(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Guido III de Spoleto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Guido III de Spoleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuido III de Spoleto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento855 Editar o valor en Wikidata
Spoleto, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 894 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Taro, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaParma Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
16 de febreiro de 889 – novembro de 894
← Carlos III o GordoLamberto II de Spoleto → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de occidente (891–894)
Rei de Italia (889–894) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Guidoni Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAgeltrude Editar o valor en Wikidata
FillosLamberto II de Spoleto Editar o valor en Wikidata
PaiGuido I de Spoleto Editar o valor en Wikidata
IrmánsLamberto I de Spoleto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Spoleto-31

Guido III foi fillo de Guido I de Spoleto e irmán de Lamberto I de Spoleto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 876 recibiu o margraviato de Camerino de Carlos o Calvo. O 882 herdou o ducado de Spoleto á morte do seu sobriño Guido II de Spoleto que só deixaba fillos nenos. Casou con Axeltruda, filla de Adelchis, duque de Benevento, e tiveron un fillo que foi Lamberto II de Spoleto.

Xusto o 882 na dieta de Rávena, Guido fora despoxado dos feudos por Carlos III o Gordo, pero finalmente o 883 seríanlle confirmados e así puido reunir Camerino e Spoleto. O 885 combateu cos sarracenos na batalla do río Garigliano.

Deposto Carlos III o Groso en 887, planeou ser nomeado rei e emperador coa axuda do seu parente o arcebispo Folk de Reims e viaxou a Langres, onde o arcebispo coroou rei de Francia o 888 pero, no mesmo ano, coroouse Odón, e entón abandonou o proxecto, e aspirou á coroa de Italia e a coroa imperial. Berengario de Friúl tamén aspiraba á coroa de ferro italiana, pero Guido logrou ser coroado o 889 polo Papa Estevo VI como rei de Italia, e en maio do 891 foi coroado tamén emperador, e o seu fillo Lamberto II foi coroado rei de Italia. O 30 de abril do 892, en Rávena, o Papa Formoso foi obrigado a coroar a Lamberto II como coemperador.

Pero o Papa ao que puido, apoiou a Arnulfo de Carintia: o 893 Arnulfo foi chamado a Pavia polo Papa para derrubar a Guido a cambio de ser coroado. Arnulfo enviou ao seu fillo Zwentibold cun exército que se uniu ao de Berengario de Friúl, e foron xuntos para Pavia onde estaba Guido, e a cercaron.

Seguramente Guido logrou a súa retirada mediante un suborno. O 894 con todo, Berengario e o seu aliado derrotaron a Guido en Bérgamo e ocuparon Pavia e Milán. Berengario foi recoñecido como rei de Italia e Arnulfo como emperador. Zwentibold volveu a Carintia. Guido que se retirara para a liña do Taro, morreu subitamente o 12 de decembro do 894 mentres preparaba as defensas. Herdouno o seu fillo Lamberto II de Spoleto baixo rexencia da viúva Axeltruda de Benevento.