(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Serra do Larouco - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Serra do Larouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra do Larouco
Imaxe
Lume forestal na serra do Larouco desde Lucenza (Cualedro).
Tiposerra Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°52′49″N 7°43′13″O / 41.8804, -7.7203

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei. É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]