Grupo Losán
Losán | |
---|---|
Aserpal, Losán (Vilasantar) | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1964 |
Localización | Rúa Casares Quiroga, 9 15009 A Coruña Galicia |
Fundador | Manuel, Luis e Emilio López Sánchez |
Industria | Madeira Forestal |
Produtos | Chapa de madeira Taboleiro |
Beneficio | 30 437 876 € (en 2016) |
Número de empregados | 1700 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Grupo Losán é un grupo de empresas galegas do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiro de madeira creada en Curtis. O nome da empresa é un acrónimo dos apelidos da familia dos fundadores da empresa: López Sánchez.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada polos irmás Manuel, Luis e Emilio López Sánchez en 1967 na localidade galega de Curtis como unha carpintería, os primeiros anos son de lento crecemento. En 1990 trasladaron a sede de Curtis á cidade da Coruña.
O grupo de empresas tivo un crecemento continuo dende a súa creación ata finais da primeira década do século XXI, chegando a ter 18 empresas distintas en 10 países, cun total de 1700 empregados. No ano 2009 a crise económica internacional afectoulle significativamente, tendo que pechar varias das empresas e entrando en varios ERE (expedientes de regulación de emprego). Na actualidade, ten fábricas en España (Curtis, Vilasantar, Cidade Real, Soria e Cuenca), Países Baixos, Chile, Estados Unidos e Romanía.
Chapa de madeira
[editar | editar a fonte]Se ben o Grupo Losán se fixo forte no sector da madeira coa produción de taboleiro aglomerado (Taboleiro de madeira), a medida que ía medrando, ía centrando os seus investimentos no sector da chapa de madeira, chegando a ser o maior produtor de España cunha capacidade de produción duns 60 millóns de m² ó ano nas súas 5 fábricas de chapa de madeira: Romanía, Curtis, Brasil (pechada na actualidade), Chile e os Estados Unidos.
Outros derivados da chapa de madeira
[editar | editar a fonte]O Grupo Losán ten o seu departamento de I+D entre os concellos coruñeses de Curtis e Vilasantar onde levan anos na investigación de novos produtos, especialmente os relacionados con derivados da chapa de madeira. Os 2 produtos nos que se están centrando son a chapa tintada e a chapa precomposta, ambos produtos con produción case en exclusiva ata o momento en Italia e a China.
Produtos
[editar | editar a fonte]- Taboleiro aglomerado
- Hidrófugo
- Baixa densidade
- Taboleiro de melamina
- Rechapado
- Paneis decorativos
- Taboleiro recuberto de chapa de madeira
- Chapa de madeira
- Taboleiro de listóns
Internacionalización
[editar | editar a fonte]O Grupo galego Losán ten fábricas propias en Galicia, España
- Romanía, en 2001 e 2005
- Chile, en 2004
- Estados Unidos, en 2008
- Holanda, en 2004
Exporta a máis de 40 países.
Entre os países ós que exporta atópanse: Italia, México, Turquía, Portugal, Grecia, Francia, Benelux, Alemaña.
Certificacións
[editar | editar a fonte]- ISO 9001 (Romanía)
- ISO 14001
- OHSAS 18001 (Romanía)
- Certificado PEFC
- Cerficación FSC
- Política de Compromiso coa Cadea de Custodia FSC e PEFC
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1999 a Xunta de Galicia concedeulle á empresa a medalla de Galicia de prata.