(Translated by https://www.hiragana.jp/)
KH-8 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

KH-8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun KH-8.

KH-8 (Keyhole-8) ou Gambit-3 foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos, e que contou con catro variedades ou bloques máis un satélite especialmente modificado.[1][2][3][4][5][6]

KH-8 Bloque 1

[editar | editar a fonte]

Os KH-8 foron a segunda xeración de satélites de recoñecemento de alta resolución, co Bloque 1 sendo a primeira iteración desta serie.[2]

A diferenza dos KH-7, os KH-8 volveron a usar a etapa Agena D como sistema de control de voo. Os sistemas ópticos e de retorno de película estaban situados nun compartimento na parte anterior da etapa. A cámara tiña unha distancia focal de 4,46 m e usaba un sistema de espellos para chegar a unha resolución de 0,1 m, cerca do límite teórico de resolución imposto pola turbulencia atmosférica. Ademais da cámara principal, os KH-7 levaban un conxunto de tres cámaras denominado APTC (Astro-Position Terrain Camera) para contextualizar as imaxes de alta resolución.[2]

Lanzáronse un total de 22 KH-8 Bloque 1 entre 1966 e 1969 usando foguetes Titan 3B, con tres fallos durante o lanzamento.[2]

KH-8 Bloque 2

[editar | editar a fonte]

O Bloque 2 introduciu un segundo vehículo de reentrada para poder enviar a terra película fotográfica adicional, incrementando a información que proporcionaba cada satélite. Tiñan a mesma estrutura xeral que o Bloque 1 e a cámara as mesmas prestacións, con 0,1 m de resolución. Os 14 KH-8 Bloque 2 foron lanzados entre 1969 e 1972 usando foguetes Titan 23B e Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.[3]

KH-8 Bloque 3

[editar | editar a fonte]

Co Bloque 3 mellorouse a interconexión móbil entre a etapa Agena D e o compartimento da cámara e as cápsulas de retorno, mellorando a axilidade da cámara para tomar fotos. Tamén se incrementou a cantidade de película dispoñible. Lanzáronse 11 KH-8 Bloque 3 entre 1972 e 1976 usando foguetes Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.[4]

KH-8 Bloque 4

[editar | editar a fonte]

O Bloque 4 engadiu varias melloras, como un motor mellorado para a película, un escudo térmico de material mellorado para as cápsulas de retorno de película, un novo sistema de enfocado, melloras en redundancia e fiabilidade e telemetría mellorada, entre outros. Un novo sistema de exposición permitía usar dous tipos de película á vez, mellorando a eficiencia do sistema. Lanzáronse seis KH-8 Bloque 4 entre 1977 e 1984 usando foguetes Titan 24B.[5]

KH-8 Dual Mode ou Highboy

[editar | editar a fonte]

O KH-8 Dual Mode foi un KH-8 especialmente modificado para obter imaxes tanto en alta como en baixa resolución. Unha das dúas cápsulas de retorno de película non puido ser recuperada e a outro regresou, pero coa película degradada.[6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
KH-8 1 29 de xullo de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 2 28 de setembro de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 3 14 de decembro de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 4 24 de febreiro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 5 26 de abril de 1967 Titan-3B Agena-D Fallo. Bloque 1.
KH-8 6 20 de xuño de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 7 16 de agosto de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 8 19 de setembro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 9 25 de outubro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 10 5 de decembro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 11 18 de xaneiro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 12 13 de marzo de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 13 17 de abril de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 14 5 de xuño de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 15 6 de agosto de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 16 10 de setembro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 17 6 de novembro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 18 4 de decembro de 1968 Titan-3B Agena-D Fallo parcial. Bloque 1.
KH-8 19 22 de xaneiro de 1969 Titan-3B Agena-D Fallo parcial. Bloque 1.
KH-8 20 4 de marzo de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 21 15 de abril de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 22 3 de xuño de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.
KH-8 23 23 de agosto de 1969 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 24 24 de outubro de 1969 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 25 14 de xaneiro de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 26 15 de abril de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 27 25 de xuño de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 28 18 de agosto de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 29 23 de outubro de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 30 21 de xaneiro de 1971 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 31 22 de abril de 1971 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 32 12 de agosto de 1971 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 33 23 de outubro de 1971 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 34 17 de marzo de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 35 20 de maio de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Fallo. Bloque 2.
KH-8 36 1 de setembro de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.
KH-8 37 21 de decembro de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 38 16 de maio de 1973 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 39 26 de xuño de 1973 Titan-3(24)B Agena-D Fallo. Bloque 3.
KH-8 40 27 de setembro de 1973 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 41 13 de febreiro de 1974 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 42 6 de xuño de 1974 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 43 14 de agosto de 1974 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 44 18 de abril de 1975 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 45 9 de outubro de 1975 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 46 22 de marzo de 1976 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 47 15 de setembro de 1976 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 3.
KH-8 48 13 de marzo de 1977 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
KH-8 49 23 de setembro de 1977 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
KH-8 50 28 de maio de 1979 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
KH-8 51 28 de febreiro de 1981 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
KH-8 52 21 de xaneiro de 1982 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Dual Mode.
KH-8 53 15 de abril de 1983 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
KH-8 54 17 de abril de 1984 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 4.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-8" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 3)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Block 4)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-8 Gambit-3 (Dual mode, Higherboy)" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]