Illas Kuriles
As Illas Kuriles[1] (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.
As illas tamén son coñecidas en xaponés como
Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).
As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.
Illas
[editar | editar a fonte]Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e penedos menores.
Nome ruso | Nome xaponés | Superficie en km² |
Altura máx en m. |
Latitude N | Lonxitude E |
---|---|---|---|---|---|
Grupo setentrional | |||||
Shumshu | Shumushu | 388 | 189 | 50°45' | 156°20' |
Atlasov | Oyakoba | 150 | 2339 | 50°50' | 155°30' |
Paramushir | Horomushiru | 2053 | 1816 | 50°30' | 155°40' |
Antsiferov | Shirinki | 7 | 747 | 50°12' | 154°58' |
Makanrushi | Makanrushi | 49 | 1171 | 49°45' | 154°25' |
Onekotan | Onekotan | 425 | 1324 | 49°25' | 154°45' |
Jarimkotan | Harimukotan | 68 | 1157 | 49°05' | 154°30' |
Ekarma | Ekaruma | 30 | 1170 | 48°55' | 153°55' |
Chirinkotan | Chirinkotan | 6 | 742 | 48°58' | 153°30' |
Shiashkotan | Shasukotan | 122 | 934 | 48°50' | 154°05' |
Grupo central | |||||
Raikoke | Raikoke | 4,6 | 551 | 48°17' | 153°15' |
Matua | Matsuwa | 52 | 1446 | 48°05' | 153°10' |
Rasshua | Rasushua | 67 | 948 | 47°45' | 153°00' |
Ushishir | Ushishiru | 5 | 401 | 47°30' | 152°50' |
Ketoy | Ketoi | 73 | 1172 | 47°20' | 152°30' |
Simushir | Shimushiru | 353 | 1539 | 47°00' | 151°55' |
Grupo meridional | |||||
Broutona | Buroton | 7 | 800 | 46°43' | 150°45' |
Chirpoy | Cherupoi | 21 | 691 | 46°30' | 150°55' |
Brat Chirpoyev | Buratto Cherupoefu | 16 | 749 | 46°28' | 150°50' |
Urup | Uruppu | 1450 | 1426 | 45°50' | 149°55' |
Iturup | Etorofu | 3200 | 1634 | 44°50' | 147°50' |
Kunashir | Kunashiri | 1490 | 1822 | 44°05' | 146°00' |
Shikotan | Shikotan | 250 | 413 | 43°50' | 146°45' |
Illas Jabomai | Habomai | 97 | 45 | 43°30' | 146°05' |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV.AA. (2007) Diciopedia do século XXI, p. 1177