(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Cordal de Montouto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cordal de Montouto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCordal de Montouto
Imaxe
Barranco da Loba na cordal de Montouto.
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°15′00″N 7°55′37″O / 43.2500146, -7.9269879

O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa máxima altura é a Pena de Uce de 734 metros. Divide as concas do río Parga e o río Mandeo e vén sendo unha prolongación da serra da Loba. Existen varias mámoas e nas súas inmediacións está a rústica ermida de San Vitorio e a pegada de Roldán. As fragas do barranco da Loba e Rego da Palanca, no val do Cambás, son dunha notable extensión e atesouran unha variada riqueza botánica.

O río Cambás é un afluente que alimenta o río Mandeo. Con todo, e inda que está a unha relativa proximidade ás fragas do Eume, carece dunha figura de protección ambiental.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]