(Translated by https://www.hiragana.jp/)
KH-3 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

KH-3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dos satélites KH-3.

KH-3 (Keyhole-3) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.[1][2]

Os KH-3 foron a terceira versión dos satélites Corona dos Estados Unidos para poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-3 consistía nunha cámara Corona panorámica mellorada e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara tiña unha apertura de f/3.5 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 7,5 m.[1][2]

Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.[1][2]

Lanzáronse seis KH-3 entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B. O último, que ademais estaba modificado cunha estrutura na parte frontal como prototipo dos KH-4, non chegou a órbita.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-3 1 30 de agosto de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-3 2 12 de setembro de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-3 3 17 de setembro de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-3 4 13 de outubro de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-3 5 12 de decembro de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-3 6 13 de xaneiro de 1962 Thor Agena B Fallo
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "KH-3" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-3 Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]