Francisco Xavier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Nome orixinal | (eu) Frantzisko Jatsu Azpilkueta |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de abril de 1506 Xabier (Reino de Navarra) |
Morte | 3 de decembro de 1552 (46 anos) Sanchoão (Dinastía Ming) |
Lugar de sepultura | Basílica do Bom Jesus (pt) |
Apóstolo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Collège Sainte-Barbe - Master of Arts (en) (1525 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano)) Universidade de París |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | Sacerdote católico de rito romano (1537–), explorador, escritor, misioneiro |
Empregador | Igrexa católica |
Membro de | |
Alumnos | Bernardo de Kagoshima (pt) |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 3 de decembro |
Compañeiro profesional | Angiró (pt) |
Participou en | |
9 de xuño de 1549 | Kagoshima landing (en) |
list of Catholic missionaries (en) | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Fillos | sen valor |
Pais | Juan de Jaso e María de Azpilcueta |
Irmáns | Miguel de Jaso Azpilicueta Joanes Jatsu Azpilikuetakoa |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature (en) |
Francisco Xavier[1], ou Francisco Xabier[1], nado o 7 de abril de 1506 e finado o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Nado no castelo de Xabier o 7 de abril de 1506 no, daquela independente, Reino de Navarra, pertencía a unha familia de liñaxe, perdedora e represaliada na guerra de anexión á coroa española. Foi estudar a París. Alí coñeceu a Ignacio de Loiola quen activou nel un proceso de conversión. Francisco Xabier desprezou o que fora o seu afán de prestixio académico e prosperidade e realizou con outros cinco compañeiros os chamados votos de Montmatre de pobreza, castidade e obediencia ao Papa. Axudou a Ignacio de Loiola a redactar a primeira constitución da Compañía de Xesús.
Viaxes
[editar | editar a fonte]Marchou á India, chagando tras un duro viaxe de trece meses a Goa. No accidentado periplo pacificou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de escorbuto que fixo do seu camarote unha enfermería.
Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o evanxeo entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de 1544, bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos brahamanes. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses como unha espiña que levo constantemente no corazón. Ao rei de Portugal escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.
En 1544 marchou para Madrás e as Molucas onde fundou misións. En 1549 sucou o Pacífico ata o daquela misteriosoXapón onde conseguiu uns froitos discretos. Varios samurais convertéronse ao cristianismo o que provocou duras reaccións dos potentados nipóns. En 1551 volveu á India e, un ano despois, saíu cara á China, onde xa fixera escala en anteriores viaxes. Enfermo durante o traxecto, na súa agonía pronunciaba verbas indescifrables para os acompañantes, probablemente no seu éuscaro natal. Finalmente faleceu o 3 de decembro de 1552 na illa de Shang Chuang aos 46 anos de idade. O seu cadáver foi sepultado na igrexa do Bom Xesús, lugar aínda hoxe de peregrinación.
O home
[editar | editar a fonte]Francisco Xabier estudaba as linguas locais dos pobos evanxelizados, aprendía os seus costumes e relixión. Denunciou repetidamente os abusos dos colonizadores portugueses e despregou un infatigable labor a prol dos desfavorecidos. Cos colonos afastados da moral sexual cristiá amosou tacto e comprensión. As cartas sobre as súas actividades distribuíanse por Europa, o que incentivou un espírito misioneiro mesturado de aventura e exotismo, de entusiasmo e misticismo. Nelas revela un carácter sacrificado, hiperactivo, observador, preocupado pero fondamente feliz. Deixou ao redor de 1500 escritos. Documentos valiosos para entender a Cultura e a Historia do Extremo Oriente.
Foi beatificado por Paulo V en 1619 e canonizado por Gregorio XV en 1622, o mesmo día que Ignacio de Loiola, Filipe Neri, Tareixa de Ávila e Sidro Labrego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.