Dwayne Bacon
Aparencia
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1995 (28 anos) Lakeland, Florida |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (221 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | McKeel Academy (Lakeland, Florida) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virxinia) |
Universidade | Florida State (2015–2017) |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 2 / Elección: 40 Por New Orleans Pelicans |
Carreira | dende 2017 |
Historial de equipos | |
Charlotte Hornets (2017–2020) → Greensboro Swarm (2017–2020) Orlando Magic (2020–2021) AS Monaco Basket (2021–2022) Panathinaikos (2022–2023) |
Dwayne Lee Bacon Jr., nado o 30 de agosto de 1995 en Lakeland, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 22 de xuño de 2017, Bacon foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Charlotte Hornets na mesma noite do Draft.[1] O 6 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Hornets.[2] Bacon debutou na NBA o 18 de outubro de 2017, facendo oito puntos na derrota por 90–102 contra os Detroit Pistons.[3]
O 24 de novembro de 2020, Bacon asinou cos Orlando Magic.[4] Debutou cos Magic o 23 de decembro de 2020, na vitoria dos Magic por 113–107 contra os Miami Heat.[5]
O 26 de outubro de 2021, Bacon asinou co AS Monaco Basket da LNB Pro A francesa.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pelicans Acquire Draft Rights to Frank Jackson". National Basketball Association. 23 de xuño de 2017. Consultado o 8 de maio de 2023.
- ↑ Wash, Quinton (6 de xullo de 2017). "Hornets Sign Guard Dwayne Bacon". National Basketball Association. Consultado o 8 de maio de 2023.
- ↑ "Charlotte Hornets vs Detroit Pistons Oct 18, 2017 Game Summary". National Basketball Association. Consultado o 4 de febreiro de 2023.
- ↑ Savage, Dan (24 de novembro de 2020). "Orlando Magic Sign Free Agent Dwayne Bacon". National Basketball Association. Consultado o 8 de maio de 2023.
- ↑ Denton, John (23 de decembro de 2020). "FOURNIER HAS LATE SURGE, HELPS MAGIC BEAT HEAT 113-107". National Basketball Association. Consultado o 8 de maio de 2023.
- ↑ "DWAYNE BACON UN NBAER SIGNE À MONACO". asmonaco.basketball (en francés). 26 de outubro de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2021.