Economía de Turquía
Economía de Turquía | |
---|---|
Moeda | lira turca |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, OCE, G-20 e outras |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 1 142 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 17ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,6% (2012) |
PIB per cápita | 15 200 (2012) |
PIB por sector | agricultura 9,1%, industria 27%, servizos 63,9% (2012) |
Inflación | 8,9% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 27.340.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 25,5%, industria 26,2%, servizos 48,4% |
Desemprego | 9,2% (2012) |
Industrias | téxtiles, procesamento de alimentos, automóbiles, electrónica, minería (carbón, cromita, cobre, boro), aceiro, petróleo, construción, procesamento de madeira, papel |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 163,4 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | roupas, alimentos, téxtiles, manufaturados de metal, equipamentos de transporte |
Principais mercados | Alemaña 8,6%, Iraq 7,1%, Irán 6,5%,Reino Unido 5,7%, Emiratos Árabes Unidos 5,4%, Rusia 4,4%, Italia 4,2%, Francia 4,1% (2012) |
Importacións | 228,9 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas, produtos químicos, produtos semielaborados, combustibles, equipamentos de transporte |
Principais mercados | Rusia 11,3%, Alemaña 9%, República Popular da China 9%, Estados Unidos 6%, Italia 5,6%, Irán 5,1% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 336,9 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Turquía ten sido impulsionada nos últimos anos por un sector de servizos e unha industria modernos, pero a agricultura aínda responde por un 30% dos empregos[1]. O país ten un sector privado forte e en rápido desenvolvemento, aínda así o estado ten forte participación na industria básica, nos bancos, no transporte e nas telecomunicacións[1].
Sectores
[editar | editar a fonte]A economía do país é cada vez máis dependente da industria nas grandes cidades, sobre todo concentrada sobre todo nas provincias occidentais do país, e menos da agricultura. O principal sector industrial é o téxtil e de vestiario, o cal responde por 1/3 dos empregos industriais, a pesar da concorrencia internacional e da eliminación dos sistemas de cotas[1]. Con todo, outros sectores, como o automobilístico e o electrónico, están crecendo en importancia no conxunto de exportacións turcas.
A agricultura tradicional no entanto aínda é un dos principais piares da economía turca. En 2007, o sector agrícola foi responsábel por 9% do PIB, mentres o sector industrial representaba o 31% e o sector de servizos o 59%. No entanto, a agricultura aínda respondía por un 27% do emprego.[3] Segundo datos do Eurostat, o PIB-PPS per capita turco era do 45% da media da UE en 2008.[4]
O sector do turismo ten probado un crecemento rápido nos últimos 20 anos, e constitúe unha parte importante da economía. En 2008 rexistráronse 31 millóns de visitantes no país, o que contribuíu con 22 mil millóns de dólares nos ingresos de Turquía.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ "Turkey:agriculture and enlargement" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de abril de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ Eurostat. "GDP per capita in PPS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ TURKSTAT. "Tourism Statistics in 2008". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte][[Casa da Moeda de Turquía|]]