Kanchenjunga
(hi) कंचनजंघा | ||||
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Seven Third Summits (en) | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Khangechandzonga (pt) e Kanchenjunga Conservation Area (en) | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Taplejung, Nepal (pt) e Sikkim, India | |||
| ||||
Cordilleira | Himalaia | |||
Características | ||||
Altitude | 8.586 m | |||
Prominencia topográfica | 3.922 m | |||
Illamento topográfico | 124 km | |||
Material usado | Calcaria | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
25 de maio de 1955 | primeira ascensión, ⇒ George Band (pt) , Joe Brown (mul) | |||
O Kanchenjunga é a terceira montaña máis elevada da Terra con 8.586 msnm. Está situado na fronteira entre Nepal e o estado indio de Sikkim. Durante a primeira metade do século XIX, foi considerado como a cima máis elevada da Terra, pero en 1849, os servizos topográficos británicos comprobaron que o Everest e o K2 tiñan maior altura. O Kanchenjunga é o máis oriental dos "oitomil" do Himalaia.
Área circunstante
[editar | editar a fonte]A zona que contorna o Kangchenjunga é unha área que presenta tres diferentes ecorrexións: os bosques de frondosas do Himalaia oriental e os bosques de coníferas, os prados alpinos do Himalaia oriental e as sabanas e praderías de Terai-Duar[1] e que está baixo a soberanía de varios países, Bután, a China, a India e Nepal abranguendo 14 áreas protexidas cunha superficie total de 6032 km2 [2]
- Área de Conservación de Kanchenjunga no Nepal;
- Reserva da Biosfera de Kanchenjunga, Santurario de Rododendros de Barsey, Santuario de Vida Salvaxe de Fambong Lho, Santuario Alpino de Kyongnosla, Santuario de Vida Salvaxe de Maenam, Santuario de Rododendros de Shingba, Santuario de Vida Salvaxe de Pangolakha e Santuario de Vida Salvaxe de Jore Pokhri, todos localizados en Sikkim;
- Parque Nacional de Singalila, Santuario de Vida Salvaxe de Senchal, Santuario de Vida Salvaxe de Mahananda, Parque Nacional de Neora Valley localizados en Darjeeling;
- Reserva Natural de Torsa Strict en Bután.
Nesas áreas protexidas danse especies de plantas como os rododendros e orquídeas e habitan moitas especies en perigo como a Pantera uncia, Ursus thibetanus, Ailurus fulgens, Moschus leucogaster, Ithaginis cruentus e a Arborophila mandellii.[2]
Ascensións
[editar | editar a fonte]O Kanchenjunga foi escalado por vez primeira o 25 de maio de 1955, por George Band e Joe Brown, nun equipo dirixido por Charles Evans. Os primeiros intentos datan de 1902, e na expedición morreran catro membros do equipo por causa dunha avalancha.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wikramanayake, E. D. (ed.) (2001). World Wildlife Fund and International Centre for Integrated Mountain Development, ed. Ecoregion-based Conservation in the Eastern Himalaya: Identifying Important Areas for Biodiversity Conservation. Kathmandu. ISBN 9993394009.
- ↑ 2,0 2,1 Chettri, N., Bajracharya, B., Thapa, R. (2008). Feasibility Assessment for Developing Conservation Corridors in the Kangchenjunga Landscape. Páxinas 21–30 in: Chettri, N., Shakya, B., Sharma, E. (eds.) Biodiversity Conservation in the Kangchenjunga Landscape Arquivado 27 de maio de 2013 en Wayback Machine.. International Centre for Integrated Mountain Development, Kathmandu.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kanchenjunga |
A Galipedia ten un portal sobre: India |