inglesa NHS Blood and Transplant está a investigar a posibilidade de que os HSH, dependendo do nivel de risco, poidan doar mesmo sen a postergación de tres meses.[6]

Os partidarios de cambiar as prohibicións ós HSH sinalan que a selección de doantes debería centrarse tanto no comportamento sexual como nas prácticas de sexo seguro xa que moitos HSH poden ter sempre sexo con protección, ser monógamos ou estar noutras categorías de baixo risco.[2][5] Algúns grupos que están a favor de eliminar as restricións apoian un período de espera antes da doazón de sangue, cando se considera que o doante tivo un comportamento considerado de alto risco; e antes de ser usada, para que se adapte á xanela dos métodos de análises do banco de sangue.[2] A pesar de que o VIH detéctase de forma fiable despois de entre 10 e 14 días con análises de ARN, hai métodos de análise máis antigos que só proporcionan unha precisión de até o 98% de casos positivos despois de tres meses.[7]

Existe unha gran cantidade de medo residual á contaminación de hemoderivados como consecuencia dos escándalos de sangue contaminado, os cales causaron miles de mortes debido ó VIH e á hepatite C en pacientes que requiren transfusións de sangue.[cita requirida] O sangue contaminado pon ós hemofílicos nun risco enorme de mortalidade elevada, aumentando o risco de procedementos cirúrxicos comúns.

VIH/sida[editar | editar a fonte]

En moitos países desenvolvidos, o VIH é máis prevalente entre homes que teñen sexo con homes (HSH) que entre a poboación xeral.[4]

Nos Estados Unidos en 2005, os HSH, os afroestadounidenses, e as persoas que participan en comportamentos heterosexuais de alto risco representan o 49%, o 49%, e o 32% dos novos diagnósticos de VIH, respectivamente.[8] En 2009, os afroestadounidenses representaron o 47.9% dos novos diagnósticos de VIH rexistrados ese ano neste país, a pesar de só representan aproximadamente o 12% da poboación.[9]

Situación actual[editar | editar a fonte]

Lista das posturas de distintos países sobre os doantes de sangue HSH[editar | editar a fonte]

Política de doazón de sangue para homes que teñen sexo con homes      Os homes que teñen sexo con homes poden doar sangue; Sen postergación      Os homes que teñen sexo con homes poden doar sangue; Sen postergación excepto para transfusións de sangue1      Os homes que teñen sexo con homes poden doar sangue; Postergación temporal1      Os homes que teñen sexo con homes non poden doar sangue; Exclusión permanente1      Sen información 1Sen restricións en Israel, Bélxica nin nos Estados Unidos se a última actividade HSH foi antes de 1977.
Política de doazón de sangue para mulleres que foron parellas sexuais de homes que teñen sexo con homes      As mulleres que foron parellas sexuais de homes que teñen sexo con homes poden doar sangue; Sen postergación      As mulleres que foron parellas sexuais de homes que teñen sexo con homes poden doar sangue; Postergación temporal      As mulleres que foron parellas sexuais de homes que teñen sexo con homes non poden doar sangue; Exclusión permanente      Sen información

Esta lista amosa países que teñen restricións sobre os doantes de sangue.[10][11] A maior parte de estándares nacionais requiren preguntar de forma directa sobre a historia sexual dos homes, pero a duración das postergacións varía dun país a outro.

País Postergación para os HSH Postergación para mulleres que foron parellas sexuais de HSH Ref(s)
 Albania Sen postergación Sen postergación
 Alxeria Exclusión indefinida [Cómpre referencia]
 Arxentina Sen postergación Sen postergación [12][13][14][15]
 Australia Dun ano Dun ano [16]
 Austria Exclusión indefinida [17]
 Bélxica Dun ano Dun ano [18]
 Bután Sen postergación Sen postergación [19]
 Bolivia Exclusión indefinida [20]
 Brasil Dun ano Dun ano [21]
 Bulgaria Sen postergación [Cómpre referencia]
 Canadá Dun ano Dun ano [22][23][24][25]
 Chile Sen postergación Sen postergación [26][27][28][29][30]
 China Exclusión indefinida [31]
 Colombia Sen postergación Sen postergación [32]
 Costa Rica Sen postergación [33]
 Croacia Exclusión indefinida [34]
 República Checa Dun ano Dun ano [35]
 Dinamarca Exclusión indefinida 4 meses [36] Dinamarca permitirá ós homes gais doar sangue tras un período de postergación de 4 meses en 2019.[37][38]
 Estonia Exclusión indefinida [39]
 Finlandia Dun ano Dun ano [40]
 Francia Dun ano [41]
 Alemaña Dun ano [42]
 Grecia Exclusión indefinida [Cómpre referencia]
 Hong Kong Dun ano [43][44]
 Hungría Dun ano [10]
 Islandia Exclusión indefinida
 Irlanda Dun ano [45][46][47][48]
 Israel Dun ano Sen postergación Israel aplicou un período de postergación dun ano a partir de xaneiro de 2018.[49][50][51]
 Italia Sen postergación Sen postergación [10][52]
 Xapón 6 meses [53]
 Letonia Sen postergación [nota 1] Sen postergación [nota 1] [55]
 Líbano Exclusión indefinida [56]
 Lituania Exclusión indefinida [57]
 Malaisia Exclusión indefinida Exclusión indefinida [58]
 Malta Exclusión indefinida Malta permitirá ós homes gais doar tras un período de postergación de 6 meses en 2019.[59][60]
 México Sen postergación Sen postergación [61]
 Países Baixos Dun ano Dun ano [62][63]
 Nova Zelandia Dun ano Dun ano [64]
 Noruega Dun ano Dun ano [65]
 Irlanda do Norte Dun ano Dun ano [66][67]
 Perú Sen postergación Sen postergación [68][69][70][71][72]
 Filipinas Exclusión indefinida [Cómpre referencia]
 Polonia Sen postergación [nota 1] Sen postergación [nota 1] [10][73][74][75]
 Portugal Dun ano Dun ano [76][77]
 Rusia Sen postergación Sen postergación [78][79]
 San Marino Sen postergación Sen postergación
 Serbia 6 meses [Cómpre referencia]
 Singapur Exclusión indefinida [80]
 Suráfrica Sen postergación Sen postergación [81]
 Corea do Sur Dun ano Sen postergación [82]
 Eslovaquia Dun ano [83]
 Eslovenia Exclusión indefinida [84]
 España Sen postergación Sen postergación [10]
 Suecia Dun ano Dun ano [85][86]
  Suíza Dun ano Dun ano [87]
 Taiwán De 5 anos De 5 anos Desde maio de 2018, Taiwán permite á xente LGBT doar sangue de forma legal, debido a unha nova normativa de doazón de sangue, pero só tras un período de postergación de 5 anos.[88]
 Tailandia Exclusión indefinida Exclusión indefinida [89][90]
 Trinidad e Tobago Exclusión indefinida Dun ano [91]
 Turquía Exclusión indefinida [Cómpre referencia]
 Ucraína Exclusión indefinida [92]
 Reino Unido (excluding Northern Ireland) 3 meses[93] 3 meses[93] [94][95][96]
 Estados Unidos Dun ano Dun ano [97][98]
 Uruguai Dun ano Sen postergación [99]
 Venezuela Exclusión indefinida [nota 2] Sen postergación [Cómpre referencia]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Invítase a doar sangue a calquera persoa de calquera orientación sexual que realizara calquera tipo de actividade sexual, se confían en que o seu comportamento sexual é seguro e non os expón a enfermidades de transmisión sexual como por exemplo sexo sen protección con parellas que non sexan de confianza, sen ter en conta a orientación sexual.[54]
  2. Pídeselles ós individuos que cubran un cuestionario de "sí" ou "no" sobre a súa vida sexual. Neste cuestionario poden aparecer preguntas directas do tipo "Alguna vez mantiveches relacións sexuais con persoas do teu mesmo sexo?". [Cómpre referencia]

Razoamento tras as restricións[editar | editar a fonte]

Os servizos sanguíneos deben asegurarse ante todo de que todo o sangue doado que recibiron sexa seguro para o seu uso nunha transfusión. Isto lógrase avaliando se os doantes potenciais teñen comportamentos de alto risco mediante cuestionarios e entrevistas antes de extraer o sangue e, posteriormente, analizando nun laboratorio as mostras do sangue doado.

Os servizos sanguíneos baséanse a miúdo na maior prevalencia estatística do VIH e da hepatite entre os HSH nos estudos de poboación para xustificar as súas prohibicións contra os HSH.

Nos primeiros anos da epidemia da sida, non había probas fiables para detectar o virus, polo que as prohibicións absolutas ás doazóns de sangue daqueles grupos cun risco alto de ter ou de contraer VIH, incluíndo HSH, estaban xustificadas. Estas restricións son similares ás restricións que hai hoxe en día en moitos países ás persoas que vivían no Reino Unido durante a epidemia da EEB ("enfermidade das vacas tolas") da década de 1980 e de principios e mediados da década de 1990, xa que non existen análise que permitan detectar a súa variante humana, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJv).

En 1985, as primeiras probas que usaban o método ELISA buscaban anticorpos, é dicir, a resposta do sistema inmunolóxico ó virus. Con todo, cando se usa este método hai un período de xanela durante o cal unha persoa que está infectada de VIH é capaz de propagar a enfermidade a pesar de dar negativo na proba do virus. Este período de xanela pode durar de tres a seis meses, cunha media de 22 días.[100][101] Aínda se usan análises baseadas en métodos ELISA en países desenvolvidos debido a ser altamente sensibles. En países en desenvolvemento, estas análises son a miúdo o único método dispoñible para detectar o VIH no sangue doado. Para facer fronte ó período de xanela inherente ó uso destas análises, avalíase tamén se os doantes teñen comportamentos de alto risco, un dos cales é un historial de actividade sexual con parellas do mesmo sexo, entre os doantes potenciais que sexan homes. Entre outros grupos con restricións semellantes atópanse os traballadores sexuais, os consumidores de drogas por inxección e a xente que vive en países cunha prevalencia de VIH elevada (como os da África subsahariana). Hai probas máis modernas que buscan o virus directamente, como a proba do antíxeno p24, que busca unha parte da superficie do virus, e as probas de amplificación de ácidos nucleicos (NAT), que buscan o material xenético do virus. Con estas análises, o período de xanela é máis curto, dunha duración media de 12 días.[101] As probas combinadas de cuarta xeración de VIH son concluíntes tras 3 meses, e as probas de hepatite B son concluíntes tras 6 meses.

Tamén hai riscos asociados cos doantes que non son HSH e que dan positivo na proba do VIH, o que pode ter consecuencias moi importantes, xa que a última doazón do doante podería terse producido dentro do período de xanela das probas e podería entrar na subministración de sangue, coa posibilidade de infectar ós que reciben os hemoderivados. En Nova Zelandia en 2003 ocorreu un incidente no que un doante que non é HSH deu positivo na proba de VIH e como consecuencia houbo que retirar todos os hemoderivados feitos coa última doazón de sangue do doante, incluíndo 4 millóns de dólares neozelandeses en factor VIII, un factor de coagulación do sangue que se usa para tratar hemofílicos, e que se fabrica a partir de grandes cantidades de plasma doado, e causou despois escaseza a nivel nacional do factor VIII e a postergación de cirurxías non urxentes ós pacientes de hemofilia, custándolle ó sector da saúde millóns de dólares máis.[102] A frecuencia potencial e o impacto destes incidentes pódese reducir ó excluír a aqueles que teñan un alto risco de estar expostos a enfermidades transmitidas a través do sangue, incluídos os HSH.

Críticas cara ás restricións[editar | editar a fonte]

En xeral os que se opoñen ás restricións, incluíndo a Asociación Médica Estadounidense e a Cruz Vermella estadounidense, baséanse na idea de que as melloras en análises e outras proteccións reduciron o risco de transmitir o VIH por transfusión a un nivel aceptable. É frecuente que haxa escaseza de sangue, e os que defenden o cambio das políticas indican que ó excluír a doantes sans só se empeora o problema. As reservas "ideais" deben ser polo menos dunha subministración para tres días, pero a moitos centros sanguíneos cústalles cumprir esta esixencia.[103]

Os que propoñen cambios máis grandes baséanse no feito de que a prohibición é unha prohibición total que inclúe a todos os homes que tiveron sexo con outro home, con ou sen protección, e mesmo se se mostra de forma indiscutible que o estado serolóxico de VIH das parellas destes homes é negativo. Os que defenden o cambio sinalan que un home heterosexual promiscuo é un doante de maior risco que un home gai ou bisexual nunha relación monógama, pero aínda así a miúdo permitiráselle doar sangue. É máis, hai outras actividades de alto risco, como ter contacto sexual cunha persoa que use agullas para tomar drogas ou medicamentos que non sexan receitados polo seu médico, que teñen un período de postergación fixo antes de que o doante poida doar sangue, mentres que nalgúns países os doantes HSH teñen postergacións indefinidas. As mulleres doantes que tiveron contacto sexual con HSH reciben ás veces unha postergación temporal.

Tras un tiroteo masivo contra unha discoteca gai en xuño de 2016, houbo mostras de frustración e de desacordo por parte de homes gais e bisexuais, a quen se lles prohibiu doar sangue ás vítimas, e moitos activistas LGBT en todo o país e un grupo de lexisladores demócratas[104] instaron a que se eliminase a prohibición. A FDA dixo máis tarde que non tiña plans para cambiar esta regulación e que avaliará as súas políticas "cando se publique nova información científica".[105][106][107]

Activismo a favor da reforma das políticas cara ós doantes HSH[editar | editar a fonte]

Activismo estudantil e docente nos campus[editar | editar a fonte]

No Canadá
Nos Estados Unidos[109]
  • No 2005, un activista estudantil na Universidade de Vermont (UVM) presentou unha queixa ante a Oficina de Equiparación de Dereitos da universidade, alegando que as campañas de doazón de sangue da Cruz Vermella estadounidense no campus infrinxían a política de discriminación da UVM. A oficina propuxo que non se permitise á Cruz Vermella realizar campañas de doazón no campus, pero a administración da UVM rexeitou a proposta, afirmando que non beneficiaría á saúde pública. Tras isto, continuou o activismo estudantil e LGBT en UVM.[110] No 2007, a Asociación de Goberno Estudantil en UVM votou en contra, por 16 votos en contra e 15 a favor, dunha resolución non vinculante na que se lle pedía á universidade que prohibise as campañas de doazón de sangue debido á política.[111]
  • No 2007, un grupo de irmandades da Universidade Estatal de Iowa retirou o seu apoio a unha campaña de doazón, o que causou polémica.[112]
  • No 2008, o presidente da Universidade Estatal de San José, Don Kassing, suspendeu todas as campañas de doazón no campus debido a que a política HSH para doantes de sangue infrinxía a política de non discriminación da universidade.[113][114]
  • No 2008, un membro do corpo docente na Universidade Estatal de Sonoma presentou unha resolución no claustro de profesores para prohibir as campañas de doazón no campus, O claustro de profesores aprobou a resolución, con 21 votos a favor e 13 en contra, en oposición ó claustro de estudantes, que aprobou unha resolución a principios de mes na que se sinalaba a discriminación, pero expresando o seu apoio ás campañas mensuais de doazón debido á súa importancia.[115][116][117]
  • No 2010, un grupo estudantil LGBT do Colexio Estatal de Keene protestou en contra das campañas de doazón no seu campus.[118]
  • No 2011, o claustro de profesores do Queens College, Universidade da Cidade de Nova York, recomendou que se detivesen todas as campañas de doazón no campus.[119][120]
  • No 2013, un grupo de estudantes da Universidade de Míchigan a favor dunha política de doazón dos HSH máis relaxada comezaron unha iniciativa "“Bleeding for Equality" (Sangrando pola Igualdade) na cal os individuos que non son aptos para doar debido á política levaron a doar a individuos aptos no seu lugar, co fin de fomentar a doazón de sangue e, ó mesmo tempo, demostrar a cantidade de sangue adicional que se podería recoller se se cambiase a política.[121][122] O Michigan Daily, o xornal estudantil da Universidade de Míchigan, fixo un editorial a favor dunha política de doazón de sangue dos HSH máis relaxada.[123]
  • O 27 de xullo de 2016, trala traxedia en Orlando do 12 de xuño de 2016, Blood is Blood (Sangue é Sangue) organizou unha campaña de doazón o 27 de xullo desde as 12 p.m. até as 6 p.m. na sede central da división do oeste de Nova York da Cruz Vermella estadounidense, situada en Búfalo. Jordan Moll-Vigrass, fundador de Blood is Blood, e Matthew Crehan Higgins, Director Executivo do Pride Center of WNY falaron durante a campaña para concienciar sobre a existencia de políticas arcaicas que impiden que moitos homes gais poidan doar sangue.
No Reino Unido
  • A Campaña da Unión Nacional de Estudantes LGBT leva a cabo unha campaña de "Donation Not Discrimination" (Doazón, non Discriminación) para cambiar a prohibición de doar sangue, ó mesmo tempo que promove a doazón continua por parte daqueles que non teñen prohibido doar.
Outros países

No ano 2015, o escritor e poeta galés RJ Arkhipov publicou unha serie de poemas, nos que usou como tinta o seu propio sangue, como protesta ás restricións ós doantes de sangue que son HSH. No seu poema Inkwell ("Tinteiro") fala da vergoña e do estigma que rodea ó sangue gai. Trátase dun poema alfabético, e cada liña de cada un dos cinco cuartetos de Inkwell empeza cunha das letras de cada un dos grupos sanguíneos, alternando entre A, B, AB e O.[124][125][126]

Procesos xudiciais[editar | editar a fonte]

No ano 2018, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ocupouse dun caso dun cidadán francés ó que se lle impediu doar sangue.[127]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gay and Bisexual Men Can Soon Donate Blood – but There's a Catch". 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Blood Donations Questions". decembro de 2012. 
  3. "Blood for Sale". HuffingtonPost.com, Inc. 13 de xuño de 2007. Consultado o 5 de abril de 2008. 
  4. 4,0 4,1 Informe de UNAIDS 2006 sobre la epidemia de sida global, Capítulo 05 Arquivado 25 de marzo de 2009 en Wayback Machine., xuño de 2006
  5. 5,0 5,1 "Homosexual men allowed to give blood but sex banned for decade". Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2013. 
  6. "Blood donation rules relaxed for gay men and sex workers". BBC.co.uk. 23 de xullo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  7. "HIV Test Window Periods". San Francisco AIDS Foundation. 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  8. CDC HIV/AIDS Surveillance Report: HIV Infection and AIDS in the United States and Dependent Areas, 2005.
  9. "HIV and AIDS in America". avert.org. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Seed, Clive R.; Kiely; Law; Keller. "No evidence of a significantly increased risk of transfusion-transmitted human immunodeficiency virus infection in Australia subsequent to implementing a 12-month deferral for men who have had sex with men" 50 (12). PMID 20663106. doi:10.1111/j.1537-2995.2010.02793.x. 
  11. "Mclaughlin Report on Risk Management for Canadian Blood Services" (PDF). McLaughlin Center for Population Health Risk Assessment, University of Ottawa. 31 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2008. Consultado o 25 de maio de 2008. 
  12. Matthew Corb (16 de setembro de 2015). "Health Ministry Removes Ban on Homosexual Blood Donors". The Argentina Independent. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  13. Stern, Mark Joseph (17 de setembro de 2015). "Argentina Abolishes Gay Blood Ban". Slate. 
  14. "Nuevas normas para la donación de sangre" (en castelán). 16 de setembro de 2015. 
  15. Criterios para la selección de donantes de sangre[Ligazón morta]
  16. "FAQs - Who can give". Servicio Sanguíneo de la Cruz Roja australiana. 18 de abril de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  17. "Rotes Kreuz: Wer darf Blutspenden?". Roteskreuz.at. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  18. "Homo's mogen binnenkort bloed geven, "maar enkel als ze twaalf maanden geen seks hebben gehad"". 
  19. "Who can be a blood donor?". Consejo Médico y de Sanidad de Bután. 14 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  20. "Decreto Supremo Nº 24547 de 1997". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2018. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  21. "Ordinance No. 2712 of November 12, 2013" (PDF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  22. Andreatta, David (22 de maio de 2013). "Ban lifted on gay men giving blood, but tough restrictions remain". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  23. "Blood donation waiting period for men who have sex with men reduced to one year". News Releases. Sociedad canadiense de la sangre. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  24. "Recent Changes to Donation Criteria". Sociedad canadiense de la sangre. 
  25. "Men Who Have Sex with Men". Sociedad canadiense de la sangre. 
  26. "Gays and lesbians in Chile now allowed to donate blood". Santiago Times. 25 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  27. Chile drops blood donation ban for gays. Washington Blade
  28. Norma que regula el procedimiento de atención de donantes de sangre
  29. "Guía Criterios Selección Donantes de Sangre" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  30. Histórico: Termina prohibición a gays, lesbianas y bisexuales para donar sangre en Chile
  31. "China says lesbians may donate blood, but not gay men — Latitude News". Latitudenews.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2014. 
  32. "Homosexualidad no es impedimento para donar sangre: Corte Constitucional" (en castelán). 28 de maio de 2012. 
  33. García, Sagal Davison; Murillo, Jason Hernández (27 de xullo de 2015). "La igualdad del sistema costarricense enfocado en la percepción de la población de mujeres y homosexuales" (en castelán). Mi tinta es el alma. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  34. Ministerio de Salud (Croacia) (16 de decembro de 1998). "Pravilnik o krvi i krvnim sastojcima" [Bylaw for blood and its contents] (en croata). Narodne novine. Consultado o 18 de xullo de 2011. E`lanak 16. Trajno se iskljue`uju kao davatelji krvi: [...] osobe sa homoseksualnim ponašanjem [...] 
  35. "Doporučení Společnosti pro transfuzní lékařství ČLS JEP č. STL2007_03 ze dne 12. 4. 2007 verze 6 (2012_04)" (en checo). Společnost pro transfuzní lékařství ČLS JEP. p. 8. Arquivado dende o orixinal (DOC) o 18 de marzo de 2013. Consultado o 7 de febreiro de 2013. 
  36. "Seksuel kontakt" (en Danés). Bloddonorerne i Danmark. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2017. Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  37. "Denmark to revise blood donation laws in 2019". 24 de agosto de 2018. 
  38. "Denmark announces gay men will be able to donate blood by 2019". 
  39. "Vereloovutusest" (en Estonio). Tartu Ülikooli Kliinikumi Verekeskus. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  40. "Can you donate". Servicio de la Cruz Roja finlandesa. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  41. "After 30-year ban, gay men in France allowed to donate blood". france 24. 11 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  42. "Richtlinie zur Gewinnung von Blut und Blutbestandteilen und zur Anwendung von Blutprodukten (Richtlinie Hämotherapie)" [Guidelines for the collection of blood and blood components and the use of blood products (haemotherapy)] (PDF). German Medical Association. 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  43. "Relaxed rules will allow gay men to donate blood in Hong Kong". 14 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  44. "What should you know about the Health history Enquiry in Blood Donation?" (PDF) (en Chino e inglés). Hong Kong: Servicio de Transfusión de Sangre de la Cruz Roja de Hong Kong. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2011. 
  45. "Ban on gay men giving blood to end in new year - Independent.ie". 
  46. McNamee, Michael Sheils. "Lifting of blood ban welcome - but system will still discriminate against gay men in relationships". 
  47. "Ireland lifts ban on gay men donating blood - BelfastTelegraph.co.uk". 
  48. "Lifelong ban on gay men donating blood to be lifted". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  49. "Israel has lifted its ban on gay and bi men donating blood". 
  50. "Israel to allow sexually active gay and bi men to donate blood". 
  51. Efrati, Ido (25 de setembro de 2018). "Pilot Program in Israel Will Allow Gay Men to Donate Blood Without Abstaining From Sex" – vía Haaretz. 
  52. Administrator. "GAY E DONAZIONE DEL SANGUE". www.avisgiarre.it. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  53. "エイズ、肝炎かんえんなどのウイルス保有ほゆうしゃ、またはそれとうたがわれるかた" (en xaponés). Sociedad de la Cruz Roja Japonesa. Consultado o 14 de xuño de 2016. ... 輸血ゆけつ必要ひつようとする患者かんじゃさんへの感染かんせんふせぐため、過去かこ6カ月かげつあいだ下記かき該当がいとうするほうは、献血けんけつをご遠慮えんりょいただいています。... 男性だんせいどうしの性的せいてき接触せっしょくがあった。 (Tradución: Para evitar a infección de pacientes que requiren transfusións de sangue, aquelas persoas que se axusten a calquera dos seguintes puntos nos últimos seis meses debe absterse de doar sangue. ... Contacto sexual entre dous homes.) 
  54. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  55. "Donora anketa" (en letón). Valsts asinsdonoru centrs. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  56. "Criteria for blood donor selection" (PDF). Comité Libanés de Transfusión de Sangre. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  57. "Questionnaire for Donors of Blood and Blood Products" (PDF). VšĮ „Nacionalinis kraujo centras". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  58. "Kriteria Penderma Darah" (en birmano). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 6 de maio de 2016. 
  59. Ltd, Allied Newspapers. "Watch: Gay men will be allowed to donate blood as of next year". 
  60. "Gay men to be allowed to donate blood after equipment investment - The Malta Independent". www.independent.com.mt. 
  61. Roberts, Scott (27 de decembro de 2012). "Mexico lifts ban on gay men donating blood". PinkNews.co.uk. 
  62. TFE, tfe.nl (1 de xullo de 2013). "Bloed geven - Risicofactoren hiv mannen" [Giving Blood - Risk Factors of HIV for men] (en neerlandés). Sanquin.nl. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  63. TFE, tfe.nl (1 de xullo de 2013). "Bloed geven - Risicofactoren hiv vrouwen" [Giving Blood - Risk Factors of HIV for women] (en neerlandés). Sanquin.nl. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  64. "Detailed eligibility criteria". Servicio Sanguíneo de Nueva Zelanda. 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  65. "Hvem kan, og hvem kan ikke være blodgivere". Helsedirektoratet. 3 de abril de 2017. Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  66. Connolly, Marie-Louise (31 de agosto de 2016). "Gay blood donation: Lifetime ban in NI on gay men donating blood lifted" – vía www.bbc.com. 
  67. "Gay Men Can Now Donate Blood In Northern Ireland - VICE - United Kingdom". 1 de setembro de 2016. 
  68. "Atención: En el Perú las personas LGBT sí pueden donar sangre" (en castelán). 8 de xullo de 2015. 
  69. "Mujer no pudo donar sangre por ser lesbiana: esto dice la ley" (en castelán). 8 de xullo de 2015. 
  70. "Programa Nacional de Hemoterapia y Bancos de Sangre". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  71. "Resolución Ministerial Nº 614-2004/MINSA "Aprueban el Sistema de Gestión de la Calidad del PRONAHEBAS"." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  72. "EG05 - TB05 Requisitos de calificación del donante. Ministerio de Salud" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2016. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  73. "Internetowy System Aktów Prawnych" (en polaco). Isap.sejm.gov.pl. 24 de maio de 2005. 
  74. Slezak, Klaudiusz (9 de maio de 2008). "Narodowe Centrum Krwi: Nie będziemy dyskryminować homoseksualistów" (en polaco). Wiadomosci.gazeta.pl. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  75. "Honorowe krwiodawstwo mężczyzn homo- i biseksualnych. Fakty i mity" [Honorable blood donation by gay and bisexual men. Facts and Myths] (en polaco). Kph.org.pl. 23 de setembro de 2009. 
  76. "AR aprova diploma que permite a homossexuais dar sangue". diariodigital.sapo.pt (en portugués). 8 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2018. 
  77. "Direcção-Geral de Saúde - Norma nº 009/2016 de 19/09/2016 atualizada a 16/02/2017 - Comportamentos de Risco com Impacte na Segurança do Sangue e na Gestão de Dadores: Critérios de Inclusão e Exclusão de Dadores por Comportamento Sexual". 
  78. "Приказ Минздравсоцразвития России от 16.04.2008 N 175н" (en ruso). Rossiyskaya Gazeta. 24 de maio de 2008. Consultado o 13 de novembro de 2013. 
  79. "Россиянам вольют "голубую кровь"" (en ruso). Полит.ру. 23 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2013. 
  80. "About AIDS and HIV - When Not To Donate". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 6 de maio de 2016. 
  81. DeBarros, Luiz (20 de maio de 2014). "SA finally ends gay blood donation ban". Mamba Online. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  82. "FAQ". Servicios Sanguíneos de la Cruz Roja Coreana. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  83. "Dotazník pre darcov krvi, plazmy a krvných buniek" (PDF). 1 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  84. "The Republic of Slovenia Institute for Transfusion: Who cannot donate blood". Ztm.si. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  85. Gallagher, James (8 de setembro de 2011). "Gay men blood donor ban to be lifted". BBC News Online. 
  86. "Krav på blodgivares lämplighet" [Regulations on blood donation from the National Board of Health and Welfare, SOSFS 2009:28 Appendix 5 Section B:3] (PDF) (en sueco). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2017. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  87. "Switzerland lifts lifetime ban on gay men donating blood". 31 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  88. News, Taiwan. "Blood donation rules for gay men in Taiwan to... - Taiwan News". 
  89. "thai red cross reverses ban on gay blood donors - Gay News Asia". 15 de abril de 2008. 
  90. "Gay men launch online attack on Thai Red Cross over ban on gay blood donors". 
  91. "Donating Blood". Government of Trinidad and Tobago. 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  92. "Порядок медичного обстеження донорів крові та (або) її компонентів". Ministry of Health of Ukraine. 2005. 
  93. 93,0 93,1 "New reduced ban on blood donation for gay and bi men starts today". 27 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  94. Greenfield, Patrick (23 de xullo de 2017). "Gay men to be allowed to give blood three months after sex". the Guardian. 
  95. "Blood donation rules relaxed for gay men and sex workers". BBC News. 23 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2017. 
  96. "Blood donor rules for gay men relaxed". 2 de agosto de 2017 – vía www.bbc.com. 
  97. "FDA updates blood donor deferral policy". U.S. Food and Drug Administration. U.S. Food and Drug Administration. Consultado o 22 de decembro de 2015. 
  98. "Revised Recommendations for Reducing the Risk of Human Immunodeficiency Virus Transmission by Blood and Blood Products - Questions and Answers". U.S. Food and Drug Administration. U.S. Food and Drug Administration. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  99. "Analizan cambiar norma que impide donar sangre a gays". El Observador (en castelán). 10 de xullo de 2016. 
  100. "San Francisco AIDS Foundation: HIV Testing". Sfaf.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  101. 101,0 101,1 "FDA Approves First Nucleic Acid Test (Nat) System To Screen Whole Blood Donors For Infections With Human Immunodeficiency Virus (Hiv) And Hepatitis C Virus (Hcv)". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  102. "Behavioural Donor Deferral Criteria Review - Final Report to the New Zealand Blood Service" (PDF). Abril de 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  103. "Policies on Lesbian, Gay, Bisexual, Transgender & Queer (LGBTQ) Issues - AMA". 
  104. "Democrats Call On FDA To End Ban On Blood Donations From Gay Men". 13 de xuño de 2016. 
  105. "Activists urge US to end ban on gay men donating blood after Orlando massacre". 14 de xuño de 2016. Tradución: A axencia dixo nunha declaración a The Guardian, 'A FDA examinou se é posible eliminar todas as postergacións para o VIH e depender simplemente das análises da sangue doada, ou reducir a xanela de postergación; porén, non hai dispoñibles datos científicos sólidos que amosen que isto non provocaría unha diminución da seguridade do subministro de sangue'. 
  106. "Blood Donations Skyrocket, but Gay Men Left Out". NBC News. 15 de xuño de 2016. 
  107. "Gay men outraged over continued ban on blood donation". 14 de xuño de 2016. 
  108. "Blood clinic ban on campus upheld due to policy on gay men". CBC News. 10 de xullo de 2012. 
  109. "Blood Donations from Men Who Have Sex with Other Men Questions and Answers (published: August 19th, 2013)". FDA.gov. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  110. Ken Picard (18 de abril de 2008). "Queer Community Seeing Red Over Blood-Donation Policy". 
  111. UVM student government rejects ban on Red Cross blood drives Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Associated Press (18 October 2007).
  112. Kevin Newman (26 de febreiro de 2007). "LETTER: Political correctness may cripple blood drive turnout". Consultado o 8 de febreiro de 2024. 
  113. "College protests blood drives". 6 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  114. "President's Message: Campus Blood Drives". Office of the President, San Jose State University. 29 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  115. "Battle over blood". 8 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  116. Sonoma State faculty senate OKs resolution opposing blood drives, Bay City News Service (25 April 2008).
  117. SSU faculty backs blood drive ban, says federal policy biased Arquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine., Press Democrat (25 April 2008).
  118. "Students protest discriminatory blood donor rule". 17 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  119. "Queens College Academic Senate Bans Discriminatory Blood Drives". 14 de abril de 2011. 
  120. "Minutes of the Academic Senate Of Queens College" (PDF). 14 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  121. "Blood Battle at the University of Michigan". 
  122. "Viewpoint: Ending a discriminatory blood policy". 21 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  123. "Editorial: The battle for donor equality". 22 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  124. "RJ Arkhipov Works With His Own Blood to Protest Ban on Gay Donors". 25 de setembro de 2015. 
  125. "GAY WELSH POET TACKLES THE STIGMA OF ‘GAY BLOOD’ ON WORLD BLOOD DONOR DAY". 14 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  126. "This gay poet is writing in his own blood to protest gay blood donations rules". 23 de xuño de 2017. 
  127. "Gay man banned from giving blood takes case to European court". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]