Fritz Pregl
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Friedrich Raimund Michael Pregl 3 de setembro de 1869 Liubliana (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 13 de decembro de 1930 (61 anos) Graz (Primeira República de Austria) |
Lugar de sepultura | Zentralfriedhof Graz (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria Reino de Iugoslavia Cisleitania Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos |
Educación | Universidade de Graz |
Director de tese | Wilhelm Ostwald |
Actividade | |
Campo de traballo | Química e medicina |
Ocupación | químico , farmacéutico , catedrático , médico , físico |
Empregador | Universidade de Graz Universidade de Innsbruck |
Membro de | |
Profesores | Hermann Emil Fischer |
Lingua | Lingua eslovena, lingua inglesa e lingua alemá |
Obra | |
Doutorando | Anton Benedetti-Pichler (en) |
Premios
| |
Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 3 de setembro de 1869 na cidade de Ljubljana, naqueles momentos parte do Imperio Austrohúngaro, pero hoxe en día capital de Eslovenia. Estudou química e fisioloxía na Universidade de Graz, e posteriormente foi nomeado profesor auxiliar de química na mesma universidade. En 1910 foi nomeado profesor titular na Universidade de Innsbruck, pero en 1913 retornou a Graz para converterse en director do Instituto de Química Médica.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou as súas investigacións na constitución química dos ácidos biliares dos animais e do home. Para iso tivo que idear e desenvolver métodos de microanálise cuantitativa de substancias orgánicas que lle valeron a concesión do Premio Nobel de Química do ano 1923 e que serviron para mellorar a técnica do tren de combustión para a análise elemental.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1923 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Fritz Pregl NNDB (en inglés)
Predecesor: Francis William Aston |
Premio Nobel de Química 1923 |
Sucesor: Richard Adolf Zsigmondy |